Esta semana participo en dúas mesas redondas de asistencia libre, en Vigo e na Coruña, en cadansúas xornadas sobre a situación da nosa lingua organizadas polos Comités de estudantes:
Hoxe (15 de abril) en Vigo, no local 5 de asociacións do Edificio Miralles (Cidade Universitaria):
16.00 h – Mesa redonda: “A situación actual do galego”.
Participo con Xosé Lastra (presidente de Nova Escola Galega) e Fernando Ramallo (profesor da Universidade de Vigo).
Esta sexta (17 de abril) na Coruña (Facultade de Filoloxía):
13:30 h – O galego nos medios de comunicación. Esquecemento ou ocultación?
Participo con Xosé Manuel Pereiro (decano do Colexio de Xornalistas de Galiza) e Blanco Valdés (profesor de dereito e columnista).
Información sobre os programas completos, que son ben interesantes, no web dos Comités.
Sorte na mesa redonda co facha de Blanco Valdés.
ResponderExcluir