Coa polémica na Cimeira Iberoamericana pola saída de ton do Rei de España, sublíñase o tópico de que Aznar debe ser respeitado porque foi eleito democraticamente. Tamén foi eleito democraticamente Pedro Carmona? O respeito significa obviar os posicionamentos políticos pasados e presentes de Aznar?
Hugo Chávez debe ter a liberdade de defender o seu modelo socioeconómico, mais alén diso ten a obriga de facer respeitar a soberanía e a democracia en Venezuela. E xusto iso é o que fai coas súas intervencións, que por informais que se quixeren considerar nesta discusión da Cimeira sono moito máis que as do Xefe de Estado español tanto con el como, sobre todo, co presidente de Nicaragua, ao que lle fai un desplante sen precedentes, afastado do que deben ser a condutas en diplomacia, sen unha mínima reflexión e, polo que se pode ver no vídeo, sen consultar co presidente do Goberno. Como se pode ver no vídeo, Daniel Ortega queixábase nese momento das inxerencias do embaixador de España nos procesos eleitorais dese país centroamericano.
Mais regresemos ao tema do comezo, o de Venezuela, aínda que como se pode ver non é o causante da saída do Rei de España da Cimeira. A realidade é que o Estado español, por decisión do Goberno presidido por José María Aznar, apoiou en 2002 un golpe contra o Goberno democrático, eleito con todas as garantías de limpeza e por unha abrumadura maioría, do presidente Hugo Chávez. España e Estados Unidos foron os primeiros en recoñecer como lexítimo (!) ese "goberno" golpista que mantiña preso ao presidente designado polas urnas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário