21 de fev. de 2008

Fascismo sen carautas para as eleicións


Así comeza unha reportaxe publicada hoxe por GzNación:

Os partidos ANV e EHAK están cautelarmente ilegalizados. Esta decisión non lles importará aos partidos españois máis alá do nove de marzo, ou do once. Como o caso EKIN ou Egunkaria. Sen embargo, non hai perigo de pluralismo político en Euskadi e, de paso, en Galiza. Sabendo que haberá moito onde escoller dentro de dezasete días, os dirixentes dun partido nazi, ultradereitista e que avoga polo asasinato das persoas nacionalistas do Estado Español non afogarán cos nervios polo medo a que ese instrumento chamado Lei de Partidos actúe contra eles. Alianza Nacional preséntase por Lugo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário