
Aínda non lin
O soño da febre, do Miguel Anxo Murado, mais seguro que é unha obra recomendábel,
tanto polos premios que está gañando como, sobre todo, pola garantía que supón o nome do autor, que debo recoñecer como un dos meus favoritos tanto na súa faceta de articulista e ensaísta como de creador. Cáusame mágoa, iso si, que moitas veces non poidamos acceder aos seus textos
en galego en Galiza.
Esta noite, padecendo eu febre e sen tomar ningún antipirético, pasei as horas durmindo e sen durmir no medio dun pequeno delirio no cal, entre outras cousas realistas/fantásticas (un protocolo de chamadas telefónicas, Palestina...), tamén se me aparecía esta portada.
Talvez sexa un presaxio. Mañá fágome co libro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário