
Souben delas a través dunha das súas tentativas frustradas por casar, hai xa varios anos, e que tivera bastante eco mediático. Rompía os esquemas ver a dúas velliñas nesa batalla. Pola idade, por seren mulleres, porque tiñan detrás un historial de activismo mesmo nas épocas máis escuras, porque levaban xuntas catro décadas...
Antonte morreu Del Martin, dous meses despois de conseguiren o seu ansiado obxectivo de casaren.
Grazas polo exemplo de perseveranza, loita e orgullo.
Obrigado ao manuel-p.-d.-m por me informar da súa morte. Entre tanto lío desta semana, consulto os medios o xustísimo para estar ao día...
ResponderExcluir:*