Hai textos que a un lle chaman a atención especialmente e que non pode deixar de recomendar. Seguramente quen pasades por aquí con frecuencia xa leríades estes artigos ou estas entradas en blogs; se non, recoméndovos que o fagades e, se tedes vagar, que me digades que foi o que vos pareceron:
- "O galego, o inglés e Feijoo", Miguel Anxo Murado, La Voz de Galicia, 12 de marzo de 2009.
- "A realidade explicada a nenas e nenos", Arturo Casas, Blog Lándoas, 12 de marzo de 2009.
- "O idioma como conciencia", Francisco Rodríguez, Xornal de Galicia, 15 de marzo de 2009.
- "Democracia", de Xoán Carlos Garrido, Vieiros, 27 de marzo de 2009.
- "De como un xornal bota abaixo un goberno", Carlos Neira, Blog Calidonia, 28 de marzo de 2009.
- Discurso de Xabier P. Docampo no acto de entrega dos Premios Irmandade do Libro 2008, reproducido no blog do autor, 28 de marzo de 2009.
- "O asalto contra as identidades", Henrique del Bosque, Vieiros, 30 de marzo de 2009.
Reflexionando sobre o as verbas do 1º artigo de Miguel Anxo Murado onde dí:"A dobraxe sistemática en televisión, por exemplo, é o que fai que a xente a penas escoite inglés en todo o día. Para mellorar en inglés é indispensable reducir o espazo do español nas nosas vidas. Moitos estamos dispostos, pero non está claro que quen se resenten da presenza na súa vida cotiá dunha lingua tan fácil para eles como o galego aceptasen mellor outra máis difícil"...Pois ben, eu estou dacordo en que a dobraxe xeralizada de series e pelis extranxeiras é un lastre para a aprendizaxe do inglés.Pero sexamos francos, non hai só que "para mellorar en inglés é indispensable reducir o espazo do español nas nosas vidas" tamén hai que reduci-la presenza do galego.Ou posibilitar que quen queira escoitar en galego o faga e quen queira no idioma orixinal inglés , francés, italiano... o poida facer. Falo, coma Miguel Anxo, da televisión...onde Temos extraordinarias series en galego que son líderes de audiencia en Galiza e unha envexa no share para o resto da FORTA... pero ¿Ten algún sentido que a Televisión de Galicia non posibilite o poder ver series americanas-3 o 4 ao día- ou alemanas-a do can Rex, por exemplo- en VERSION ORIXINAL con súbtítulos en GALEGO para quen sí o desexe? Quen a queira ver en galego...adiante!!!Quenes querémo-la ver en Inglés, francés ou alemán e AO MESMO TEMPO LER OS SUBTITULOS EN GALEGO... simplemente non podemos... e temos que optar por TODAS AS DEMAIS CANLES XENERALISTAS ONDE TODAS A SERIES-CSI, HOUSE, MULLERES DESESPERADAS,BONES...TODAS!PODÉMO-LAS VER EN V.O. Sí á dobraxe en galego-que, por certo é dunha calidade actoral excelente, sí ás series galegas que ocupan por mérito propio o prime-time de tódolos días na TVG... pero sí tamén a unha partida presupostaria mais... para lingüistas que pensen un pouco nas persoas xordas ou coma min... que, trapalladas coma "a Nanny" ou "o coche fantástico" gozaríamos delas escoitándoas en V.O e LENDO A TRADUCION EN GALEGO. Unha aperta. "MPDM".
ResponderExcluir