16 de fev. de 2009

O dereito á ignorancia

No artigo desta semana en Galicia Hoxe, reflexiono sobre un dos puntos centrais do argumentario contra o galego nos últimos tempos. A idea que divulgan entidades como Galicia Bilingüe, á cal se sumou o PP, é que a lingua de Galiza é máis difícil e que iso fai que á hora de estudar ou facer os deberes se lle compliquen as cousas aos estudantes; ergo, o ensino en galego debería ser voluntario, a elección das familias ou do propio alumnado. Fronte a iso, lembro que non existe o dereito á ignorancia.

6 comentários:

  1. Carlos, podes ver um mini-documentário mui engraçado sobre o 8_F, com entrevistas aos supostos "bilingües" nesta ligaçom:

    http://gzvideos.info/8-f-sunday-pottery-sundey/

    ResponderExcluir
  2. Muito bom o teu artigo, Carlos.

    Apesar dos pais que têm, nego-me a acreditar que as crianças castelhano-falantes sejam mais estúpidas do que as galego-falantes. Isto é, nego-me a crer que falando na casa castelhano sejam menos capazes de perceberem o galego do que as crianças galego-falantes o castelhano.

    ResponderExcluir
  3. Obrigado pola recomendación do documentario, aínda que xa o vin onte. Parabéns polo traballo, hai fragmentos de entrevistas que son verdadeiramente reveladores.

    Obrigado, Galeguzo, polos parabéns. Con certeza que as crianzas que teñen o castelán como lingua inicial tamén teñen capacidade para aprenderen máis idiomas, a pesar do que uns poucos pais e nais digan (ou, nalgún caso, mesmo unha tía, como esta que no documentario anterior quería decidir a lingua en que educar á súa sobriña...).

    ResponderExcluir
  4. O momento de Corina Porro é impagábel... Sei o que nos figestes na TVG xa!!! (aínda que sexa na segunda canle ;)

    P.

    ResponderExcluir
  5. >> O momento de Corina Porro é impagábel... Sei o que nos figestes na TVG xa!!! (aínda que sexa na segunda canle ;)

    Obrigad@s, mas por enquanto nom tínhamos pensado solicitar um espaço próprio na TVG ;)

    E já que estamos, parabéns ao Carlos por este artigo... ainda que devia habituar-se a ser um pouco menos extenso e fazer mais como neste blogue. PORQUE MENOS É MAIS ;-)

    ResponderExcluir
  6. Concordo con "Anónimo" a respecto do de Corina Porro. É un momento apoteósico.

    Obrigado tamén a "Sei o que", tanto por vos pasardes por aquí como polos parabéns. A extensión é a que teño acordada co diario Galicia Hoxe, aínda que terei moi en conta este consello de cara ao futuro.

    Unha apertiña animosa!

    ResponderExcluir