Achégovos o comunicado de imprensa que enviamos hoxe desde A Mesa, organización na cal facedes hoxe máis falta que nunca:
A Mesa anuncia “un traballo incansábel” para que o PP non desmantele “a protección xurídica do galego”
A asociación proporalle diálogo ao novo Goberno e reclamaralle que non tome “medidas unilaterais que poidan crear unha fractura social”
A Mesa pídelle ao PP que deixe de mentir sobre a situación do galego no ensino, “pois gañar as eleccións non fai que as mentiras se convertan en verdade”
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2009.- A Mesa pola Normalización Lingüística, tras o anuncio do PP de que a súa primeira medida será derrogar unilateralmente o decreto que estabelece un mínimo do 50% do ensino en lingua galega, anuncia que “traballará incansabelmente para que o PP non desmantele a protección xurídica do galego”, que a xuízo da maior asociacion cultural de Galiza “suporía un retroceso na calidade do ensino e tería gravísimas consecuencias para a convivencia e para o futuro do idioma propio do país”.
A Mesa advirte ao PP de que “tomar medidas contra o galego suporía crear unha fractura social” e reclámalle “que non ceda á tentación das imposicións unilaterais”, senón que adopte “unha postura construtiva coa lingua e cultura do país, con diálogo coa comunidade educativa e coas outras forzas políticas, que representan a metade do electorado”. Esta organización solicitará entrevistas cos novos responsábeis gobernamentais unha vez que tomen posesión para lle achegar directamente as súas propostas e visións.
Por outra banda, A Mesa pídelle a este partido político que “deixe de mentir”, pois “gañar as eleccións non fai que a demagoxia e as falsidades se convertan en verdades”. A maior asociación cultural de Galiza lembra que “no ensino o que hai é unha lexislación negociada no ano 2007 punto por punto co PP, idéntica á que o PP aprobou noutras comunidades autónomas como as Balears e baseada nun consenso parlamentar en Galiza do ano 2004 no cal tamén entrou o PP”. “Galiza, coas propostas do PP, podería ser a única comunidade do Estado con lingua propia que non gozase de ningún tipo de protección no sistema educativo”, observan.
A Mesa lembra que o actual decreto foi respaldado tamén polos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, todas as organizacións estudantís actuantes en Galiza, a confederación dos 125 centros católicos de Galiza e a federación pública de asociacións de nais e pais.
A galegofobia age unitariamente para relegar o galego à marginalidade. Espero que o (heterogéneo) movimento normalizador galego tenha de uma maldita vez a suficiente maturidade como para agir de jeito unitário e coeso. Ou será muito pedir?
ResponderExcluirAgora, cheos como están coa vitoria electoral, vai ser complicado que non poñan en práctica as súas medidas contra o galego. Pero isto mesmo poderá amosar ben ás claras o seu falso galeguismo.
ResponderExcluirComo membro da mesa penso que é xa tempo de poñerse a traballar en cousas concretas:
ResponderExcluir-Un estudo comparativo das lexislacións e da proteción que teñen nas súas comunidades as diferentes linguas. Estudo que tería que ser distribuído masivamente por calquer medio.
- Comenzar a traballar con pais, sindicatos e profesores para facer frente ás medidas regresivas que se aveciñan, e exixir que os nosos dereitos non sexan limitados.
- Organizar o apoio de editoriais, escritores, artistas, periodistas, xentes da cultura, profesionais, etc ( mesmo non galegos) a prol do idioma e da cultura galega.
- Combater a desmovilización. Fomentar e propoñer un debate de ideas ( entre especialistas) encamiñado a buscar novas fórmulas de normalización linguística.
- crear foros de debate e denuncia na web.
-Utilizas as TIC e os novos ámbitos de cultura e de debate xuvenil para que o galego teña presencia.
-Reflexionar, en fin, con intelixencia e sen apaixoamento. Manter a cabeza fría para non cair nas provocacións
Súmome á chamada do Galeguzo. E penso que non só o movemento normalizador debería actuar de xeito común. A ver cando nos decatamos de que na defensa dos intereses comúns galegos debemos ter unha verdadeira capacidade de unión contra as agresións, aínda que sexa coxunturalmente.
ResponderExcluirAnche io! No próximo Dia das Letras, "sopa de letras"! ;-)
ResponderExcluirEstaremso con vós, carloa, non teñas dúbidas, nas rúas e onde sexa preciso.
ResponderExcluir