Temos máis razóns que nunca para nos mobilizarmos en defensa da nosa lingua. Movámonos! Móvete!
29 de abr. de 2009
O galego, a nosa columna vertebral
Alberto Núñez Feijóo fixo todas as xenuflexións posíbeis onte e antonte en Madrid e prometeu redimir a Galiza do pecado orixinal de termos lingua propia. A medida máis grave que anunciou foi a derrogación de facto non do decreto 124/07, senón da protección xurídica do galego no ensino. Non é alarmismo nin catastrofismo: é o paso máis grave contra o galego en toda a etapa autonómica, que nos leva nunha viaxe no tempo a 30 anos atrás.
Temos máis razóns que nunca para nos mobilizarmos en defensa da nosa lingua. Movámonos! Móvete!
Temos máis razóns que nunca para nos mobilizarmos en defensa da nosa lingua. Movámonos! Móvete!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Se alguén quere saber ata que punto se póde ser sumiso, que escoite a entrevista do presidente na Cope.
ResponderExcluirNon sei se serán mellores lemas, a min(igual por ser meus) parécenmo.
ResponderExcluir1º
É o noso, non o imposto.
Patrimonio GALEGO, Patrimonio Universal.
(Con outras variantes posíbeis, galega, nosa, imposta ou galeg@, nos@, impost@.)
2º
Galego Calidade!
(E de fondo mil e unha verbas galegas que fagan referenza ao mellor do noso país, a aquilo que o seu disfrute sexa calidade de vida e as palabras máis fermosas do noso idioma, por exemplo: Ribeira Sacra, Albariño, Vagalume)
O da "columna vertebral" está moi ben porque só temos unha, pero o d"o idioma que nos une" xa estou vendo aos gelegófobos co de "el castellano nos une con más gente" ou "nos une con todos los españoles".
ivandgaliza@yahoo.com
Grazas, Iván, polas túas propostas.
ResponderExcluirA respecto da entrevista na COPE, concordo ao cento por cento. Ademais, que fai o presidente da Xunta dando conta aí e diante de quen o fai do que van ser as súas primeiras medidas? Dá unha tremenda imaxe de subordinación.
Dende logo que o galego é a nosa columna vertebral e Feijoo ven a ser unha hernia de disco, ou como se soe dicir un "pinzamento" de vertebra.
ResponderExcluirGrazas polo teu esforzo tan meritorio en prol dos dereitos do noso idioma, e parabéns polo éxito histórico e masivo acadado.
Unha aperta doutro que tamén ama o galego.
iglesiasbouza@hotmail.com