Reproduzo aquí un recomendábel manifesto que me chegou por correo-e, que vexo que xa comeza a difundirse en diferentes páxinas e que paga a pena divulgarmos.
Grazas á xente que impulsou esta iniciativa! Temos que responder sen tregua, con argumentos e con exemplos claros estas ofensivas contra a lingua que nos une como galegas e como galegos.
Unha achega ao debate sobre o galego desde o CERN
Somos un conxunto de físicos e enxeñeiros galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en Xenebra, a día de hoxe uns dos laboratorios científicos máis importantes do mundo. Desde a distancia, levamos meses asistindo ao debate que se está a xerar sobre a posición que debe ocupar a lingua galega no noso sistema educativo. Esta cuestión está a provocar unha confrontación continua de posturas e opinións que se estende a distintos ámbitos da nosa sociedade. Se ben consideramos este debate lexítimo tamén coidamos que as posturas deben ser mantidas e defendidas desde a máis absoluta rigorosidade, a mesma pola que nós estamos rexidos nas nosas actividades científicas. E vémonos na obriga de intervir cando determinados argumentos que non seguen esta máxima aparecen por parte de persoas cunha opinión que non se restrinxe ao ámbito privado.
En declaracións ao Faro de Vigo, o voceiro da “Confederación das Asociacións de Pais de Alumnos de Colexios Concertados” (Congapa), José Ramón Hermida, dicía: “Utilicemos el sentido común. Químicas o Físicas, con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego. No podemos retroceder”. Ben, for desde a ignorancia, for intencionadamente, declaracións deste tipo resultan totalmente inadmisíbeis. E dicimos isto con coñecemento de causa, pois no noso ámbito de traballo estamos acostumados a ter conversas de alto nivel científico de temas moi diversos en galego. Nun entorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán. Ben é certo que o galego non é empregado para as comunicacións nin publicacións científicas a grande escala, pero é necesario que se saiba que tampouco o é o castelán. A lingua franca da ciencia desde hai moitos anos é o inglés, e desde logo se algunha lle discutiu no pasado tal condición esa non foi o castelán.
O noso obxectivo con esta carta é simplemente evitar que se empreguen argumentos falsos (ou falseados) na discusión dun tema tan delicado e importante coma este. E tamén reivindicar o galego como lingua que nos identifica sen excluírnos estando como estamos lonxe da casa.
No CERN en Xenebra a 26 de Maio de 2009.
Xabier Cid Vidal, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Patricia Conde Muíño, Doutora en Física de Partículas, Investigadora do LIP (Laboratório de Física e Instrumentação de Física de Partículas) - Lisboa (Portugal), experimento Atlas.
Daniel Esperante Pereira, Enxeñeiro de Telecomunicacións e estudante de Doutoramento na USC, experimento LHCb.
Teresa Fonseca Martín, Doutora en Física de Partículas, investigadora asociada da Royal Holloway University - Londres (Reino Unido), experimento Atlas.
Abraham Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, investigador Ramón y Cajal na USC, experimento LHCb.
Manuel Gallas Torreira, Doutor en Física de Partículas, antigo staff do CERN no departamento de Física Experimental.
Marcos Mariño Beiras, Doutor en Física de Partículas, Catedratico de Física Matemática na Universidade de Xenebra (Suíza).
Diego Martínez Santos, Licenciado en Física e estudante de Doutoramento - USC, experimento LHCb.
Cibrán Santamarina Ríos, Doutor en Física de Partículas, investigador asociado na McGill University - Montreal (Canadá), experimento Atlas.
28 de mai. de 2009
Físicos e enxeñeiros do CERN contra os prexuízos lingüísticos
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
5 comentários:
Etiquetas:
Abraham Gallas,
Cibrán Santamarina,
Daniel Esperante,
Diego Martínez Santos,
galegofobia,
lingua,
Manuel Gallas,
Marcos Mariño,
Patricia Conde Muíño,
Teresa Fonseca,
Xabier Cid Vidal
26 de mai. de 2009
O heterosexismo, a homosexualidade e o sistema literario galego
No meu artigo de onte en Galicia Hoxe fixen a introdución para unha ampla serie sobre a homosexualidade no sistema literario galego, aínda que non será continuada semana a semana, senón salteada tamén con outras temáticas.
As portas do armario
O heterosexismo, a homosexualidade e o sistema literario galego
Entre outras cousas, para abrir un armario este ten que ter portas. As fechaduras poden estar enferruxadas ou inutilizadas, pode haber fondos duplos despois no seu interior, mais ten que haber algunha porta. Claro que antes de encontrar as portas... debemos localizar o armario.
Saír do armario
Hoxe, a expresión “saír do armario” é xa moi popular para se referir ao recoñecemento público por parte de alguén da súa opción / orientación homosexual. A orixe do dito é inglesa (“coming out of the closet”) e ten relación con esoutra que fala de ter “un cadáver no armario”, un “skeleton in the closet”; isto é, un segredo tráxico e molesto. Desde fins do século XIX a comezos do XX, esa frase especialízase para a homosexualidade, a cal pasou a se converter no maior dos segredos, no “amor que non ousa dicir o seu nome”, tras séculos xa sendo un innomeábel “pecado nefando”.
A estrutura do armario, así concibida, é mesmo máis forte do que poden ser os desexos individuais dunha persoa por difundir ou non a súa opción sexual. É unha estrutura social que exhibe ao tempo que silencia, constituída ao mesmo tempo que a identidade homosexual contemporánea. Trátase dun concepto contraditorio, paradoxal: como estrutura pola cal se agocha a identidade, mais tamén como estrutura hipercatalogada e sobredeterminada, sobre a cal se quere saber todo e que debe estar presente como tal no día a día, aínda que sexa como insulto aparentemente lexicalizado (“maricón”, “maricas”, “maricallas”, “marimacho”...).
Que entre o ar!
Con este artigo vou comezar unha serie de escritos nas segundas feiras en Galicia Hoxe para tentar arexar o armario metafórico do sistema literario galego. A miña pretensión é contribuír a relelo desde outro lugar; percorrer a súa historia e as súas historias, deterse nos textos que temos e tamén, con certa ousadía, nos textos que non conservamos, as biografías aproximadas e –como non– as construídas. Reler atendendo ao heterosexismo, a problematización da homosexualidade, para así coñecermos máis e mellor o mundo social e a nosa historia.
Abordar estudos que falen da homosexualidade na cultura e, en concreto, na literatura, presenta antes de máis un problema de perspectiva. Nestas entregas adentrarémonos nos pormenores de como este dilema foi recibindo respostas en diferentes terras e en diferentes tempos. Veremos que o máis habitual é botar man de dúas premisas. En primeiro lugar, a homosexualidade da autora ou autor e, en segundo lugar, a homosexualidade que se le (que se explicita ou que se interpreta) nos textos.
Ambas as premisas presentan varias e importantes debilidades epistemolóxicas. En primeiro lugar, reducen a institución social da literatura a unha suma de textos e unha nómina de autoras e autores, que poden ser bos puntos de partida para comezarmos a andar o camiño, mais que limitan as posibilidades de coñecemento. Por exemplo, que pasa cun autor ou cunha autora non homosexual que utiliza repertorios lidos ou lexíbeis como homosexuais? Quen, como, cando, onde e por que marca que haxa temas e estilos que se entendan como homosexuais? Non será tamén necesario, por exemplo, estudar aos que estudan, á crítica literaria que configura as interpretacións? Como estudamos o silencio? Debe ser estudado o que, podendo chegar a existir, non existiu ou, existindo, non se transmitiu por circunstancias que teñen a ver coa opción sexual?
Penso por iso que unha focaxe inserida dentro da tradición dos estudos culturais, sociolóxica e non textocentrista, é máis acaída por permitir facerse novas preguntas que, á súa vez, poden abrir máis portas ao coñecemento do mundo social. Mais para tentarmos dar resposta a algunhas das cuestións antes formuladas (singularmente, as dúas últimas do anterior parágrafo) tamén é moi necesario afinar os instrumentos sociolóxicos, pois hai socioloxismos que, ao pretenderen o mundo social só como “o que sucede”, poden condenar a homosexualidade a permanecer invisíbel (por tanto, inexistente) en importantes espazos do sistema literario onde a súa aparición sería máis dificilmente documentábel.
O rexime de sexualidade
Michel Foucault denomina “implantación perversa” da sexualidade o proceso de articulación discursiva que pasa a construír o sexo como un eixo de intelixibilidade e lexitimidade vital. Segundo el, sería un proceso comezado no século XVII, coa Contrarreforma, aínda que logre ser hexemónico no século XIX, coa explosión discursiva das ciencias sobre o sexo. Así, a característica fundamental do rexime de sexualidade (ou “dispositivo de sexualidade”, se seguirmos a terminoloxía do propio Foucault), conformado sobre o patriarcado, é a sua concepción do sexo como esencia ontolóxica do individuo. Nótese que a sexualidade se configura cun carácter paradoxal: entanto é obxecto de discursos múltiplos, é tamén expresión suprema da intimidade, do segredo.
Entre as moitas posibilidades existentes, o rexime só acepta unha práctica sexual, un tipo de desexo, un xogo de roles: a heterosexualidade, con alicerces sólidos no sexismo, a misoxinia e a homofobia. Varios teóricos, como Weeks ou o propio Foucault, sinalan que a ameaza cernida sobre o modelo patriarcal coa expansión capitalista pode explicar a construción da identidade homosexual, para reforzar –por contraste opositivo– a estrutura de economía sexual centrada na familia. Así, a homosexualidade, que era máis unha opción dentro dun amplo leque, configúrase como un “perigo” básico, que resume todos os perigos que axexan para romper os equilibrios do rexime de sexualidade. O binomio homosexual / heterosexual convértese desta maneira nun binomio que fundamenta e condiciona toda a vida occidental(izada) contemporánea, comparábel con outros eixos da organización social en diferentes épocas e culturas, como muller / varón ou libre / escrava – o.
A configuración do rexime de sexualidade vai parella á emerxencia do que o sociólogo Pierre Bourdieu definiu como diferentes campos sociais (relixioso, xurídico, burocrático, científico...), nos cales concorren diferentes axentes para lograren a lexitimidade cos seus discursos sobre o sexo.
Teño que sinalar que Bourdieu non se referiu nomeadamente ao campo científico ao enunciar esta idea, mais este é crucial na configuración do rexime de sexualidade contemporáneo. Como é sabido, o profesor francés elaborou unha teoría social centrada na idea dos campos sociais, concepto que foi articulando e reformulando progresivamente nas súas pesquisas sobre os diferentes ámbitos da sociedade gala e, en parte, das súas (neo)colonias. O que define a estrutura dos campos sociais é o estado das relacións de forza entre os seus axentes e institucións.
O rexime de sexualidade ten un papel fulcral na loita pola hexemonía das formas de poder e os varios capitais en xogo. Para comprendermos mellor o seu funcionamento, serannos moi útiles dous conceptos exitosamente propostos polo mesmo sociólogo: o de habitus (un sistema de esquemas incorporados e naturalizados como innatos tanto para o individuo como para o grupo) e o de violencia simbólica (unha violencia non física, exercida co consentimento de quen a padece, camuflando as relacións de forza que subxacen). O propio Pierre Bourdieu, na introdución á súa obra A dominación masculina, considera que as mulleres e as e os homosexuais son albo privilexiado deste tipo de discriminación simbólica. Nas Meditacións Pascalianas afirmara tamén que a dominación masculina é a forma “por antonomasia” de violencia simbólica.

23 de mai. de 2009
Erros e acertos
Hai moitas veces nas que non teño a razón porque non a teño e outras moitas en que desexaría que o tempo me levase a contraria. Mais, lamentabelmente, se alguén con sensibilidade polo galego puido pensar no seu día que A Mesa se equivocara ou se "pasara" coa súa valoración sobre o que na realidade significaba o nomeamento do actual secretario xeral de Política Lingüística, en moi poucos días as palabras dos dirixentes da asociación a respecto deste tema víronse ao cento por cento ratificadas polos feitos. Si, trátase cun cargo de verdugo do galego, chegado coa intención de narcotizar o problema para así poderen avanzar no proceso de desmantelamento da oficialidade da lingua. A min dáme entre mágoa, vergoña allea e verdadeira repulsión que haxa persoas que poidan entrar neste xogo da dereita galegófoba que agora goberna a Xunta.
Non lle faltaron argumentos ao PSOE para describir onte a Anxo Lorenzo como "cómplice na ofensiva contra o galego", aínda que o propio Lorenzo, nunha entrevista en El País, xa nos facía saber que as súas responsabilidades son totais e non só de complicidade. O gobernante do PP sinalaba que o seu departamento, a pesar de se situar en Educación, ten "funcións transversais" e que el ten "garantías para poder traballar sen ningún tipo de limitación".
Por se alguén o quería dubidar, el xa o deixa ben claro. El fai "sen limitacións" e dentro das súas "funcións traversais" o traballo día a día para a derrogación do decreto do galego (o primeiro grande paso atrás na política lingüística nestes 30 anos), a cínica consulta aos pais e ás nais (cal pode ser a resposta sen existiren condicións sociais de igualdade e habendo tanto autoodio e prexuízo alimentado e interiorizado?), a desaparición da proba en galego nas oposicións (para o cal é prescritivo o informe de Política Lingüística) e, aínda máis, a posibilidade de que se estabelezan prazas nas que non haxa por que entender para nada de nada o galego, como indica Vieiros. Auténticos fitos na historia da nosa cultura, si, aínda que fitos na tentativa de laminala.
Con dúbidas
Hoxe publica La Voz de Galicia a transcrición parcial dun debate que nos propuxeron entre Gloria Lago, a hipermediática presidenta de Galicia Bilingüe, e eu como presidente da Mesa. Non é fácil decidir que facer. Está o problema de que se poida caer nunha presentación equidistante entre ambas as entidades, como se fose o mesmo o agresor e o agredido, ou como dicía alguén nalgún blog, como se fosen o mesmo Rosa Parks (todo o que de colectivo significou) e o Ku Klux Klan. Con certeza, a fotografía que se publica, no resultado final, dá unha imaxe ben negativa, e agora mesmo teño que recoñecer que foi un erro grande prestarme a ese xogo.
Mais, claro, hai outro problema que non se pode esquecer. A Mesa non ten fácil acceso aos medios de comunicación con maior incidencia. Vou pór un exemplo moi clariño: nos 23 anos de historia desta asociación, os dous presidentes e a presidenta da Mesa, tiveron, todos xuntos, tantas entrevistas nas páxinas de Galiza no diario que nos convocou a ese debate como as que tivo Gloria Lago nos tres primeiros meses do ano 2009. E talvez me pase, porque nos sete anos que levo como portavoz da asociación, nunca tiven ningunha.
A cousa non é doada. Teño que recoñecer que non estou nada contento co resultado do que publica hoxe a Voz, mais tamén observo que calquera saída sería difícil. Ao menos, tento ver que se puideron introducir algúns dos argumentos da Mesa; de forma parcial e secundarizada, mais están. Aínda que teño que recoñecer tamén con humildade que non acabo de saber se o investido compensa de verdade o gañado.

21 de mai. de 2009
Polo galego no acceso á función pública
A Xunta convocou para esta sexta feira (venres), 22 de maio, a Mesa Xeral de Empregados Públicos cun único punto na orde do día: a retirada do exame en galego nas oposicións.
Realizarase unha concentración ás 11.15 diante da EGAP (rúa de Madrid, 2-4, nas Fontiñas, en Santiago de Compostela). Difúndeo e, na medida das túas posibilidades, acude.

17 de mai. de 2009
A forza do noso amor non vai ser inútil
Podedes ter a certeza, compañeiras e compañeiros, de que a forza do noso amor pola nosa lingua, pola nosa cultura e polo noso país non vai ser inútil.
A resposta social foi contundente e agora cómpre que os actuais gobernantes a escoiten. Se non, aló estaremos de novo.
Desculpas a todas as persoas que non destes entrado para algunha das dúas lecturas que se fixeron do manifesto nunha praza da Quintana duplamente ateigada.
Repitámolo máis unha vez: "Pola nosa lingua, nin un paso atrás!"

16 de mai. de 2009
Preparad@s para mañá?
Esta é unha das imaxes da multitudinaria manifestación do ano pasado en defensa do galego. Este ano, coa nova e preocupante situación, temos que ser aínda moitas e moitos máis.
Collede un parauguiñas, porque parece que vai chover un pouco, e collede tamén todos os folgos para cantar e animar, porque imos conseguir que non se dea nin un paso atrás para a nosa lingua.
Até mañá!

15 de mai. de 2009
"Somos nais e pais..."
Nos últimos días, nais e pais das comarcas de Compostela, A Coruña e Vigo leron un lindo texto perante os medios de comunicación en defensa do gaelgo e animando á participación na manifestación do domingo.
Teñen intención de continuar a estender actos semellantes por máis comarcas do país, para o cal están a contactar con máis nais e pais de toda Galiza. Déixovos aquí tres fotos e o manifesto, que lamentabelmente non tiveron o eco merecido nos medios de comunicación:
Somos nais e pais. Por iso queremos o mellor para as nosas fillas e fillos. Queremos que sexan felices e queremos que medren en liberdade e para iso é esencial un ensino de calidade que os forme como persoas e como cidadáns. A liberdade que dá o coñecemento desaparece cando se ignora unha parte esencial da cultura na que as nenas e nenos viven. Para escoller entre dous sons, hai que escoitar ambos. Non queremos unha escola xorda e muda ao galego.
Somos persoas responsábeis e estamos formando a sociedade do futuro. Por iso queremos que as nosas fillas e fillos, falen a lingua que falen, poidan entender e dirixirse na súa lingua á xente que fala en galego cando dentro duns anos traballen nun hospital ou nun centro educativo, cando sexan xuíces ou cando atendan nun comercio.
Somos cidadás e cidadáns. Por iso nos preocupa a violencia coa que certos grupos de poder falan da nosa cultura e da nosa lingua. A sociedade galega é pacífica, é aberta, é extensa máis alá das súas fronteiras. Non nos pechemos en dous tons, a vida é de cores. Non queremos ser nós e eles, queremos formar parte dunha sociedade unida á que dea unha nova tonalidade cada persoa nova que chegue.
Somos galegas e galegos. Algúns nacemos aquí, outros na outra beira do mar. Moitos falamos cos nosos fillos e fillas en galego. E outros en castelán. E en francés ou en inglés. Mais todas estamos orgullosas e orgullosos da lingua de Galiza e a todos nos gusta encher a boca de galego, saborealo. E queremos que os nosos nenos o poidan facer cando xogan, cando ven unha película ou cando escoitan música no seu mp3, para que tamén se poidan sentir orgullosos do galego. Non queremos que os nosos nenos abandonen a lingua que día a día lles entregamos.
Somos nais e pais. Temos que defender o galego como defendemos o mar, como defendemos os montes, como defendemos o ar que respiramos. É parte do noso patrimonio e parte do patrimonio que lles legaremos aos nosos fillos. Polos nosos fillos e fillas, manifestarémonos en Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio.

[Nas fotografías, de arriba a abaixo, o acto de Santiago, o da Coruña e o de Vigo.]
14 de mai. de 2009
Parabéns polos 95, Avelino!
Hoxe, Avelino Pousa Antelo fai 95 anos. Con este motivo, recibirá unha calorosa e intensa homenaxe ás 20.30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Meréceo, porque é un vínculo que nos une con moitas xeracións que loitaron pola defensa do país e porque aínda segue activo ao noso carón. Tamén por iso, na última Asemblea Xeral da Mesa nomeámolo Presidente de Honra.
Como dixo despois das eleccións do 1 de marzo, "a partir de agora vou ser máis duro cos que queren borrar Galiza do mapa". Unha enerxía e unha forza que tamén temos nós que manter, con intelixencia e entusiasmo.
No acto presentarase o libro e documental Lembranzas e reflexións de Avelino Pousa Antelo e nel intervirán, ademais do homenaxeado, Mini e Mero, David Otero e Xan Leira.
[Na foto, de dereita a esquerda, Avelino, Manuel Rivas e eu hai xusto un ano, o día en que Avelino fixo 94, chamando á manifestación en defensa do galego. ]
A Mesa posiciónase sobre o nomeamento do novo secretario xeral
Reprodúzovos o comunicado de imprensa, onde tamén se indican declaracións que realicei hoxe mesmo a diferentes medios de comunicación:
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2009.- Ante o nomeamento do novo secretario xeral de Política Lingüística, A Mesa restoulle importancia ao nome da persoa que vaia desenvolver este labor e subliñou a súa preocupación polas políticas anunciadas todos os días polos actuais gobernantes da Xunta: “A partir de hoxe o posto de verdugo xa non está vacante, mais o caso é que se trata dun posto de verdugo. Pode ser máis guapo ou máis feo, ter máis currículo ou menos currículo, máis ou menos capacidade para embaucar, mais é un posto de verdugo para o galego”.
O presidente da maior asociación cultural de Galiza, Carlos Callón, amosou a súa mágoa porque “haxa persoas que se presten a este xogo perverso e estean dispostas a ser a pel de ovella para camuflar o lobo”. Callón lembrou que “as propostas dos actuais dirixentes do PP para a nosa lingua son claras, ao noso pesar: derrogación do decreto do ensino, eliminar o galego como requisito nas oposicións (pasando a selo só o castelán) e mesmo derrogación da Lei de normalización lingüística”.
Sobre este último aspecto, o dirixente da Mesa lembrou as declaracións do delegado da Xunta, Diego Calvo, que manifestou onte que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, respalda oficializar o topónimo *La Coruña. Esta proposta suporía derrogar a Lei de normalización lingüística, que se aprobou por unanimidade no Parlamento en 1983 e que desenvolve o Estatuto de autonomía no relativo á promoción do idioma propio do país. “Dificilmente se podería facer unha proposta máis agresiva e insultante contra a celebración das Letras Galegas esta semana e contra o seu homenaxeado, Ramón Piñeiro, que foi relator da Lei que o PP quere tumbar de forma unilateral”, indicou Callón.
O presidente da Mesa advertiu de que desde a actual Xunta “se quere desmantelar todos os adiantos conseguidos en toda a etapa autonómica, e non o podemos consentir”, polo que fixo un novo chamamento a que “a manifestación deste domingo, 17 de maio, nas rúas de Santiago de Compostela, sexa histórica”. “Nin un paso atrás para o galego”, concluíu.
A Mesa considera que o nomeamento do novo secretario xeral é “tentar camuflar o lobo con pel de ovelliña”
Carlos Callón chama a mobilizarse o domingo para que non se dea “nin un paso atrás para o galego”

13 de mai. de 2009
Igualdade de oportunidades
O artigo en Galicia Hoxe desta semana continúa coa reflexión sobre as discriminacións lingüísticas que se producen no noso país e que dan razón a mobilizacións como a deste domingo.
Igualdade de oportunidades
Continúan as discriminacións laborais contra galego falantes
A maioría da sociedade galega está anestesiada no que di respecto ás discriminacións lingüísticas contra os falantes de galego. Mesmo a maioría dos usuarios e das usuarias habituais deste idioma. Mesmo, aínda que sexa noutro grao, aquelas e aqueles máis conscientes que non queremos renegar ao noso dereito básico a podermos vivir no noso idioma e transmitirllo aos nosos fillos e ás nosas fillas. De repetida e sistemática, a exclusión naturalízase. O proceso de desnarcotización, que é sacar do armario o verdadeiro e diario conflito lingüístico, é fundamental para garantirmos un presente en dignidade e un futuro ao noso idioma e á nosa cultura.
A situación dos dereitos lingüísticos dentro do ámbito laboral é un bo exemplo de como recibe carta de cotidianeidade unha inxustiza. Porque non sempre se trata de insultos contra o cadro de persoal (lembremos ese repugnante “¡Burra, no hables lenguas menores!” que se denunciou o ano pasado) ou de despidos (lembremos o caso da xestoría de Pontevedra: “Ya te advertí de que no hablaras en gallego”).
Pola contra, na maioría dos casos temos que observar unha represión máis sibilina. Por exemplo, unha moza que chega a unha entrevista de traballo para unha empresa de venda de téxtil, que comeza a falar en galego e recibe como resposta unha cara seria e unha pregunta directa, que se explica por si soa: “¿Podrías hablarme en castellano?” ou “¿Es que no sabes hablar en castellano?” ou “¡¿Siempre hablas en gallego?!” Se a lección non estaba aprendida, para a vindeira ocasión xa o sabe. En Galiza, non existe igualdade de oportunidades no ámbito laboral para as persoas que queiran utilizar o galego con normalidade.
Cobertura legal
Cando o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade o Plan xeral de normalización da lingua galega recoñeceu esta problemática tan profundamente inxusta, polo que estabeleceu como un dos seus obxectivos “garantir o dereito dos traballadores a utilizaren a lingua galega nas súas relacións laborais”.
Tratábase, con iso, nin máis nin menos que de instar ao Goberno galego a que dese cobertura real, no día a día, a un principio que xa estaba recollido no artigo 4 do Estatuto dos Traballadores. Segundo alí se indica, as condicións laborais das traballadoras ou dos traballadores non se poden ver prexudicadas por falaren un ou outro idioma.
Os dereitos lingüísticos son formalmente amparados tanto no momento do acceso ao traballo como no posterior desenvolvemento da actividade laboral. Tamén no marco das relacións laborais se indica que se “entenderán nulas e sen efectos” aquelas normas que discriminen por razón de lingua. Nesta liña, no artigo 96.12 do Estatuto dos Traballadores antes citado dáselle a consideración de “moi grave” ás discriminacións por causa de idioma dentro do Estado español.
O problema chega á hora de concretar o exercicio deste dereito. Nas discriminacións lingüísticas no traballo, igual que nos casos de acoso laboral ou doutras discriminacións (por razón de sexo, cor da pel, opción sexual, etc), a persoa áchase nunha particular situación de indefensión para probar o sucedido, ademais de se ter que enfrontar á incomprensión de moita xente que non entende que o galego sexa un dereito básico e irrenunciábel.
A Capitanía de Burela
Esta semana coñeceuse o caso de dúas traballadoras e un traballador da Capitanía Marítima de Burela que sufriron e sofren acoso laboral ou mobbing no seu posto de traballo debido á súa petición de poderen utilizar o galego e reclamaren que esta administración faga uso tamén da lingua propia e cooficial de Galiza. A pesar de que arredor do 90% das mulleres e homes dese concello da Mariña falan en galego no seu día a día, o 0% (non falta ningunha cifra á dereita: o cero por cento) da documentación da Capitanía está nesta lingua.
Cómpre ter presente que as capitanías marítimas depende da Dirección Xeral da Mariña Mercante do Ministerio de Fomento. Entre outras competencias, teñen funcións vencelladas aos buques e embarcacións que manteñen a súa actividade en augas e portos galegos (tamén os de baixura e litoral que unicamente desenvolven aquí o seu traballo), labores de inspección de buques e embarcacións e xestións relacionadas coas súas tripulacións, como os enroles, titulacións etc.
Brais Fernández Prieto, Carmen Ferreiro Seoane e Manuela Arias Estévez solicitaron o cumprimento da lexislación lingüística a nivel galego e estatal, así como dos tratados internacionais sobre dereitos idiomáticos subscritos polo Estado, como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias promovida polo Consello de Europa.
Durante cinco meses e medio, Brais, Carmen e Manuela tentaron resolver o problema por todas as vías internas que lles foi posíbel, petando nas portas de diferentes gabinetes do propio Ministerio de Fomento, na Oficina das Linguas Oficiais do Ministerio de Administracións Públicas, na Subdelegación do Goberno en Lugo... Reivindicaban algo tan cívico e elemental como o cumprimento da lei. Que os nosos nomes de lugar figurasen na súa única forma oficial, que é a galega. Que se aplicase a norma que fala da imaxe institucional da Administración Xeral do Estado, segundo a cal os impresos de solicitude que están ao dispor do público deben estar nas linguas cooficiais de Galiza e as cabeceiras dos documentos que se impriman tamén deben estar en galego etc. Que, en fin, a Capitanía Marítima asumise que o galego é a lingua propia de Galiza e que fose unha Administración que garantise os dereitos dos administrados e das administradas.
En troca de reaccionar como correspondería, corrixindo as irregularidades e tomando as medidas para que se cumprise a lexislación, recibiron unha resposta inxusta, xorda e agresiva. Aos tres traballadores prohibiúselles facer nada en galego e ordenouse retirar o único impreso que existía neste idioma, que fora traducido e elaborado por unha das persoas acosadas. As dúas traballadoras foron, a raíz disto, mudadas de posto sen recibiren nin instrucións de traballo nin ordes de aprendizaxe para as súas novas funcións. Ao traballador pasaron a marcarlle unhas pautas de actuación diferentes ás dos seus compañeiros, restrinxíndolle o acceso á información, dificultando as comunicacións coas persoas con que ten que estar en contacto para desenvoler o seu traballo etc.
Trátase dun caso claro de acoso laboral por razóns idiomáticas. Un mobbing lingüístico con todas as letras, que acarreou e está a acarrear consecuencias para a saúde destas persoas. De feito, dúas delas están agora mesmo de baixa por ansiedade.
Movámonos
Temos que movernos para que se corrixa esta inxustiza en concreto e para que en Galiza haxa igualdade de oportunidades tamén para todas as persoas que queren desenvolver a súa vida con normalidade en galego. Na convocatoria da manifestación do vindeiro domingo, en defensa do galego baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral”, estarán presentes os seus casos.
Teñen que saber que nas rúas de Santiago de Compostela se concentrará o 17 de maio unha forza que se vai expandir a partir desa data aínda con máis forza en todos os centros de traballo, concellos, colexios, institutos, rúas e parroquias. Teñen que saber que cando non contratan ou acosan ou despiden a unha persoa por falar en galego imos estar todas e todos aí. Pois cando discriminan a calquera muller ou a calquera home por falar en galego nos están a discriminar a todas e a todos. E non o imos permitir.
[Na fotografía, a conferencia de imprensa en Burela, coas dúas traballadoras e o traballador, representantes da CIG e CCOO e veciñas e veciños da localidade.]
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
4 comentários:
Etiquetas:
A Mesa,
artigo da segunda feira,
Brais Fernández Prieto,
Carmen Ferreiro Seoane,
galego na administración,
galego na empresa,
galego no traballo,
lingua,
Manuela Arias Estévez
Ponte ao noso lado
Con motivo da celebración do Día das Letras, o grupo Vozes da Rádio e a cantante Guadi Galego xuntáronse para gravar "Ponte ao meu lado", unha canción para reivindicar de novo o patrimonio inmaterial galego-portugués. As Vozes da Rádio estiveron hai pouco en Galiza, convidados pola Fundación Via Galego.
A canción tamén vale para que todos vaiamos ben xuntos á mobilización do vindeiro 17! ;)

12 de mai. de 2009
Con Goretti Sanmartín e Yolanda Castaño
Hoxe ás 20 h, na antiga Reitoría, no Areal de Vigo, presento unha mesa redonda organizada polas compañeiras e compañeiros da Mesa pola Normalización Lingüística desta comarca na cal participarán Goretti Sanmartín e Yolanda Castaño. Se estiverdes por aí, vémonos!
10 de mai. de 2009
E, agora, contra o Correlingua
Hoxe, Roberto Blanco Valdés arremete contra o Correlingua con demagoxia histriónica, emulando a Carlos Luis Rodríguez, que fixo tamén o propio hai uns días. Tanto lles molesta unha actividade lúdica e pedagóxica que serve para educar en actitudes favorábeis cara á lingua galega? Que ten de negativo un obxectivo coma ese, recollido en numeroso corpus legal, a comezar polo propio Estatuto de Autonomía?
Blanco Valdés amósase especialmente indignado polo feito de que no acto final de Compostela interviñesen "una concejala compostelana del BNG", "Anxo Louzao en nombre de la CIG (el sindicato nacionalista)" e "Fran Rei, de la Mesa pola Normalización Lingüística". Ben, nese acto estiveron na realidade dúas concelleiras con responsabilidade de goberno no Concello de Compostela: Mercedes Rosón, do PSOE, e Socorro García Conde, do BNG. García Conde, que máis que "una concejala compostelana del BNG" é a tenente de alcalde, ademais nese día era a alcaldesa accidental por estar Xosé Sánchez Bugallo de viaxe. Ou é que a democracia non vale cando o BNG ten responsabilidades de goberno?
O secretario xeral da CIG e o vicepresidente da Mesa alí estiveron, con toda a lexitimidade, como representantes de entidades que coorganizan esta actividade desde hai anos, xunto coa AS-PG.
Falamos, por certo, do mesmiño Correlingua que se desenvolvía tamén cando Corina Porro era alcaldesa de Vigo e alí acudía ela aos actos finais de entrega de premios. Por que daquela non escribiron Roberto Blanco Valdés e Carlos Luis Rodríguez artigos falando do tema? Até que grao chegará a falta de ética dalgúns?

Hai que decidirse xa
Unha canción menos coñecida de La Casa Azul:
Velaquí a letra:
"Hoy debería plantearme cambiar"
Siempre supe que mi vida me resultaría abreviada.
Un diminutivo, una sinopsis, una mala edición.
Cada sueño, cada idea, cada aspiración liquidada
golpean mi cabeza cuando suena el despertador
Sólo necesito ver
qué es lo que hago cada día para enloquecer.
¿Qué fue del chico que desplegaba sensaciones pop
para una vida mejor?
Y hoy
debería plantearme cambiar,
aunque sé perfectamente que no,
que las cosas en mi vida son como son
y no hay nada más
que hablar
Di: ¿Qué quieres hacer?
Di: ¿Qué quieres tener?
No supiste volar
y hoy no puedes pensar...
Hay que decidirse ya.
El tiempo te persigue y ya no puedes dudar.
O bien eliges tu parte agotada
o bien las sensaciones pop
para una vida mejor
Y hoy
debería plantearme cambiar,
aunque sé perfectamente que no,
que las cosas en mi vida son como son
y no hay nada más
que horror.
Siempre desestimé la fatalidad
como esencia de la acción sin razón.
Y hoy no decido ni en lo superficial
¡Qué pena me doy...!

9 de mai. de 2009
Concurso Popular de Vídeos
7 de mai. de 2009
Mellor é sabelo
Mañá e pasado, sexta feira 8 e sábado 9, realízanse na sede da Fundación Paideia Galiza en María Pita unhas xornadas do Instituto do Campo Freudiano da Coruña sobre "Psicanálise, Ciencia e Falsa Ciencia", ás cales non vou poder asistir, a pesar de que o programa me parece interesantísimo.
O final do folleto de presentación deste evento fíxome graza porque me pareceu xusto o contrario do que se podería encontrar na lapela de calquera libro de autoaxuda. Tradúzovolo aquí:
A Psicanálise pode debater coa ciencia e amosar no caso por caso a súa eficacia, non promete a felicidade porque esta non é posíbel, mais sabe que tendo en conta o desexo e o gozo de cada suxeito, e facéndose responsábel del unha vez feito consciente, pode mudar algo e vivirse mellor.
Unha das persoas implicadas nestas xornadas e que intervirá ambos os días é o prestixioso psicanalista e psicólogo clínico Manuel Fernández Blanco. Encontreime con el na Coruña e solteille a chanza de que ese folleto de presentación parecía o anti márqueting, porque afirmaban que a felicidade non era posíbel. Cordial, porén serio e contundente, replicoume: "Mellor é sabelo".
5 de mai. de 2009
A mellor comunicadora
Coñecina aló por 1996, cando eu andaba en primeiro de carreira e ela estaba tamén entre as pouquiñas persoas que nos reuniamos na rúa da Algalia en Santiago nun pequeno grupo denominado Plataforma por unha Universidade Normalizada (PUN). Hai tempo xa que non coincido con ela máis que véndoa ou ouvíndoa nos medios.
Vén de recibir agora o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión, e moitas e moitos agradecémoslle de corazón as súas limpas e claras palabras no momento de recoller o galardón:

4 de mai. de 2009
Contra o proceso de desmantelamento da oficialidade do galego
No artigo desta semana en Galicia Hoxe recollo e amplío algunhas ideas que xa fun soltando neste blog nos últimos días.
O galego, a nosa columna vertebral
Contra o proceso de desmantelamento da oficialidade do galego
Hai poucas semanas, Manuel Rivas razoaba nun dos seus artigos que Galiza non anda sobrada de elementos que unan e cohesionen. Unha desas masas que cementan e cimentan a galegas e galegos é a lingua. Tal idea é a que protagoniza a convocatoria de manifestación realizada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o vindeiro 17 de maio, que partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela, baixo o lema “O galego, a nosa columna vertebral”.
Se xa a manifestación do Día das Letras de 2008 foi histórica en asistencia, a deste ano agárdase que bata máis marcas na mobilización social en defensa deste milenario idioma. Porque o ano pasado se reaccionou aos ataques e ameazas de involución, mais agora eses anuncios xa se comezan a concretar e a tomar forma. Así, a semana pasada foi especialmente importante, con declaracións diarias do novo presidente da Xunta, anunciando na práctica un proceso de desmantelamento da oficialidade do galego.
Mais que non pensen que por ter a maioría absoluta xa poden actuar como se puidesen facer o que quixeren. Existen marcos legais e de convivencia que deben respectar, que temos que saber facer respectar. Como lembraba Arturo Casas no seu blog referíndose á toma de posesión do novo titular de Cultura, “nós estamos aquí e este estarmos nós aquí non será un problema menor para esa xente nin para a súa planificación do futuro da cultura de noso.”
Preparándonos
Estamos aquí, con certeza que estamos. Cando escribo estas liñas, xa se adheriron ao manifesto que se lerá ao final da marcha do Día das Letras 16.524 persoas e 396 entidades do máis diverso tipo. Na rede social Tuenti, centrada nun público xuvenil, 3.868 mozas e mozos xa aseguraron a súa asistencia, mentres 2.105 a maiores din que quizais vaian. Cando faltan quince días para enchermos as rúas de Santiago de Compostela, xa se constata a importante preocupación por esta involución anunciada polo PP, especialmente presente nas comunidades educativas.
Cómpre que todas as persoas e grupos sensíbeis na defensa da nosa lingua esteamos máis xuntos que nunca, deixando á marxe as lexítimas, lóxicas e naturais diferenzas ou discrepancias noutros ámbitos. Porque o que temos que parar agora é a pretensión de exterminar o noso idioma, para o cal queren desamparalo xuridicamente e deslexitimalo como lingua propia de Galiza.
Será unha mobilización de defensa do xa conseguido, mais tamén de impulso para avanzarmos, pois a inxustiza e a desigualdade que padece a nosa lingua propia deben corrixirse. Nese camiño van os dous primeiros puntos do “Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego”:
1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
Folla de ruta
Lonxe deses principios básicos para a convivencia en igualdade, Alberto Núñez Feijóo fixo todas as xenuflexións posíbeis a semana pasada en Madrid e prometeu redimir Galiza do pecado orixinal de ter lingua propia. Por certo, todas estas declaracións, dun profundísimo calado político, foron realizadas en micrófonos da ultradereita mediática, non no Parlamento galego ou ao menos ao finalizar un Consello da Xunta.
A medida máis grave que anunciou foi a derrogación de facto non do decreto 124/07, senón da protección xurídica do galego no ensino. Non é alarmismo nin catastrofismo: é o paso máis grave contra o galego en toda a etapa autonómica, que nos leva nunha viaxe no tempo a 30 anos atrás. Tan atrevidas declaracións, eufemisticamente camufladas de “liberdade lingüística”, tivo que matizalas sobre o prazo para pólas en andamento, pois os técnicos da Consellaría de Educación advertiron de que o que propuña non era posíbel materializalo nos centros de ensino sen antes mudar o decreto, o cal non se fai así como se nada. Ai, inxustizas da vida! Un gaña por maioría absoluta e pensa que a lei xa non existe, mais segue aí, para amolar ao reestreado gobernante.
Entrando de novo no xardín da demagoxia, Feijóo mantén que o profesor ou profesora poderá impartir en galego se quere facelo e tamén que a/o estudante poderá usar o galego se quere. Estrañamente, iso quere casalo con que as familias escollerán nalgún grao a lingua da escolarización, como se iso non fose tamén entrar na suposta “liberdade” de profesorado e alumnado. Non aclarou se a “liberdade” tamén chegará ás faltas de ortografía.
Con esta proposta dos novos dirixentes do PP é imposíbel garantir o obxectivo básico da escolarización de que o estudantado saia das diferentes etapas educativas coas competencias comunicativas correspondentes en castelán e en galego. É máis: o galego será menos que unha lingua estranxeira no propio país, xa que o inglés ou o francés están beneficiados pola opción dunhas chamadas “seccións bilingües” a través das cales hai materias non lingüísticas que se ministran neses idiomas. Nesas seccións, non só o profesorado, senón sobre todo o alumnado, para aprender, ten obriga de utilizar o idioma estabelecido.
Fóra da Administración
Ademais, o propio presidente da Xunta deu máis razóns para nos mobilizarmos en defensa da nosa lingua. A súa pretensión (que de momento tamén choca co muro da lei) é que para acceder a un posto de traballo na Administración nin tan sequera haxa que realizar un dos exames en galego. A nivel simbólico, significaría negar a cooficialidade real, xa que o único idioma que sería un requisito nese caso sería o castelán, reducindo aínda máis o rango do galego. No aspecto práctico, significaría que poderían ser funcionarias, mesmo na Xunta, persoas sen capacidade para se expresaren en galego e, portanto, traballadoras e traballadores da Administración que non poderían garantir o dereito legal de atenderen en galego. Curioso bilingüismo que só garante dereitos para o castelán!
A terceira fronte do ataque contra o galego serán as propias institucións autonómicas. Xa na toma de posesión, catro deputados xuraron o seu cargo en castelán: Diego Calvo, José Fervenza, Rosa Quintana e López Chaves. En 2005, só o fixera un deputado: Castelao Bragaña. Conta Anxo Lugilde que cando ese deputado, galaico-arxentino, tivo que intervir por vez primeira no Parlamento, recibiu unha chamada de Manuel Fraga para lle recomendar que intervise en galego. Dos que non quixeron xurar desta volta en galego, dous están xa na Xunta. Ademais, catro conselleiros parece que nin tan sequera saben nin queren saber falar en galego, dando unha imaxe lamentábel de desprezo pola cultura do país que gobernan.
Crispación
A maioría da xente leva pensando desde o 1 de marzo que temos goberno do PP na Xunta para ao menos 8 anos, cando non outros 16 como os ininterrompidos de Fraga. Porén, se o resto da lexislatura continúan por estes carreiros que levan á crispación ou mesmo aparecendo escándalos de tal calado como os protagonizados polo conselleiro Agustín Hernández, eu xa nin sei se chegarán aos catro.
Concordo totalmente co que hai poucos días afirmaba o xornalista Perfecto Conde na súa bitácula: “Non rematou nin sequera de nomear todos os compoñentes do seu goberno e xa parece Alberto Núñez Feijóo un presidente gravemente tocado.”

Um comentário:
Etiquetas:
A Mesa,
Alberto Núñez Feijóo,
Anxo Lugilde,
Arturo Casas,
Diego Calvo,
galegofobia,
Ignacio López Chaves,
José Fervenza,
Manuel Fraga Iribarne,
Manuel Rivas,
Perfecto Conde,
Rosa Quintana
3 de mai. de 2009
Día da Nai
Hoxe toca ir comer á casa da mamae. Xa había tempo que, por unhas cousas ou por outras, non podía parar por Ribeira, así que o feito de que sexa o Día da Nai é boa escusa para ir até aló.
Para festexar a xornada, poño aquí unha canción moi coñecida do Silvio Rodríguez. Como informa a persoa que a pendurou en youtube, trátase dunha versión dun concerto en París en 1977, onde el explica ao comezo o sentido do tema:

1 de mai. de 2009
Atrapallado
Sorpréndeme como están a ser os primeiros días do Goberno Feijóo9. El e os seus levan toda a vida gobernando, excepto pequeniñas parénteses como a do bipartito. Os principais medios de comunicación actúan como un grupo de coristas para lle cantaren as glorias. Ademais, como as decisións fundamentais as toman desde a rúa Génova de Madrid, en teoría facilitaríaselle o traballo. E, así e todo, a súa entrada dificilmente podería ser máis atrapallada. Tanto polo que se sabe publicamente polo que comenta o persoal da administración autonómica.
A maioría da xente leva pensando desde o 1 de marzo que temos goberno do PP na Xunta para ao menos 8 anos, cando non outros 16 como os ininterrompidos de Fraga. Porén, se o resto da lexislatura continúa por esta liña de improvisación, escándalos e procura da crispación, eu xa nin sei se chegarán aos catro.
Concordo totalmente co que di Perfecto Conde hoxe no seu blog: "Non rematou nin sequera de nomear todos os compoñentes do seu goberno e xa parece Alberto Núñez Feijóo un presidente gravemente tocado."
Se desterramos a moral da derrota, nos activamos e actuamos con entusiasmo e intelixencia, esta batalla ímola gañar. Agora ben, temos que facelo!
P.S.: Por certo, eu non sei se alguén reparou en que onte, ao finalizar o Consello, o presidente dixo que lle custaba encontrar quen ocupase determinados cargos polos baixos salarios que hai para os gobernantes da Xunta. Mais, non quedáramos en que a Xunta era un lugar para os luxos, os excesos e o derroche como sultáns?

Assinar:
Postagens (Atom)