Levar a unha conferencia a unha muller que no seu día exerceu a prostitución, para falar de calquera tema, é "apoloxía da prostitución"? A verdade, paréceme bastante fóra de lugar tal idea, por non dicir unha condenábel persecución ad mulierem.
Cómpre ter presente que, á marxe do debate sobre a legalización/abolición da prostitución, tanto os organizadores como os asistentes sinalan que en ningún momento se falou diso en todas as xornadas. Como se pode explicar entón tal denuncia, realizada sen tan sequera informarse previamente, sen asistir para ver o que alí se dicía?
En Facebook creouse un grupo para "denunciar a denuncia", cun texto bastante contundente, co que concordo:
A ultra-moralista presidenta de Alecrín, Ana Míguez, acava de denunciar à Vicepresidência da Junta de Galiza por apologia da prostituiçom. O motivo, as jornadas 'sexuando', nas que foi invitada a escritora, ex-prostituta e activista polos direitos das trabalhadoras sexuais, Valerie Tasso. (...)
Entendemos que posiçons como as defendidas por Alecrín partem dumha visom profundamente conservadora do feminismo, da sexualidade e da prostituiçom, que em nada ajuda à luita contra a explotaçom e o tráfico sexual, e que em nada ajuda à luita polos direitos das trabalhadoras sexuais.
Apostamos por fórmulas de protecçom social e de auto-organizaçom frente à explotaçom e o tráfico sexual das pessoas trabalhadoras sexuais-migrantes, à margem de prejuícos morais patriarcais que nada tenhem a ver co [que] nós entendemos por feminismo.
Nom à explotaçom e ao tráfico sexual!
Nom aos CIES (cárceres de internamento de migrantes)
Nom à expulssom das sem papéis!
Si aos direitos das trabalhadoras sexuais migrantes!
Direito ao próprio corpo!
Pola despenalizaçom e o reconhecimento de direitos!
Sen duda as protestas veñen da máis absoluta desinformación, xa que coma ti apuntas, Carlos, eu estaba alí e nin se mentou a prostitución, de feito algunha persoas nin sequera coñecían a relación de Valerie coa prostitucioón ata que Alecrin comezou con esta caza de bruxas.
ResponderExcluirSinceramente, non hai máis que escoitar a Velerie para entender que fora convidada.
Un bico:
Lucia Vázquez
Por certo... que blog chulo tes!!!!!
ResponderExcluirGrazas, miña admirada e traballadora Lucía, por te pasares por aquí a comentar o desas inxustamente polémicas xornadas.
ResponderExcluirE obrigado tamén polo afago a respecto do blog ;)
Un bico tamén para ti!
Vaya, así que nosotras parimos nosotras decidimos... pero, mientras no nos quedemos embarazadas, parece que va a ser Ana Míguez quien decida lo que las mujeres podemos o no podemos hacer con nuestro cuerpo.
ResponderExcluir