
Xa sei que non é novidade, porque nesa páxina xa fixeron un día unha colaxe na que me puñan como un presidiario e outra na que me casaban co que vai ser o novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó, disque porque este usa moito o galego. A listaxe de insultos que me teñen pasado deste web é longa, entre os cales sobrancean os homófobos, en plan que "perdo aceite". Alá eles con ese lamentábel odio que os retrata.
Se pensan que os compañeiros e compañeiras da Mesa, eu entre elas e eles, imos deixar de dar a batalla, van bos. Sabemos ben que todos os adiantos para o noso idioma foron gañados a pulso e estamos afeitos pola historia aos terreos adversos e á intemperie. Mobilizarémonos en defensa da nosa lingua máis que nunca. Temos moito por dicir e moito por facer!
A fotomontaxe esa é realmente ruín, pero non por maliciosa, senón por cutre.
ResponderExcluirUnha aperta.
Ánimo Carlos, estamos tod@s contigo e coa Mesa.
ResponderExcluirXa pasamos anos de persecución así que estes señoritiños de patacón non nos van amedrentar.
Saúdos!
galego máis ca nunca!!!!
ResponderExcluirA culpa é tua por masoquista :D
ResponderExcluirAgora a sério... àquelas pessoas que tanto se lhes encheu a boca nos dias 8-F em diante falando de gente que reclamava "liberdade", "igualdade", etc., recomendaria-lhes passearem polo fórum de Galicia Bilingüe, que não têm nada a invejar a qualquer taberna nazional-socialista ou a um encontro das juventudes (ou até da 3ª idade :D) da Falange espanhola.
Eles son así, bagas envelenadas sempre vai haber. Por min que apodrezan. Facerlles caso é demostrarlles que lle importan. Non lles faga caso!
ResponderExcluir