Extraordinaria a resposta do pobo galego o pasado domingo en solidariedade con Palestina.
Foi, cuantitativamente, unha das maiores manifestacións de todo o Estado, coido que só por detrás das populosas cidades de Barcelona e Madrid.
Ademais, cualitativamente, é de salientar a presenza do Vicepresidente da Xunta no acto, xa que, até onde eu sei, foi o máis alto representante institucional en calquera das mobilizacións no conxunto do Estado (seguido de Saura, conseller da Generalitat catalá, o cal desencadeou aló unha sorprendente polémica).
Moitas veces, por admiración exaxerada do de fóra, non somos capaces de valorar e estimar o relevo real da vida e a forza do movemento progresista, transformador e antiimperialista, en Galiza.
Cómpre mantermos os actos de solidariedade, de boicote ás empresas que apoian o sionismo e de exixencia de medidas gobernamentais. Porque isto non terminou, non.
Outras informacións de interese:
- Sobre o baile de cifras, aconséllovos a consulta do blog do Fer (O demo me leve), aínda que eu tamén penso que é prudente de máis ao falar de 15.000 persoas, pois mesmo nas súas contas máis baixas antes do redondeo a cifra de participantes sería de 17.600. É acertado facer o reconto non pola xente que colle na Quintana, senón pola que participa no percurso.
- Podedes consultar a galería de imaxes do acto en Vieiros (Xela Rodríguez, de quen tomo a foto desta entrada), en El Correo Gallego e n'A Nosa Terra.
Nenhum comentário:
Postar um comentário