29 de nov. de 2007

O referendo en Venezuela


Este domingo é o referendo constitucional en Venezuela. Nos últimos meses escoitamos moitísimas parvadas sobre as propostas de reforma para esa votación. Por exemplo, esa de que Chávez se quería perpetuar no poder, algo que rebatía moi ben Pascual Serrano no comezo dun seu artigo que aquí traduzo:

Están os medios de comunicación e columnistas dun país europeo, que ten como xefe de Estado vitalicio e con carácter hereditario a un cidadán que ninguén elixiu, indignados e preocupados porque nun país de América os habitantes van votar en referendo se queren poden reelixir unha persoa como presidente as veces que consideraren. Algo en vigor nese país europeo e en todos os do seu entorno. Estou a falar dos medios españois e da reforma constitucional venezuelana.

Unha análise ponderada sobre a situación política de Venezuela debe recoñecer algúns importantísimos éxitos do goberno presidido por Chávez, como por exemplo:

- Redución da pobreza xeral, que era do 50% en 1998, diminuída ao 33,9% en 2006.

- Redución da pobreza extrema nun 50%: 21% en 1998, 10,6% en 2006.

- A UNESCO declarou Venezuela como "Territorio Libre de Analfabetismo". É o segundo país de América Latina con este recoñecemento, despois de Cuba.

Póñovos aquí a canción do Frente Revolucionario de Cantores Lloviznando Cantos, en favor do "si" á reforma constitucional, para que a dancedes ;) [Obrigado ao Raúl por darma a coñecer.]








28 de nov. de 2007

"Quen é capaz de pór unha bomba nun mercado e matar a centos de inocentes?"

E Maha Al-Hadeethi, profesora universitaria en Bagdad (si, en Bagdad, non no exilio: en Bagdad) responde: "Os norteamericanos." Perante a incredulidade do xornalista, acusa directa e claramente ao exército norteamericano.

Coñecín esta entrevista grazas ao blog Cousas de Imeneo. Penso que todo o mundo debería ler, imprimir e difundir este texto, que aquí podes ler en formato jpg.

A entrevista en La Vanguardia e estoutra en El Periódico de Aragón, producíronse porque a esta muller lle deron hai poucas semanas en Cataluña o Premio Internacional Alfons Comín. Na recollida do premio, dixo algo que deberiamos ter presente: "Prégolles que usen a liberdade, a súa liberdade, para loitaren pola nosa liberdade".

Dar a coñecer esta situación é un xeito de loitar pola súa liberdade. Impedir que o PP que apoia a ocupación teña capacidade de regresar ao Goberno do Estado é outro xeito de loitar tamén pola súa liberdade.

26 de nov. de 2007

Vaia dilema

Dilema: Se tiveres que comerte, por onde comezarías? Que parte comerías a primeira?

Así se formula a cuestión El Niño Gusano na canción "Mr Camping":









E así o homenaxea La Casa Azul:









(Como fago referencia indirecta a La Casa Azul, considero que non estou incumprindo o dito nunha postaxe anterior de non volver falar do "grupo" até pasado o concerto. He, he.)

24 de nov. de 2007

Geni e o Zepelim

Unha das miñas cancións favoritas, da autoría do grande Chico Buarque:










Poño aquí a letra; porén, se aínda non a ouvistes nunca, recoméndovos que lle deades ao play e ouzades a canción cos ollos fechados.

Geni e o Zepelim

De tudo que é nego torto,
do mangue e do cais do porto,
ela já foi namorada.
O seu corpo é dos errantes
dos cegos, dos retirantes.
É de quem não tem mais nada.
Dá-se assim desde menina,
na garagem, na cantina,
atrás do tanque, no mato.
É a rainha dos detentos,
das loucas, dos lazarentos,
dos moleques do internato
E também vai amiúde
c'os velhinhos sem saúde
e as viúvas sem porvir.
Ela é um poço de bondade
e é por isso que a cidade
vive sempre a repetir:
- Joga pedra na Geni!
- Joga pedra na Geni!
- Ela é feita pra apanhar!
- Ela é boa de cuspir!
- Ela dá pra qualquer um!
- Maldita Geni!

Um dia surgiu, brilhante,
entre as nuvens, flutuante,
mm enorme zepelim.
Pairou sobre os edifícios,
abriu dois mil orifícios
com dois mil canhões, assim.
A cidade apavorada
se quedou paralisada
pronta pra virar geléia.
Mas do zepelim gigante
desceu o seu comandante
dizendo - Mudei de idéia.
- Quando vi nesta cidade
Tanto horror e iniqüidade
resolvi tudo explodir.
Mas posso evitar o drama
se aquela formosa dama
esta noite me servir

- Essa dama era Geni!
- Mas não pode ser Geni!
- Ela é feita pra apanhar!
- Ela é boa de cuspir!
- Ela dá pra qualquer um!
- Maldita Geni!

Mas de fato, logo ela
tão coitada e tão singela
cativara o forasteiro.
O guerreiro tão vistoso
tão temido e poderoso
era dela, prisioneiro.
Acontece que a donzela
(e isso era segredo dela)
também tinha seus caprichos.
E a deitar com homem tão nobre,
tão cheirando a brilho e a cobre
preferia amar com os bichos.
Ao ouvir tal heresia
a cidade em romaria
foi beijar a sua mão
O prefeito de joelhos,
o bispo de olhos vermelhos
e o banqueiro com um milhão.
- Vai com ele, vai, Geni!
- Vai com ele, vai, Geni!
- Você pode nos salvar!
- Você vai nos redimir!
- Você dá pra qualquer um!
- Bendita Geni!

Foram tantos os pedidos,
tão sinceros, tão sentidos,
que ela dominou seu asco.
Nessa noite lancinante
entregou-se a tal amante
como quem dá-se ao carrasco.
Ele fez tanta sujeira,
lambuzou-se a noite inteira
até ficar saciado.
E nem bem amanhecia
partiu numa nuvem fria
com seu zepelim prateado.
Num suspiro aliviado,
ela se virou de lado
e tentou até sorrir.
Mas logo raiou o dia
e a cidade em cantoria
não deixou ela dormir.
- Joga pedra na Geni!
- Joga pedra na Geni!
- Ela é feita pra apanhar!
- Ela é boa de cuspir!
- Ela dá pra qualquer um!
- Maldita Geni!

21 de nov. de 2007

O delito de queimar fotocopias

Eu non estou de acordo coa táctica de andar queimando imaxes de ninguén. É puro testemuñalismo agresivo, crispante e sen resultados positivos de ningún tipo. Porén, tampouco estou de acordo con que queimar fotocopias de retratos, como é o caso, se poida considerar un delito.

Lin hoxe un artigo de Xosé Manuel Pereiro que inclúe esta interesante reflexión sobre o asunto:

A moita xente desgustaríalle que prendesen lume ás súas imaxes, e a outros tanto lles tería mentres a cousa non pase do papel, pero alguén que sae retratado desde as moedas ós selos e que preside todo canto despacho oficial ou semipúblico hai, entra dentro da categoría de símbolo, e polo tanto, para iso está, para ser respectado ou rexeitado, segundo cada quen. Pretender que unha imaxe teña os mesmos atributos que unha persoa é unha idea que desapareceu coa implantación da luz eléctrica. E ademais, unha norma de dificil aplicación: é atentatorio destruír un sobre cun selo?, queimar un papel no que estea escrito “Monarquía”, ou o nome do monarca é delito, ou é necesario que haxa imaxe? E se non se lle parece? Os argumentos que invocou o xuíz que pediu 15 meses para os queimantes - “siempre será posible verter las opiniones más hirientes sin afectar el aspecto del honor que coincide íntegramente con el núcleo intangible de la dignidad de la persona”- non aclaran demasiado a cuestión.

(Corrixín unicamente a colocación do pronome átono na primeira frase e un "delicto".)

20 de nov. de 2007

Un anuncio coreano e unha canción divertida

Sempre crin que o éxito de La Casa Azul en Xapón e Corea do Sul era algo así como a voz de Óscar nos concertos ao vivo do grupo. Mais parece que estaba errado. Ou cando menos un pouco errado. Neste anuncio coreano pódese ouvir de fundo a canción "Galletas" (esa que, noutro momento, no retrouso, di con voz alegre a máis non poder: "No sé si sabes que ya no te quiero, que ni siquiera te echo de menos"):



Como até o concerto do 15 de decembro en Barcelona (XA TEMOS AS ENTRADAS! VIVA!) agardo non dar máis a tabarra co efervescente son de La Casa Azul, déixovos, como descanso do tema, co son dunha das cancións do seu segundo disco:








15 de nov. de 2007

Chegou a revolución sexual!

Non quero ser repetitivo, mais se hoxe regreso ao tema do novo disco de La Casa Azul é porque por fin algunha alma caritativa pendurou cunha mínima calidade o novo vídeo en youtube, despois de que xa aparecese no myspace do, digamos, grupo.

A estética mudou un pouco: xa non é a explosión de cores pasteis dos tres primeiros vídeos (pertencentes ao segundo disco). Agora é retro e futurista con cores máis apagadas. Vaia, tal e como retrataban o futuro os filmes de ciencia-ficción dos anos 50, 60 ou, sobre todo, 70.

A canción, igual que o vídeo, danse facilmente a unha interpretación sobre a evolución do, digamos, grupo. Guille Milkiway, que no único vídeo de La Casa Azul en que aparecera con anterioridade fora en "Como un fan", só un segundo e co rosto oculto; Guille Milkiway, que nos concertos non deixaba ver nin os ollos coas súas gorras; pois Guille Milkiway, digo, agora aparece como protagonista. Primeiro, como alguén que dirixe todo desde a sala de máquinas co rostro tapado, mais que canta directamente; ao pouco, xa co rosto ao descoberto, danzando e engatando. De calquera xeito, os seus beizos só se moven cando ten o capacete posto.

Todas as persoas que aparecen no vídeo, a excepción do propio Milkiway, preséntanse como realidades virtuais, incluída a figura da "amada". Os cinco compoñentes de La Casa Azul fican reducidos á condición de androides que conectan esta realidade imaxinada e a realidade do Milkiway. Eles teñen que funcionar para que todo exista, para que na sala de máquinas non salten as alarmas.

O momento culminante do vídeo está no minuto 3, segundo 55, cando digamos David, digamos Sergio, digamos Óscar, digamos Clara e digamos Virginia chocan. Da súa fusión xorde o demiúrgo: Guille Milkiway. Ese que preferiu maquiar a súa identidade, mais que hoxe nos ofrece un dos seus golpes máis fantásticos: a Revolución Sexual.



Xa sei que haberá quen diga que non debería "darlle tanto á cabeciña" para falar dun simple vídeo musical. Teño que responder que para algo fago un blogue!

14 de nov. de 2007

Sálvame!

Mañá teño unha pequena intervención cirúrxica. O que se di cirurxía ambulatoria; isto é, nada. Mais como son un morrenacorre en todo o relativo á saúde, vou exaxerar e pórvos este vídeo de Bibi Anderse e as Nancys Rubias, aínda que talvez vos debería pór o orixinal, que para min ten unha posta en escena máis engrazada:

13 de nov. de 2007

Cuba, homosexualidade e tópicos

Son só cinco minutiños, mais axuda a revisar algúns dos tópicos sobre a homosexualidade na revolución cubana:

cubainformacion.tv


De fondo ao comezo e ao final escóitase a canción "El pecado original" de Pablo Milanés. Hai un par delas de Silvio Rodríguez tamén sobre o tema; da que eu máis gosto é "Acerca de los padres".

12 de nov. de 2007

Mercedes Peón

Había algún tempo, coido que desde o Orgullo de hai un par de anos, que non vía unha actuación de Mercedes Peón. Mais puiden volver gozar do seu directo na estrea do novo documentario de Margarita Ledo.

Aínda que vai ter difícil pórme a carne de galiña como naquel concerto do espectáculo Son Delas no Auditorio de Galiza, penso que en 2002. Silencio na sala. Escuridade. Óuvese un aturuxo potente e desgarrador. Un canón de luz ilumina a entrada do recinto. Por aí entra, camiño do escenario, unha voz coa cabeza totalmente pelada e un traxe branco que lle deixa os ombros ao descoberto. Que fermosura!

O caso é que está de concerto en Santiago este fin de semana e, se os astros o permitiren e collo a entrada dunha vez en lugar de pórme a escribir no blogue, aló estarei.

10 de nov. de 2007

Medidas de democracia

Coa polémica na Cimeira Iberoamericana pola saída de ton do Rei de España, sublíñase o tópico de que Aznar debe ser respeitado porque foi eleito democraticamente. Tamén foi eleito democraticamente Pedro Carmona? O respeito significa obviar os posicionamentos políticos pasados e presentes de Aznar?

Hugo Chávez debe ter a liberdade de defender o seu modelo socioeconómico, mais alén diso ten a obriga de facer respeitar a soberanía e a democracia en Venezuela. E xusto iso é o que fai coas súas intervencións, que por informais que se quixeren considerar nesta discusión da Cimeira sono moito máis que as do Xefe de Estado español tanto con el como, sobre todo, co presidente de Nicaragua, ao que lle fai un desplante sen precedentes, afastado do que deben ser a condutas en diplomacia, sen unha mínima reflexión e, polo que se pode ver no vídeo, sen consultar co presidente do Goberno. Como se pode ver no vídeo, Daniel Ortega queixábase nese momento das inxerencias do embaixador de España nos procesos eleitorais dese país centroamericano.

Mais regresemos ao tema do comezo, o de Venezuela, aínda que como se pode ver non é o causante da saída do Rei de España da Cimeira. A realidade é que o Estado español, por decisión do Goberno presidido por José María Aznar, apoiou en 2002 un golpe contra o Goberno democrático, eleito con todas as garantías de limpeza e por unha abrumadura maioría, do presidente Hugo Chávez. España e Estados Unidos foron os primeiros en recoñecer como lexítimo (!) ese "goberno" golpista que mantiña preso ao presidente designado polas urnas.

Lura!

Tal e como supuña, repito e repito as cancións do novo disco de La Casa Azul... Un xeito como outro de desconectar do estrés.

Mais tiña pendente comentar que a semana pasada, aínda que non puiden asistir á estrea da obra Boas noites (quero ir a algunha das sesións canto antes!), si puiden ir á posta de grande de Fanny & Alexander (que para a miña mágoa non cantaron a miña canción favorita, "Funcionaria ou estudante") e do disco "Tres" de The Homens. A participación de Projecto Mourente estivo xenial. Paulo e eu demos chimpos a máis non poder.

Agora ben, eu teño algo para dicer: Un que vai pola vida tendo que padecer os comentarios dos camareiros cando pide un "bocata de luras" e The Homens súmaseme ao inimigo? Que son "luras", non "calamares"!!!!! :D

Por certo, no número de Longalingua que chegará axiña ás casas dos socios e socias da
Mesa (ou quen non sexa socio e estea subscrito ou queira comprar o número 9 nunha libraría) inclúese un interesante artigo sobre a situación actual da música en galego, cunha foto a páxina completa de The Homens. Xa veredes, case parece un póster da Superpop!

8 de nov. de 2007

O que vou ouvir durante moitos días

Estou a gozar ouvindo o disco da Revolución Sexual de que falaba na anterior postaxe. La Casa Azul introduciu novas temáticas nas súas cancións, aínda que mantén a liña de presentar problemas emocionais a través de músicas digamos popflower, se tal termo existir.

Hai un par de cancións que me apaixonan: "Triple salto mortal" e "No más myolastán". Como non sei como subirvos ningunha das dúas, vouvos pór as letras de ambas ("Triple salto mortal" podédela ouvir aquí). Tede presente que a primeira gaña aínda moito máis cos arranxos e uns coros lindísimos en xaponés. Que vos presten!

"Triple salto mortal"

Se acabaron las elecciones a ser lo más.

Se acabó parecer más fuerte para luego tropezar.
Se han acabado los debates, se acabó molar.
Se acabó hacer teatrillos para destacar.


Se acabaron los días oscuros sin novedad.
Se ha acabado no tener hueco para mi felicidad.
Se han acabado las excusas, se acabó llorar.
Se acabó parar el tiempo a lo Peter Pan.

Porque cada vez que hablabas,
cada vez que me ignorabas,

cada vez que te reías,

cada vez que te gustabas,
yo ensayaba algún intrépido final,
mi triple salto mortal.

Se acabaron las medias tintas al hablar.
Se acabó buscar refugio para mi inseguridad.
Se han acabado mis delirios de inmortalidad.
Se acabó ser el primero en escapar.

Se acabaron los líos, las prisas, la mediocridad.
Se acabó el soñar en todo para nunca despertar.
Se han acabado las frases hechas, se acabó Chayanne.
Ya estoy harto de esperar, no quiero más.

Porque cada vez que hablabas,

cada vez que me ignorabas,

cada vez que te reías,
cada vez que te gustabas,
yo ensayaba algún intrépido final,
mi triple salto mortal.
(Bis)


"No más myolastán"

No más Myolastán,
no más Doxilamina, no más.


Me cortaron las alas,

con esmero y meticulosidad

y me vistieron con un frac

a analizar, con tesón,

las desgracias de los demás

y a crear la solución

y vendérsela aprisa.
Y a mí, ¿quién me analiza?


No más Myolastán,

no más Doxilamina, no más.

Hoy empieza mi nueva vida.

Voy a cambiar el final,
a volver a volar.

(It’s your turn!)


No más Myolastán,
no más Doxilamina, no más.

Hoy empieza mi nueva vida.

Voy a cambiar el final,
a volver a volar.

(Ya no hay nada que me lo impida.)


Recibí condolencias,

expresiones de lástima y pesar.

Y aún no lo entiendo, la verdad.

Si al final, un error
nos trae la felicidad
y un desliz la ocasión
para hacer
que en la vida
haya más de una salida.

No más Myolastán,

no más Doxilamina, no más.

Hoy empieza mi nueva vida.

Voy a cambiar el final,
a volver a volar.

(It’s your turn!)


No más Myolastán,

no más Doxilamina, no más.
Hoy empieza mi nueva vida.

Voy a cambiar el final,
a volver a volar.

(Ya no hay nada que me lo impida.)


Pueden pensar que, si no me arrepiento,

al instante, un gran muro de cemento

cerrará mi camino a las puertas del paraíso.


No más Myolastán,

no más Doxilamina, no más.
Hoy empieza mi nueva vida.
Voy a cambiar el final,
a volver a volar.

(Ya no hay nada que me lo impida.)

No más Myolastán,

no más Doxilamina, no más.

Hoy empieza mi nueva vida.

7 de nov. de 2007

La Casa Azul

Que queredes que vos diga? Hai xa algúns anos que son superfán de La Casa Azul, ese grupo colorido e superlambido de tres rapaciños e dúas rapariguiñas que se coñeceron surfeando, como ben indicaron nun programa esteticamente tan seu como a Zona Disney. Globos, música alegre e letras de saudade, despeito e desamor.

Hoxe ao voltar do traballo púxenme a escoitar de novo cancións de La Casa Azul. Pola mañá lin nalgún periódico que Cuatro estreara unha nova serie, Gominolas, con música de Guille Milkiway, o creador do grupo. Milkiway é máis coñecido pola súa canción "Amo a Laura", a cal por certo as Mocidades da Mesa parodiaron hai xustamente un ano con outra versión ben engrazada.

Navegando, navegando, descubrín que o meu adorado grupo, aínda tan pouco coñecido, acaba de sacar novo disco: La Revolución Sexual. Onte mesmo presentaba en Barcelona o primeiro videoclip. Todas as cancións podedes escoitalas no seu myspace.

En La Casa Azul hai que crer como se cre nos Reis Magos. E xa non vos digo nada máis. Gozade do vídeo polo cal os coñecín, grazas ao Paulo:



Coido que a señorita Moneypenny tamén gosta do grupo, aínda que leve tanto tempo calada :D

2 de nov. de 2007

Teatro e concerto

Se a saúde mo permitir, mañá irei á estrea da nova obra de Paula Carballeira e, despois, ao concerto de presentación en sociedade dos novos traballos de Fanny & Alexander e The Homens.

Eis o videoclip de "Danzarei para ti... Se botas outra moeda", de Fanny & Alexander, con letra da poeta Elvira Riveiro. Pilar Pallarés, María Lado, María do Cebreiro, Lois Pereiro, Daniel Salgado e Ricardo Carvalho Calero son outros poetas presentes no disco a través dos seus textos.

1 de nov. de 2007

Samaín

Os emigrantes irlandeses levaron a celebración aos Estados Unidos, onde se reiventou e mercantilizou no mesmo sentido que outros festexos.

En Galiza é unha tradición milenaria, residualizada por non ser tamén castelá e non contar cos apoios para tamén se reiventar. Hoxe, o Samaín estase a recuperar nas escolas e, pola omnipotencia dos modelos vitais ianquis, tamén nas rúas, aínda que neste último caso sen se difundir o arraigo histórico das manifestacións dese día no noso país.

Eu este ano disfarceime a noite do 31 de Outubro por vez primeira. Sei que a mascarada é importada, porén véxoa como un bo ingrediente para a festa e, sobre todo, como unha expresión máis dunha celebración que é positivo recuperar.

A parte menos lúdica do día está na visita aos cemiterios, inzados de xente a limpar e embelecer as tumbas ou nichos dos seus seres queridos. A min impactábeme de neno ver o camposanto de Ribeira a rebulir con centos de homes e, sobre todo, mulleres e nenos. Había xente que levaba cadeiras para ficar alí un bo pedazo e, ao solpor, vías todo iluminado con milleiros de candeas. Agora está cristianizada, mais a unión nesta xornada entre o mundo dos vivos e o que imaxinamos e queremos dos mortos, é ben anterior á chegada dos evanxeos.