28 de mar. de 2009

Hoxe, Asemblea Xeral da Mesa

Saio agora mesmo para a Asemblea Xeral da Mesa, que realizamos no Auditorio de Galiza, en Santiago, e que nos terá aló todo o día avaliando o xa feito e concordando sobre o que temos por facer. Ademais, ás sete e media do serán teremos un acto de clausura aberto tamén a persoas que non estean afiliadas á asociación.

Con motivo desta Asemblea Xeral, en Vieiros publicaron esta entrevista.

Vémonos no Auditorio de Galiza?

Um comentário:

  1. Olá tocaio.
    Gostei muito da asemblea de hoxe.
    Creo que conseguimos debater sobre os pontos fulcrais que temos de aplicar para organizar a resistencia nestes anos terríbeis.
    Penso que é moi importante difundir ilusión e esperanza. Eles gañaron unha outra batalla desta longa guerra de séculos; mais a forza do noso amor, Galiza, non pode ser inútil.

    Carlos V.S.

    ResponderExcluir