O sábado pasado houbo unha festa gai en Santiago, que tiña como unha das estrelas principais á Terremoto de Alcorcón. O evento en si foi "una llauna", como dirían os amigos cataláns ("llauna" en catalán é "lata"), polo que non aturei até o final. A actuación da que foi membro das Diabéticas Aceleradas foi o único que se salvou.
Todos os materiais publicitarios e presentacións da festa foron en castelán, agás... a Terremoto de Alcorcón, que aprendeu o básico para poder saudar e despedirse en galego: "Boas noites, Santiago e arredores" e "Grazas", que repetiu en diferentes ocasións ao longo da súa actuación. "Antes era gracias y ahora es grazas, así que aprended bien los diccionarios de gallego. Grazas, Santiago e arredores!", dixo máis ou menos cando terminou as súas tres ou catro cancionciñas en playback.
Seguramente isto non tería que ser motivo de comentario, mais éo. Igual que era noticia que Lluis Llach saudase en galego nas súas actuacións no noso país ou foi portada que Bruce Springsteen nada máis pisar chan de Galiza saudase aos seus seareiros cun inagardado "Boas noites".
Grazas, Terremoto, polo teu afago! Estás menos "enajená" que moitos galegos que desexarían non selo!
Gozade desta súa engrazada versión de Dover, que saltamos e saltamos na festa o Josué e mais eu:
A pesar do seu papel, a Terremoto de Alcorcón fala varios idiomas, entre eles o catalán, no cal tamén canta o seguinte himno:
Para a seguinte, agardamos a versión en galego! ;)
"O evento en si foi "una llauna", como dirían os amigos cataláns ("llauna" en catalán é "lata")"
ResponderExcluirhehehe, Carliños que pouco confías na intelixencia dos teus lectores...
P.