Hai un par de meses, no diario De luns a venres facíanme unha destas breves entrevistas-test que publican cada día na súa páxina dúas. Unha das preguntas era para escoller unha canción favorita, algo ben difícil de decidir. Eu optei pola divertida e reivindicativa "Mais heteros (que os heterossexuais)", do disco "Baixo os eucaliptos", de Projecto Mourente.
Agora que falta xa cada vez menos para o novo disco do Projecto Mourente, resgatemos esta que é unha das xoias do anterior:
Aínda que merece un vídeo específico, de momento isto é o que temos en youtube (Paulo e eu estábamos nesa presentación mundial na Sala Nasa e saltando todo o posíbel nesta canción!):
A letra é esta:
"Mais heteros (que os heterossexuais)"
Quero que construamos
a casa de Pin e Pon.
Nom repares nos gastos
dessa decoraçom.
Fim de ano no Rio,
páscoa fina em Paris,
férias em Santorino,
escapada a Berlim.
Joguemos aos papás
co nosso cão.
Traiamos para limpar
uma equatoriana ilegal.
E que horror essas marginais!
Que horror, sempre a protestar!
Meu amor, nom somos iguais.
Nós somos mais heteros que os heterossexuais.
Pluma só para assinarmos
cheques no fim do mês.
Entendamos só isto:
que um só é o que tem.
Deixemos o ambiente
polos hotéis.
Tornemo-nos decentes:
somos homes, tenhem-no que ver!
E que horror essas marginais!
Que horror, sempre a protestar!
Meu amor, nom somos iguais.
Nós somos mais heteros que os heterossexuais.
Sejamos respeitáveis.
Para que luitar,
se estamos confortáveis?
Somos homes, vam-nos aceitar.
E que horror essas marginais!
Que horror, sempre a protestar!
Meu amor, nom somos iguais.
Nós somos mais heteros que os heterossexuais.
Vexamos por último esta foto que encontrei navegando por internet, onde se ve o creador de Projecto Mourente xunto con Jano na concentración do Orgullo de 1999. Ai que horror, estas marxinais...!
Obri pola promo hehe
ResponderExcluirVou-che ter que dedicar um tema um dia destes eh