Hoxe, nun mitin en Galiza, José Luis Rodríguez Zapatero instou Mariano Rajoy a que diga algo sobre o masacre contra o pobo palestino. Sería ben que se deixase de hipocrisías e que, como presidente do Goberno, faga algo.
Ou é que o presidente do Estado non pode facer máis que lamentarse, mentres continúa a autorizar a venda de armas ao exército israelí e mantén as relacións económicas e diplomáticas como se non se estiver a cometer un xenocidio?
Cómpre que nos movamos para que a manifestación do vindeiro domingo en Santiago teña un respaldo masivo. Ninguén debería faltar. Porque esta vergoña non pode continuar:
Isto xa é o non vai máis.
ResponderExcluirViva a dobre moral hispana!
Enviamos axuda humanitaria ao pobo palestino recoñecendo que están a ser masacrados polo exército israelí e por outra banda seguimos surtindo de armas e munición aos soldados dese Estado Xenocida.
É VERGOÑENTO. Así, con maiúsculas.
Pd:Parabéns pola nova imaxe do blog.
Si que é vergoñento, Robinho. Mobilizándonos, poderemos conseguir que dean verdadeiros pasos pola paz, contra o masacre e polos dereitos do pobo palestino.
ResponderExcluirPD: Grazas polos parabéns. Agradézoos, porque non estaba moi certo de se fica mellor así ou algo saturado de máis. Unha apertiña.