27 de abr. de 2008

Como podería saír á rúa sen a miña lingua?

Oskorri faise esta pregunta na emocionante canción "Euskal Herrian euskaraz", que coñecín hai anos cando o Paulo e eu fomos a un acto das mocidades de EAJ-PNV en Murgia. Porén, non é que a ouvise nun concerto ou nalgunha actividade política, senón que me sorprendeu nun supermercado no que tiñan posta a radio. Impactoume a normalidade case tanto como a canción, da que só era capaz de distinguir as palabras "Euskal Herria".

Velaí na versión en directo coa colaboración de Albert Plá, que canta en éuscaro, mentres desde Oskorri repiten traducida ao catalán a segunda estrofa, esa na que se preguntan como se podería saír á rúa sen a lingua.










A letra de "Euskal Herrian euskaraz", incluída a estrofa en catalán:

Euskal Herrian euskaraz
nahi dugu hitz eta jolas

lan eta bizi euskaraz eta

hortara goaz,
bada garaia noizbait dezagun

guda hori gal edo irabaz.

Zabal bideak eta aireak

gure hizkuntzak har dezan arnas,

bada garaia noizbait dezagun

guda hori gal edo irabaz.


Euskal Herrian euskara

hitz egiterik ez bada

bota dezagun demokrazia

zerri azkara

geure arima hiltzen uzteko
bezain odolgalduak ez gara.
Hizkuntza gabe esaidazue

nola irtengo naizen plazara,

geure arima hiltzen uzteko

bezain odolgalduak ez gara.


Si no es possible parlar
euskara en el País Basc,
de que ens serveix eixa democràcia,
la podem llençar.
No som tan descastats
com per deixar morir així la nostra ànima.
Digueu-me com jo sortir podria al carrer
sense la meva llengua.
No som tan descastats
com per deixar morir així la nostra ànima.


Euskal Herri euskalduna

irabazteko eguna

pazientzia erre aurretik

behar duguna,

ez al dakizu euskara dela

euskaldun egiten gaituena?

Zer Euskal Herri litzake bere

hizkuntza ere galtzen duena.

Ez al dakizu euskara
dela
euskaldun egiten gaituena?

Por último, eis a tradución. Está feita á base de cotexar outras traducións, porque non sei vasco. Así que as correccións se agradecen e serán tidas en conta.

En Euskal Herria
queremos
falar e xogar en euskara,
traballar e vivir en euskara.
Xa é hora de que algunha vez
gañemos ou perdamos esta loita.

Abrir os camiños e os ares
para que a nosa lingua respire.

Xa é hora de que algunha vez
gañemos ou perdamos esta loita.

Se en Euskal Herria
non se pode falar en euskara,

tiremos a democracia

ao cortello.

Non somos tan parvos

como para deixar morrer a nosa alma.

Sen a miña lingua, dicídeme,

como podería saír á rúa?
Non somos tan parvos

como para deixar morrer a nosa alma.


O pobo vasco fala vasco,
día da vitoria,
o que necesitamos

antes de queimarmos a paciencia.

Non sabes que é o euskara
o que nos fai vascos?
Que Euskal Herria sería

a que até perde a súa lingua?

Non sabes que é o euskara
o que nos fai vascos?

Lembrade: manifestación nacional o 18 de maio en defensa do dereito a vivirmos galego.

Um comentário:

  1. Hola!

    He llegado a este blog por casualidad y me ha llamado la atención este post, ya que soy vasca. No sé galego, pero lo entiendo, sabes de algún blog que enseñe galego? me llama la atención, quizá estaría bien aprenderlo. Saludos!

    ResponderExcluir