O habitual nos fotologs (até hai nada propagándose cal epidemia e hoxe xa case vintage) ou nos perfís de tuenti son mensaxes adolescentes hiperafectivas enxalzando a amizade.
Aínda que este texto se conteña máis que os que se poden ler habitualmente por esas partes da rede, esta entrada no blog quere ir tamén nese senso.
Obrigadiño, Alicia! Mesmo na distancia, que sería de min sen ti?
Esta estupenda foto é, como non podía ser doutro xeito, do David González del Riego.
Hehehe,
ResponderExcluirse souber como lle tratas á Patria...
xD
P.
Ai, son vítima doutra inxusta difamación... :D
ResponderExcluirQue sería da Patria sen min?! (Para quen queira mal interpretar estas palabras, advirto de que a Patria é unha gata, non é a miña gata e non lle puxen eu o nome...)
Púxenllo eu, si, a homenaxeada :D
ResponderExcluirA.