16 de jan. de 2009

'Matamos os seus nenos para defendermos os nosos'

Este domingo hai unha manifestación nacional que parte da Alameda de Santiago ás 12 do mediodía contra o xenocidio do pobo palestino. Oxalá sexa moi masiva. Pola solidariedade entre os pobos, contra o masacre, polo dereito a existir do pobo palestino e por unhas accións políticas nese camiño por parte do goberno do noso estado.

O mesmo día e máis ou menos á mesma hora celebrarase unha mobilización sionista diante da embaixada de Israel en Madrid, respaldando o xenocidio a través de eufemismos cínicos como "autodefensa". Este tipo de convocatorias prodúcense para tentaren lavar a súa imaxe, tan deteriorada pola súa brutalidade e vileza, a pesar da censura e da propaganda.

Nunha outra mobilización sionista hai poucos días en Nova York (que coñecín a través deste blog), varios manifestantes nin se cortaron en soltar barbaridades como "Matamos os seus nenos para defendermos os nosos" (minuto 2), "Meteremos bombas baixo os pupitres dos escolares palestinos", "Temos que sacalos de Palestina", "Tense que cumprir a profecía do señor"...

Velaquí podedes ver tan lastimoso vídeo:



Oxalá os concentrados este domingo en Compostela pola paz sexamos ben máis que os reunidos na embaixada de Israel en Madrid apoiando o xenocidio.

4 comentários:

  1. Si a ti te lanzaran 800 cohetes en un par de años, ya veríamos como respondías tú a los terroristas palestinos.

    ¡Qué fácil es hablar desde la comodidad que proporciona la subvención oficial!

    ResponderExcluir
  2. Bo día, "Anónimo".

    Vexo que repites as consignas habituais para xustificar o xenocidio do pobo palestino. Pola miña banda, teño claro que con alguén que ampara o bombardeamento de hospitas, escolas e maternidades e o asasinato vil de centos de inocentes, resulta moi difícil razoar. Así e todo, por che recomendar algo, recoméndoche que vaias ao web das voces xudías pola paz: http://www.jewishvoiceforpeace.org/ Encontrarás unha información moi diferente por parte de xudeus e israelís que non amparan este xenocidio.

    A respecto da subvención oficial, non teño nin idea de a que te podes referir. Véxoche moi convencido e moi contento (ou contenta?) de estares convencido/a de algo que non sei o que é.

    ResponderExcluir
  3. Solo pido respeto. Tantos años luchando contra el Franquismo y tu eres peor!!!

    ResponderExcluir
  4. Non entendo o comentario anterior, e non o digo polas faltas de ortografía.

    ResponderExcluir