No perfil da CTNL no Facebook, no blog de Alema e, moi especialmente e sobre todo, no blog de Fermín Bouza producíronse unha serie de interesantes debates a respecto da saída do último volume do Mapa Sociolingüístico de Galiza, coa intervención de varios especialistas e xente interesada.
Non é esta a mellor semana para poder eu responder con certo vagar, mais aquí van algunhas ideas que coido que son importantes para o debate e que non debo demorar por máis tempo. Moitas persoas poden considerar que esta discusión é algo bizantina e penso que con razón: mentres a nosa cultura está asediada (as porcentaxes pódense discutir; as tendencias, non), preguntámonos sobre o sexo dos anxos.
A este respecto, concordo ao 100% co dito no blog de Fermín Bouza por
Velaquí algunhas cousas que quero aclarar:
Vexo que hai por parte dalgúns sectores moita insistencia en tentar matar o mensaxeiro (
Eu desde aquí querería facerlle extensíbel esta petición de rigor ao propio Monteagudo, con todo o respecto (que el sabe que lle teño), mais tamén con toda a contundencia. Pídolle tamén que aclare se hai unha soa comparación, unha soa, que non se extraia literalmente, cifra a cifra e palabra a palabra, do estudo da Real Academia Galega e do Goberno galego. El di que “cita a nota
Tamén me sorprende que formule estas críticas publicamente contra
Eu ben sei que
A min gustaríame que
Xa en anteriores ocasións
2. É falso que haxa unha comparación entre grupos de idade diferentes no volume que se acaba de presentar.
O volume II do MSG é tan descoñecido que mesmo especialistas como
Na nota 3 da páxina 40 do segundo volume indícase o seguinte: “Mantívose o mesmo ítem utilizado no MSG-92 para sondar a lingua habitual. Para evitar o nesgo de comparar mostras con distintos grupos de idade, na análise de resultados seleccionouse o mesmo tramo de idade,
Tamén me produce estrañeza que o profesor Monteagudo diga que non se poden comparar os volumes I e II do MSG e, despois, el faga esas comparacións cos datos do IGE- 2003, cunha metodoloxía diferente, mostras diferentes e uns cortes de idade tamén diferentes. Agora ben, cómpre observar máis unha vez que tales comparacións son sobre lingua inicial, non sobre usos, que é ao que se refire o volume que agora se acaba de presentar e todas as gráficas e porcentaxes.
Con todo isto non nego que non se poidan discutir aspectos metodolóxicos. É máis: eu son crítico con varias cuestións do estudo (tamén do 92), mais parece sobre todo un debate académico e secundario, o cal non ten nada a ver coa Mesa. Porén, malia as diferenzas de matiz, o Mapa confirma máis unha vez as mesmas tendencias que apuntan todos os traballos existentes deste tipo, e que calquera persoa sensibilizada que saia todos os días á rúa pode corroborar.
3. O positivismo precario pode dar lugar a conclusións erradas.
Coido que era un debuxo do Carrabouxo de hai uns anos que amosaba un home traxeado, formulándolle unha pregunta a outro. “¿Usted habla gallego?” A resposta viña sendo: “¿Yo? ¡Siempre!”
Din que somos catastrofistas por amosar as tendencias de caída do galego, mais a situación é claramente peor do que din os datos do MSG. De verdade un 16% da poboación de Galiza entre 16 e 54 anos usa “só o galego” e un 22,9% “máis galego”? Xa quereriamos que iso fose así e non na súa inmensa maioría con hábitos diglósicos! E que galego se usa? Un con balizas fortes ou outro cada vez máis diluído no castelán, na súa fraseoloxía, na súa sintaxe, no seu léxico...?
Nunha situación cunha consciencia lingüística feble, cun idioma desvalorizado en proceso de substitución e hibridación, paréceme incríbel que se considere como datos inamovíbeis e totalmente fiábeis os que se extraen dos estudos cuantitativos de lingua declarada. Cando se teñen realizado pesquisas cualitativas en Galiza (o máis salientábel que eu coñezo é o referencial estudo de
As respostas directas en estudos cuantitativos teñen a fiabilidade que teñen, tanto no estudo de 1992 como no de 2004, fágase un cruzamento histórico ou non. É ou non é certo que, por exemplo, unha persoa que mudou de lingua se pode negar a recoñecer perante a persoa que lle fai o inquérito que deixou atrás ese idioma estigmatizado e formarse unha nova historia de vida? É ou non verdade que unha persoa pode responder cousas diferentes a respecto da(s) súa(s) lingua(s) inicial ou iniciais en diferentes momentos vitais? Por que este problema metodolóxico non é tido en conta? (Sei que é diferente, mais lémbrame a algo que con certeza Fermín Bouza sabe e pode explicar moitísimo mellor ca min: en boa parte dos inquéritos para estas autonómicas o “recordo de voto” era favorábel ao PSOE, cando resulta que a formación máis votada catro anos atrás fora con diferenza o PP. E non é que os cuestionarios estivesen mal!)
4. Edulcorar os datos é unha irresponsabilidade.
Todos os estudos, coas diferentes porcentaxes que se quixeren, amosan as mesmas caídas en picado para o galego tanto como lingua inicial como nos usos. Estas gráficas sinalan que é necesaria unha política de revitalización e que, se os dereitos lingüísticos individuais e colectivos estiveren garantidos de verdade, isto non se produciría.
Non teño vocación de narcótico nin de músico do Titánic. Hai unha fenda considerábel desde o mascarón de proa, cómpre saber que está a entrar auga, polo que haberá que achicar ou procurar outras alternativas. Iso non é catastrofismo nin tremendismo. Como di o profesor Carlos Valcárcel, autor de traballos de investigación que deberían ser máis coñecidos, “sermos positivos nom significa tampouco nom mencionar o essencial dos resultados dos estudos, que som negativos”.
O que si é unha irresponsabilidade é negar o problema, seguir a táctica da avestruz e aplaudir a política de homenaxe ao galego, como as campañas millonarias, de fogos artificiais, que fixo nos últimos anos a Presidencia da Xunta. Fronte a esa propaganda, hai áreas do ensino que deben ministrarse en galego e que hoxe non teñen material pedagóxico nesta lingua, persoas acosadas no seu posto de traballo por falaren neste idioma milenario, ámbitos da Administración nos que se nega a posibilidade de utilizar o galego...
Alén disto, como dicía a usuaria “Elisa Gz” no facebook, “se do que se trata é de transmitir sensación de positividade eu non sei para que se fan estudos”.
Unha coda, de momento
Hai cousas que me fican no tinteiro e, se hai pé para máis debate, comprométome a responder ao que for a partir da semana que vén, despois da Asemblea Xeral
Carlos, como sempre, brillante. Parabéns. XFC
ResponderExcluirCoincido co blogueiro Slonek. Brillante. Sen mais que dicir.Unha lección sobre cómo argumentar unha exposición.Parabéns.
ResponderExcluirPrezado Carlos,
ResponderExcluirRecoñezo que eu non son tan importante como as autoridades que cita vostede no seu post, pero permítame sinalar que o que apuntou a incoherencia de o Consello da Cultura non criticar a metodoloxía que levou a tantos grupos, partidos e xornais a concluír que o galego se estaba a impor en Galiza fun eu.
http://votoconbotas.trincheradigital.com/?p=2323
Obrigado por recoñecer e usar o meu argumentario. É unha honra. Pero se cita a "Elisa Gz" tamén me pode citar a min :)
Como di o profesor Monteagudo, un poquito de rigor...
Saúdos,
Antón.
Eu non uso sombreiro, mais se usar, quitariao ante vostede. Ou, como din na Franza, chapeau!
ResponderExcluirCarlos,
ResponderExcluirPois se o estudo qualitativo de usos linguísticos num contexto de mudança sociolinguística "mais salientábel" que conheces é o livro de Ana Iglesias, que está bem, recomendo-che profundamente que superes essa limitação e leias estas teses, ambas anteriores:
Domínguez Seco, Luzia (2000). Aproximación interaccional a la conceptualización del habla: Las ideologías lingüísticas en Galicia como índice de la diferencia social. Tese de Doutoramento. Departamento de Galego-Português, Francês e Linguística, Universidade da Corunha.
Prego Vázquez, Gabriela (2000). Prácticas discursivas, redes sociales e identidades en Bergantiños (Galicia): La interacción comunicativa en una situación de cambio sociolingüístico. Tese de Doutoramento. Departamento de Galego-Português, Francês e Linguística, Universidade da Corunha.
(A de Luzia Domínguez Seco está em espanhol polas dificuldades que poderia ter na altura para apresentá-la em grafia galego-portuguesa; cousinhas que acontecem neste mundo).
Ambos estudos, densos e magnificamente sustentados teórica e metodologicamente, são fundamentais para compreendeermos a mudança sociolinguística atravês das práticas de fala reais em função das (novas) identidades sociais e (sobretudo o de Luzia) das ideologias linguísticas de correção, purismo, "normalização", etc.
-celso
Moitas grazas, para o Xavier e para os comentarios anónimos.
ResponderExcluirObrigado tamén ao Antón. Terei en conta a túa anotación, aínda que agardo que non vaias caer no erro de lle póres copyright a cada frase. Non será isto máis ben un caso de pole de ideas, que diría Darío Villanueva? En calquera caso, grazas.
Agradecido igualmente ao Celso. Non coñecía esas teses, e é unha mágoa que permanezan inéditas. Oxalá eses traballos poidan ser publicados e divulgados.