Cando se deu o debate nos anos 1869-1871 sobre a instauración do matrimonio civil, Rosalía de Castro escribiu este poema, que tardou uns dez anos en ver publicado. Non vos dan gañas de enviarllo á Conferencia Episcopal, 139 anos despois, polas súas máis modernas hipocrisías?
Decides que o matrimonio
é santo e bueno, seraio,
mais non casou San Antonio,
por mais que o mesmo demonio
tentouno a facer o ensaio.
Celicios, cantos poder,
penitencias a Dios dar,
mais santo n'houbo a meu ver,
que dos casados quixer
c'a pesada cruz cargar.
Nin os santos padres todos,
de quen tes tantos escritos
e alabas de varios modos,
quixeron naqueses lodos
meter os seus pés benditos.
Do direito, do rivés,
matrimonio, un dogal es.
Eres tentazón do inferno,
mais casarei... pois no inverno
non ter quen lle a un quente os pés...!
Estes versos podedes velo aquí recitados por Francisco Rodríguez, o maior experto na vida e obra da nosa autora nacional.
É que a de Castro quando se punha ghuerrilheira... :D
ResponderExcluir