Había algún tempo, coido que desde o Orgullo de hai un par de anos, que non vía unha actuación de Mercedes Peón. Mais puiden volver gozar do seu directo na estrea do novo documentario de Margarita Ledo.
Aínda que vai ter difícil pórme a carne de galiña como naquel concerto do espectáculo Son Delas no Auditorio de Galiza, penso que en 2002. Silencio na sala. Escuridade. Óuvese un aturuxo potente e desgarrador. Un canón de luz ilumina a entrada do recinto. Por aí entra, camiño do escenario, unha voz coa cabeza totalmente pelada e un traxe branco que lle deixa os ombros ao descoberto. Que fermosura!
O caso é que está de concerto en Santiago este fin de semana e, se os astros o permitiren e collo a entrada dunha vez en lugar de pórme a escribir no blogue, aló estarei.
Nenhum comentário:
Postar um comentário