5 de fev. de 2009

Esta noite debato en PopularTV

Esta noite, un pouco despois de que o compañeiro Fran Rei comece a debater en Televigo (22 h) eu iniciarei unha outra confrontación de ideas durante unha hora en PopularTV (23h) para o conxunto do Estado.

Participarán tamén Montserrat Nebrera (deputada do PP por Cataluña), Ramoncín (cantante e comunicador), Albert Rivera (deputado por Ciutadans de Catalunya) e un representante do PSC. É probábel tamén que participe Ignacio Villa, o xefe de informativos da COPE, que talvez vos soe polas súas intervencións no programa 59 segundos.

Se o verdes, non deixedes de me dar a vosa opinión.

6 comentários:

  1. Pobre homem, que moral tés. Albert Rivera, Nebrera, Ramoncín.... nom sei quem pode ser pior XD XD

    ResponderExcluir
  2. Moita sorte que son poucos e covardes. Boa loita intelectual.

    ResponderExcluir
  3. Seguro que estás acostumado a recibir críticas máis duras... pero a miña ten vocación construtiva. Deixarei claro que non vin o programa enteiro pero creo que o suficiente, a miña impresión é a seguinte: transmitías nervios (sobre todo nos primeiros minutos), evolucionaches cara o enfado (xustificado) e eso non é bo.
    Eu entendo que as opinións de Albert eran altamente indignantes e manipuladoras, o forte debate con el e a sensación de “guerra” na que incidiu varias veces o sempre demagóxico Ramoncín, transmite unha imaxe que non é boa, non estou valorando se é certa ou non, simplemente creo que te deberías intentar vender mellor e as estratexias de venda cambian segundo o contexto... Non sei cales son as estratexias da Mesa e polo tanto resúltame complexo valorar se foron conseguidas, pero creo que coa confrontación sempre gañan eles... aínda que igual eso forma parte dunha estratexia que simplemente non me parece a máis axeitada, non o sei. O teu problema non é que non teñas argumentos (que che sobran) senón o ton da exposición e o capullo do realizador (pero eso daría para unha longa exposición para a que non me sinto con ánimos a estas horas).A hostilidade era manifesta por todos os lados e xustamente por eso deberías intentar rebaixar o ton para demostrar que están equivocados e que non teñen razón, porque se a súa acusación é de que se está a impor algo eu creo que hai que demostrar que non, para o cal pode haber estratexias moi distintas pero nunca se debe esquecer que a comunicación é un proceso moi complexo no que máis importante que o qué pode chegar a ser o como, humildemente penso que deberías traballar máis o como (tarefa que nunca é sinxela).
    Un saúdo e unha aperta!

    María Sabucedo.

    ResponderExcluir
  4. Parabéns pola intervención de onte no programa inimigo. Boísimo o momento dos aplausos forzados. Parabéns unha vez máis polo labor construtivo co que fuches e aturares aos integristas que tiñas en fronte.

    ResponderExcluir
  5. Parabéns pola intervención sr. Callón, un chisco exaltado por momentos pero vaia gaiola de leóns en que se meteu (non lle coñecía esa faceta súa de Ángel Cristo :-)
    Con todo, non o dixen no seu día, mais aproveito agora: o do envío das cartas aos comerciantes, o seu ton e o emprego da palabra "expediente" por parte d'A Mesa paréceme dunha torpeza considerable.

    Para quen non vise o debate:
    http://www.populartv.net/index.php/PopularTV/ver-programa/contracorriente_-_05_02_2009/

    ResponderExcluir
  6. Obrigado, Fernando e Albixoi.

    Obrigado tamén a María polo amplo e acertado comentario, coas súas críticas, que comparto e agrazado especialmente, e sobre as cales quero voltar axiña nunha entrada do blog.

    Obrigado tamén ao anónimo Moucho Asexante, comentarista das cousas da lingua. A discrepancia a respecto das "cartas aos comerciantes" é a que non comparto en absoluto, e mesmo me parece estraño que en alguén tan informado se poida repetir a mesma expresión que utilizan nos medios demagóxicos de sempre. Cantas cartas se enviaron a "comerciantes"? Por que? Como? Cal é a razón de que se poida considerar un erro o uso da palabra "expediente"? Gustaríanme argumentos para confrontar e saber os motivos de consideralo unha "torpeza".

    Hai outra ligazón mellor para ver o vídeo do debate, mais tentarei subilo axiña quitando a hora de discusión previa sobre as seitas.

    Apertiñas!

    ResponderExcluir