6 de jan. de 2008

Indiana Jones falará galego?

De pequecho, Indiana Jones encantábame; agora resúltame máis ben indiferente, aínda que supoño que irei ver o novo filme cando se estree o próximo 22 de maio.

Desde a Generalitat de Catalunya xa garantiron coa Paramount Pictures que Indiana Jones tamén falará catalán na pantalla grande. Alguén cre que desde esta distribuidora porían algún problema se desde a Xunta alguén se dirixise a eles para que o filme tamén se estrease en galego, coas mesmas condicións e apoios da versión catalá?

O que pasa é que aquí non se está a facer política lingüística merecente de tal nome e, por non facer, nin tan sequera se levanta o teléfono para aproveitar o camiño xa andado por Cataluña. Hai moitas empresas que asinaron convenios coa Generalitat para pasar a usar o catalán e que do Goberno galego nin tan sequera recibiron unha proposta...

2 comentários:

  1. Aí, aí! Bem dito, pero... ainda nom me explicou ninguém por quê o BNG deixou que o PSOE ficasse com Política Lingüística. O que o PSOE pode fazer ou, mais bem, pode deixar de fazer nesse departamento penso que nom surpreende a ninguém.

    ResponderExcluir
  2. Eu non vou falar no nome do BNG, mais cómpre recordar que nas negociacións de goberno houbo dous flecos que se deixaron para o final:
    - Audiovisual, principalmente a RTVG.
    - Política Lingüística.

    Nos dous houbo unha decisión "salomónica": audiovisual ía en parte a Cultura e en parte a Presidencia, os cargos da RTVG escollíanse tamén ao 50% e o nomeamento da persoa responsábel da política lingüística sería por consenso e cunha comisión paritaria de seguimento. O PSOE incumpriu rapidamente o pacto e motivou a primeira votación dividida no Consello da Xunta:
    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/09/15/4072453.shtml

    Lembremos, por certo, que a seguinte votación dividida no Consello da Xunta que trascendeu aos medios foi relacionada co audiovisual, onde o PSOE fixo un "trágala" coa adxudicación das televisións comarcais, incumprindo novamente os acordos e rompendo as formas de convivencia cos seus socios:
    http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51219

    A estas alturas do campionato, eu daríame por satisfeito se no que resta de lexislatura os pequenos adiantos en ensino se consolidan e se as consellarías do BNG adoptan unha postura máis decidida e cubren, dentro do seu ámbito de xestión, o que a SXPL non fai.

    De cara a un hipotético novo goberno da Xunta, coido que a maioría da militanza do BNG non toleraría facilmente esta inxenuidade negociadora. Aínda que todo dependerá de moitas cousas, entre as cales non é menor a distribución en votos e deputad@s de cada un dos socios de goberno.

    ResponderExcluir