17 de fev. de 2008
Todesfuge
Lembro cando, hai anos, a excelente profesora Yara Frateschi ficara escandalizada porque os seus dous alumnos ese día non coñeciamos a obra de Paul Celan. Fun á biblioteca, botei un olliño a algún dos seus poemas e mirei de situalo, pois parecía que era grave esa ignorancia.
Nestas últimas semanas, chegou de novo Celan á miña vida, a través do Fran e o seu entusiasmo que imanta. Argumentoume que non se debe pronunciar á francesa, contoume os detalles da súa vida, recitoumo, explicoumo e mostroume vídeos como este, nos que podemos ouvir o poeta recitando un dos seus textos máis coñecidos, "Todesfuge":
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Yara, um amor. A poesia entra-me muito melhor assi, recitada e acompanhada de imagens e/ou músicas.
ResponderExcluir