Falei xa varias veces neste blog das inmensas ganas que tiña de volver a un directo de Ellos, que estaban de xira por Galiza esta semana. Manu, Carme, Cris e Fran poden testemuñar que o de onte foi un concertazo, a pesar de que nós non nos atrevésemos a facer de coristas da canción "El regalo". Desde abaixo e moi ben situadiños, gozamos e choutamos moito, moito, moito, moito, todo o repertorio.
Para os que non puidésedes estar, déixovos "En tu lista", do seu disco "Lo tuyo no tiene nombre":
Pois que queres que che diga... Don Carlos Callón... que si que foi bo o concerto e que pasámolo todos realmente ben.
ResponderExcluirAta a vindeira xuntanza. E, na mentres, a seguir informados no teu BLOG. Bicos mil.