7 de nov. de 2007

La Casa Azul

Que queredes que vos diga? Hai xa algúns anos que son superfán de La Casa Azul, ese grupo colorido e superlambido de tres rapaciños e dúas rapariguiñas que se coñeceron surfeando, como ben indicaron nun programa esteticamente tan seu como a Zona Disney. Globos, música alegre e letras de saudade, despeito e desamor.

Hoxe ao voltar do traballo púxenme a escoitar de novo cancións de La Casa Azul. Pola mañá lin nalgún periódico que Cuatro estreara unha nova serie, Gominolas, con música de Guille Milkiway, o creador do grupo. Milkiway é máis coñecido pola súa canción "Amo a Laura", a cal por certo as Mocidades da Mesa parodiaron hai xustamente un ano con outra versión ben engrazada.

Navegando, navegando, descubrín que o meu adorado grupo, aínda tan pouco coñecido, acaba de sacar novo disco: La Revolución Sexual. Onte mesmo presentaba en Barcelona o primeiro videoclip. Todas as cancións podedes escoitalas no seu myspace.

En La Casa Azul hai que crer como se cre nos Reis Magos. E xa non vos digo nada máis. Gozade do vídeo polo cal os coñecín, grazas ao Paulo:



Coido que a señorita Moneypenny tamén gosta do grupo, aínda que leve tanto tempo calada :D

Nenhum comentário:

Postar um comentário