1 de nov. de 2007

Samaín

Os emigrantes irlandeses levaron a celebración aos Estados Unidos, onde se reiventou e mercantilizou no mesmo sentido que outros festexos.

En Galiza é unha tradición milenaria, residualizada por non ser tamén castelá e non contar cos apoios para tamén se reiventar. Hoxe, o Samaín estase a recuperar nas escolas e, pola omnipotencia dos modelos vitais ianquis, tamén nas rúas, aínda que neste último caso sen se difundir o arraigo histórico das manifestacións dese día no noso país.

Eu este ano disfarceime a noite do 31 de Outubro por vez primeira. Sei que a mascarada é importada, porén véxoa como un bo ingrediente para a festa e, sobre todo, como unha expresión máis dunha celebración que é positivo recuperar.

A parte menos lúdica do día está na visita aos cemiterios, inzados de xente a limpar e embelecer as tumbas ou nichos dos seus seres queridos. A min impactábeme de neno ver o camposanto de Ribeira a rebulir con centos de homes e, sobre todo, mulleres e nenos. Había xente que levaba cadeiras para ficar alí un bo pedazo e, ao solpor, vías todo iluminado con milleiros de candeas. Agora está cristianizada, mais a unión nesta xornada entre o mundo dos vivos e o que imaxinamos e queremos dos mortos, é ben anterior á chegada dos evanxeos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário