Nunha
entrevista con Alfonso García, presidente da Asociación Galega de Editores, aparecen os seguintes datos sobre o mercado editorial en Galiza e en galego, tirados de diferentes estudos:
60% dos galegos non leu nin un só libro en 2007, nin en galego nin en castelán.
Máis do 33% dos libros vendidos en Galiza en 2007 foron libros de texto (tanto en galego como en castelán, segundo parece).
24% dos libros vendidos en galego en 2007 foi literatura infantil e xuvenil (tamén vinculada coa escola).
Estímase que en Galiza hai 144.000 persoas que len máis de 6 libros ao ano, entre eles algún en galego.Falando de libros e de libros no noso idioma, onte lin
a obra do ano,
Made in Galiza de Séchu Sende. Nunha próxima postaxe comentareino.
-
Ler é uma boa decisom, também em 2008. Que che dê muitas alegrias! :)
ResponderExcluirO que hai que facer para subir a media nacional!
ResponderExcluir