4 de fev. de 2009
Máis sobre a censura da campaña de Retranca
Segundo informa Vieiros, a campaña de que falaba na anterior entrada volverá circular na próxima segunda feira cunha mudanza no lema, que eu a verdade non entendo: "Probablemente Zeus non exista".
Non hai dúbida de que é prioritario para a nosa cultura publicitar revistas que, pola súa calidade e enxeño, deben ser máis coñecidas e difundidas, como a xenial Retranca, mais non podo deixar de amosar a miña preocupación polo éxito da censura de Vitrasa.
Por que é que se pode obrigar a mudar unha frase como "Probablemente os deus non existan", que ademais de non resultar ofensiva contra ninguén debería estar amparada pola liberdade de expresión? Por que nos escandalizamos tanto cando a quilómetros de nós hai persoas que se molestan polas caricaturas a Mahomé mentres aquí a susceptibilidade dun empresario, cunha concesión pública, pode mudar lemas que non foran propostos polos creativos?
Ánimo aos compañeiros de Retranca e parabéns polo éxito concreto conseguido na divulgación adicional da revista por parte de Vitrasa. Porque unha cousa é que eu lamente a actitude da empresa e outra que considere que non se debe tentar conseguir o máximo posíbel nunha negociación, como foi o caso. Lograron a rectificación e que dentro dos autobuses haxa unha pequena exposición sobre a revista. Porque, como din no final do lema, non hai dúbida de que a cultura galega existe.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Ola Carlos, realmente fumos nós quen propuxemos o cambio do eslogan para demostrarlles que non queríamos entrar na polémica relixiosa, como nos dicían. A mensaxe da campaña di o mesmo con Deuses que con Zeus, e persoalmente creo que foi unha maneira moi Retranqueira de amañalo asunto.
ResponderExcluirSaúdos kiko
Ola, Kiko. A miña mágoa é que tivésedes que proporlle un lema alternativo, cando o empresario non debería meterse niso, máis aínda cando é unha concesión pública.
ResponderExcluirUnha apertaza deste seareiro da revista!
Non sei agora coa nova normativa... pero eu aprendín a dicir (escribir) "tivesedes" e non "tivésedes". Pero con tanto cambio ó chou un xa non sabe pra onde tirar; supoño que cara onde faga menos frío, Carlos.
ResponderExcluirAlción.
Alción: Repasa a normativa oficial do galego de 2003. Nin é tan nova nin foi mudada ao chou.
ResponderExcluirPor certo, que tal a reforma normativa do castelán de 2010?