26 de jan. de 2009

Leyla Zana


Esta semana, a activista kurda Leyla Zana estará en Santiago e en Vigo, convidada pola Vicepresidencia da Xunta. É unha muller que admiro desde hai moito, polo que lle dediquei o artigo desta semana en Galicia Hoxe.

Penso que o Goberno galego trae a Zana á Galiza nun momento moi oportuno, xa que despois de padecer dez anos de prisión política por pronunciar unha frase en kurdo durante a súa toma de posesión como deputada, o mes pasado os tribunais turcos comunicáronlle unha nova condena doutros dez anos por realizar declaracións pacíficas nos medios de comunicación en defensa do Kurdistán.

Reafírmome no que digo literalmente no artigo: "a presenza nos seus actos en Galiza pode e debe converterse nunha manifestación de solidariedade co pobo kurdo, do seu dereito a existir, a escoller os seus representantes e a poder utilizar e desenvolver o seu idioma e a súa cultura."

Podedes ver aquí o fragmento do xuramento do seu cargo que desencadeou o primeiro proceso xudicial na súa contra, extraído do documentario La espalda del mundo, de Javier Corcuera:

2 comentários:

  1. Leín o artigo. Aínda estou conmocionado.
    Non comparto ás veces o teu ton, pero conseguiches (ti e Leyla) impresionarme vivamente.

    Saúdos.

    Procurarei ir a Compostela.

    ResponderExcluir
  2. Moitas grazas, "Anónimo", tanto polo afago agora como polo comentario crítico co meu ton noutras ocasións.

    Estaremos, pois, nesta quinta feira en Compostela.

    Unha forte aperta.

    ResponderExcluir