23 de mai. de 2009

Erros e acertos

Hai moitas veces nas que non teño a razón porque non a teño e outras moitas en que desexaría que o tempo me levase a contraria. Mais, lamentabelmente, se alguén con sensibilidade polo galego puido pensar no seu día que A Mesa se equivocara ou se "pasara" coa súa valoración sobre o que na realidade significaba o nomeamento do actual secretario xeral de Política Lingüística, en moi poucos días as palabras dos dirixentes da asociación a respecto deste tema víronse ao cento por cento ratificadas polos feitos. Si, trátase cun cargo de verdugo do galego, chegado coa intención de narcotizar o problema para así poderen avanzar no proceso de desmantelamento da oficialidade da lingua. A min dáme entre mágoa, vergoña allea e verdadeira repulsión que haxa persoas que poidan entrar neste xogo da dereita galegófoba que agora goberna a Xunta.

Non lle faltaron argumentos ao PSOE para describir onte a Anxo Lorenzo como "cómplice na ofensiva contra o galego", aínda que o propio Lorenzo, nunha entrevista en El País, xa nos facía saber que as súas responsabilidades son totais e non só de complicidade. O gobernante do PP sinalaba que o seu departamento, a pesar de se situar en Educación, ten "funcións transversais" e que el ten "garantías para poder traballar sen ningún tipo de limitación".

Por se alguén o quería dubidar, el xa o deixa ben claro. El fai "sen limitacións" e dentro das súas "funcións traversais" o traballo día a día para a derrogación do decreto do galego (o primeiro grande paso atrás na política lingüística nestes 30 anos), a cínica consulta aos pais e ás nais (cal pode ser a resposta sen existiren condicións sociais de igualdade e habendo tanto autoodio e prexuízo alimentado e interiorizado?), a desaparición da proba en galego nas oposicións (para o cal é prescritivo o informe de Política Lingüística) e, aínda máis, a posibilidade de que se estabelezan prazas nas que non haxa por que entender para nada de nada o galego, como indica Vieiros. Auténticos fitos na historia da nosa cultura, si, aínda que fitos na tentativa de laminala.

Con dúbidas

Hoxe publica La Voz de Galicia a transcrición parcial dun debate que nos propuxeron entre Gloria Lago, a hipermediática presidenta de Galicia Bilingüe, e eu como presidente da Mesa. Non é fácil decidir que facer. Está o problema de que se poida caer nunha presentación equidistante entre ambas as entidades, como se fose o mesmo o agresor e o agredido, ou como dicía alguén nalgún blog, como se fosen o mesmo Rosa Parks (todo o que de colectivo significou) e o Ku Klux Klan. Con certeza, a fotografía que se publica, no resultado final, dá unha imaxe ben negativa, e agora mesmo teño que recoñecer que foi un erro grande prestarme a ese xogo.

Mais, claro, hai outro problema que non se pode esquecer. A Mesa non ten fácil acceso aos medios de comunicación con maior incidencia. Vou pór un exemplo moi clariño: nos 23 anos de historia desta asociación, os dous presidentes e a presidenta da Mesa, tiveron, todos xuntos, tantas entrevistas nas páxinas de Galiza no diario que nos convocou a ese debate como as que tivo Gloria Lago nos tres primeiros meses do ano 2009. E talvez me pase, porque nos sete anos que levo como portavoz da asociación, nunca tiven ningunha.

A cousa non é doada. Teño que recoñecer que non estou nada contento co resultado do que publica hoxe a Voz, mais tamén observo que calquera saída sería difícil. Ao menos, tento ver que se puideron introducir algúns dos argumentos da Mesa; de forma parcial e secundarizada, mais están. Aínda que teño que recoñecer tamén con humildade que non acabo de saber se o investido compensa de verdade o gañado.

26 comentários:

  1. Hai cousas que non se poden controlar nun debate, pero tamén é certo que non hai argumentos para non acudir a debater. Son poucos os que están en frente, pero teñen moito poder e saen continuamente nos medios. A MESA, non. Mellor saír regular que non saír. Hai frases que dis hoxe na Coz que é importante que se saiban e se repitan. Se non foses, só leríamos outra vez os mesmos contos de Galicia Bífida e os mesmos artigos venenosos de Blanco Valdés e tropa.

    ResponderExcluir
  2. Sobre o novo secretario non teño moi claro esa suposta transversalidade que el mesmo se outorga, e se así é gustaríame escoitarlle algo sobre o que o PP ten pensado na Función Pública e na Sanidade. Segue sen mollarse nas súas declaracións, parecendo querer contentar a todo mundo e insistindo na súa independencia: será, digo eu, independente do partido que sustenta o goberno, mais non así do propio goberno que o nomeou.

    Respecto ao segundo, entre acudir ao debate e non acudir, e dar pé a que poñan algo así como "A Mesa foi convidada, pero non quixo asistir", pois penso que mellor é estar que deixar que falen por un e só se escoite unha voz.

    omouchoasexante

    ResponderExcluir
  3. VANALIDADES, VANALIDADES... ESSA É A CONCLUSÃO Q SE SACA LENDO LA VOZ SOBRE AS ARGUMENTAÇÕES DA MESA. NÃO ASSIM SOBRE GLORIA LAGO.
    SO TINHA Q SER AZEITE ESSA ENTREVISTA SE ELA TAMBEM FOR A UMA ENTREVISTA DE VIEIROS. P.EX. CRASO ERRO.
    ATÉ OS ELEMENTOS ESTÃO COM ELES...

    AMPLIEMO-LAS MIRAS.

    ResponderExcluir
  4. Penso que tampouco está tan mal feito. De todos os xeitos, como se apunta nalgún outro comentario, non ir daría pé a que se criticase á Mesa por iso... e os argumentos están ben tamén ;)

    Porén, si que é verdade que o que nos convén agora é afastarnos da idea de que A Mesa é unha especie de antagónico da (mal chamada)"Galicia bilingue". Que a sociedade non se confunda: a Mesa é unha organización moito máis grande e que busca a normalización do galego e a igualdade de dereitos entre linguas, e o outro é un grupúsculo que pretende a desaparición do galego. É difícil, xa o sei, mais algún xeito debe haber de abrir os ollos da sociedade para que non se deixe enganar polas constantes mentiras que se filtran co apoio das nosas propias institucións...

    ResponderExcluir
  5. Concordo com muitas cousas das ditas neste artigo:

    1.- Não é o mesmo uma organização reaccionária e antidemocrática como Galicia Bilingüe do que uma associação democrática e que conta com o aval de muitos anos de trabalho (com o qual podemos concordar ou, como no meu caso, discrepar).

    2.- Não é o mesmo quem representa as vítimas (a Mesa) que os verdugos (GB).

    3.- O resultado da entrevista é muito negativo para a Mesa e parece um aval, uma legitimação para GB.

    4.- Com efeito, poucas vezes a Mesa conta com a atenção dos meios 'não afins'. Como sócio de uma associação com similares condicionantes, entendo-o.

    Acho que acontecesse o que acontecer, a imagem da Mesa ia resultar danada. Danada se acudia, legitimando assim a GB como interlocutor válido, e danada se não acudia, porque se prestaria à fabulação por parte da Voz.

    Realmente foi uma ARMADILHA em toda regra na que a Mesa e o seu presidente tinham todas as de perder... salvo que se exigisse por parte de Gloria Lago alguma reciprodicade, como a de manter o mesmo debate também num outro meio.

    O lamentável, acima de tudo, é que GB tenha acaparado mais notícias no último ano e meio do que TODOS os colectivos normalizadores (AGAL, AS-PG, Mesa...) nos seus perto de 30 anos de vida.

    ResponderExcluir
  6. Sen querer abondar nas dúbidas, o domingo ao mirar a portada do citado medio, sentinme con razóns para mercalo, supoño que como moitas dúcias de miles de persoas preocupadas polo devir do noso idioma, boas e xenerosas. Afortunadamente deime conta a tempo da súa xogada; imaxinei ao editor no seu despacho coruñés lendo a prensa do luns 18 e convocando unha reunión informal na que preguntou: "alguna idea de enfoque para darles en las narices a estos papaostias?" e inmediatamente un pelota engominado respostando: "Si, si, señor, podemos entrevistar al Callón y a la loca esa. Los ponemos frente a frente y les sacamos una foto en plena algarada". O editor conclúe "Cojonudo! y encima nos compran 40.000 ejemplares!".

    Por certo, non acudir á encerrona non significaría as consecuencias que prevedes, simplemente: sen a MESA non hai portada, non hai vendas, non hai "repesca" de leitores e compradores; non habería xustificación para erguer esa plana, sería delatador. En lugar de perder a lexitimidade definitivamente con decenas de miles de leitores metéronse de novo (tampouco tanto) na "pomada".

    Errar é humano, recoñecelo de sabio, bon e xeneroso. Unha aperta.

    ResponderExcluir
  7. Persoalmente; coido que foi un erro estratéxico. Temos que ter en conta unha cousa: GB non ten importancia mediatica se a Mesa non existe mas; se a mesa procura intensificar a loita contra Feijoo as cousas mudan de sentido.

    Non hai que darlle a GB máis importancia da que ten. Saír na portada con Glora Lago pon a GB á mesma altura que a Mesa. O que compre facer é silenciar (ignorar) a GB e centrar os nosos esforzos no ataque ao PP e a Feijoo: que se vexa que a loita é entre a Mesa e o PP. O PP, aínda que pareza incribel, entrará nesa dinámica porque eles sinten como un lastre a asociación dos bífidos. Por tanto; a vindeira entrevista terá que ser entre Callón e Feijoo (ou quen corresponda), como foi toda a vida. GB non éxiste!! Non lle deamos máis cancha.
    Aproveito para sinalar que GB naceu un més antes das eleccións cando, na manifa de Compostela, houbo carga policial contra o "sector independentista". Foi outro grande erro estratéxico, como foi a "laranjada" contra o Antonio Piernas. Se non houbese carga, GB non tería saído na prensa, non existiría, e ao mellor... Feijoo, on non estaba na xunta, ou non se proporía levar a cabo o maior retroceso do noso idioma na súa história.

    Sentidiño; hai que ter sentidiño (que podemos ser máis listos cona!!)

    ResponderExcluir
  8. Acho que... já está.

    A próxima haveria que dizer que sim, mas falando as duas pessoas em Espanhol e com o compromisso de fazer outra a semana seguinte falando ambos em Galego.

    A presidenta Galicia Bilingue não é bilingue Galego-Espanho.

    E o consenso acabou-se. Há que liberar a iniciativa da associação!
    José, sócio do Barbança.

    ResponderExcluir
  9. "Se non houbese carga, GB non tería saído na prensa, non existiría, e ao mellor... Feijoo, on non estaba na xunta, ou non se proporía levar a cabo o maior retroceso do noso idioma na súa história."

    Acho que estás equivocado. Sairiam igual. E cargariam igual, ainda que fosse contra os ridiculistas. Tudo foi planificado: desde os polícias andaluzes até os contra-manifestantes infiltrados do CNI ou do que raio seja pago com os nossos impostos.

    Contudo, isso sim, dar-lhe o que queriam foi um erro.

    ResponderExcluir
  10. Como membro da Mesa coido que temos que estar en tódolos sitios onde nos reclamen así sexa no mesmo inferno. O problema sempre é non estar.
    Non lles vaiamos a poñer "a güevo" o argumento da intransixencia e as modos en contra da libertade de expresión.
    É posible que todo sexa unha manobra da Coz para recuperar lectores galeguistas pero de nós depende actuar intelixentemente.

    ResponderExcluir
  11. Penso que foi un erro tremendo ir a esa entrevista, así como a calquera ouro tipo de acto no que nos presenten a nós como antagonistas de GB. Moitas dos 50.000 irmáns e irmás que nos xuntamos en Compostela, levamos unha enorme desilusión ao ver ese xornal.

    O que vaia dicir LVG, a estas alturas da película, debería darnos absolutamente igual.
    Outro factor a considerar de vagar é a incorporación ao boicote a ese medio de desinformación.

    Alguén dubida de que non deberíamos ir a unha entrevista que nos concedese o voceiro de Falange Española, aínda supoñendo que ese voceiro tivese milleiros de leitores? Pois no noso caso, non vexo diferenza con LVG.

    En todo caso, transmito un desacougo xeralizado entre os socios da MESA cos que tratei desde onte (aprox. unha ducia). Todos comentaban o seu enorme malestar coa entrevista.

    Compañeiros/as, creo que hai que reformular esta táctica de aquí ao futuro, e habería que marcar unha directriz xeral vinculante.

    Apertas fraternais

    ResponderExcluir
  12. Vaia Carlos, o teu "erro" de ir á entrevista provocou o meu "erro" de lela. E rompeu o boicot que lle fixera a LVG (que por suposto vou seguir mantendo).

    :)

    Non te preocupes, fose un erro ou un acerto só se trabuca quen o intenta.

    A cousa esta clara, estes señores/as queren practicar desobediencia civil ao galego. Algunhas desobediencias civís son moi boas (ao servicio militar por exemplo). Outras son vergoñentas. Porque ao fin e ao cabo a razón pra exercer esa desobediencia civil é o menosprezo ou, peor aínda, o odio ao galego. Así de sinxelo.

    ResponderExcluir
  13. Eu lería unha e mil vecesisto ate interiorizar ben o seu significado.
    Están gañando a batalla con dúas ideas simples e básicas: "libertad" e Imposición"
    Contraataquemos coas nosas ideas simples e básicas: "odio" e "apartheid".
    Deste último temos á nosa disposición toda a iconografia.

    ResponderExcluir
  14. Acabo de ler a entrevista na internet e non vexo por que foi un erro.

    O que si me parece é que aqueles que facemos algo tan lóxico e evidente como defender a lingua dun país no propio país en que se fala con demasiada facilidade somos avasalados por discursos contrarios ao idioma que se fundamentan en tópicos e prexuízos como "la libertad" e "la imposición del gallego".

    Fáltanos unha mellor argumentación e unha mellor imaxe pública que, aínda que non nos faga gañar adeptos, polo menos que non nos faga incrementar os adversarios.

    ResponderExcluir
  15. O meu perruqueiro só fala galego. Cando os seus fillos (8, 9 anos)
    entran na barbería para falar co seu pai, fano sempre en galego. O mesmo os seus pais e irmans. Nese ámbito nunca escoitei falar outra cousa ( é un barrio popular).
    Onte, mentras me cortaba o pelo, comentaba a situación tan tremenda que vivimos, onde o galego estábase a impoñer e xa prácticamente está prohibido falar español. Eu fiquei tan atordoado que non souben ben que dicir ( tamén influíu velo tan seguro e coa navalla e as tesouras na man).
    Poucas veces tiven a sensación de presenciar a alienación de alguén tan claramente.

    ResponderExcluir
  16. Eu tamen acabo de ler a entrevista e na miña modesta opinion si que foi un erro.
    Certo é que o primeiro que se pensa é que estuvo ben pero reflexionando un pouco, o que se fixo foi entrar no xogo ademais o que menos fai falta aora é darlle "bombo" a un xornal escrito en castelán.

    Adryana

    ResponderExcluir
  17. Non creo que haxa que darlles tantas voltas a se foi un erro ou non. Hai que ir a falar, non queda outra. GB ten a presencia mediática asegurada, A Mesa non, non creo que encerrarse en medios afíns sexa unha solución a nada. ¿Ou pensades que Gloria Lago vai rexeitar unha entrevista para Xornal, ou A Nosa Terra? Seguro que non. Hai que ir, que ninguén conte con gañar a batalla dialéctica tan pronto. Polo de agora, amosamos as cartas na manifestación, a nosa forza, agora ven un traballo penoso e duro que durará anos, pero estou seguro de que gañaremos a batalla polo galego. SE queremos que outros sectores como o PSdG e outros sindicatos apoien as nosas reivindicacións, hai que estar nos medios, sexan cales sexan.

    ResponderExcluir
  18. O erro non vos está en acceder a unha entrevista, con quen sexa!, na Voz da Malicia ou noutro medio. O erro estavos en non ter un discurso claramente OFENSIVO na defensa dos dereitos lingüísticos.

    IMPOSICIÓN SI!, LEXÍTIMA IMPOSICIÓN DA LINGUA PROPIA FRONTE Á ILEXÍTIMA DUNHA DAS ALLEAS. Tan lexítima coma a imposición do castelán en Castela.

    SEGREGACIÓN SI!, GALEGO AQUÍ, CASTELÁN ALÍ.

    LIBERDADE SI!, A MESMA AQUÍ PARA USAR A LINGUA PROPIA DO TERRITORIO COMA ALÍ (CASTELA) PARA USAR A PROPIA DO TERRITORIO.

    A LINGUA OFICIAL NON DÁ DEREITOS, IMPÓN OBRIGAS ÓS PODERES E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (a través dos seus empregados públicos e autoridades).

    CASTELÁN LINGUA INÚTIL PARA OS GALEGOS!: NECESITAMOS O INGLÉS PARA IRMOS POLO MUNDO.

    Etc. Etc.

    LOIS DE SILÁN

    ResponderExcluir
  19. CAALLOOOOOOOOOOOOOOOOOÓNNNNNNNNNNNNNN

    pero aínda non vos decatástedes da argumentación que sempre repite esta asociación da extremo dereita? Guindádelle abaixo dunha vez esas parvadas.

    Nesta entrevista está máis que á vista, comeza e remata coa mesma historia
    "Defendemos la libertad de los padres para elegir la lengua de enseñanza, como se hace en todos los sistemas democráticos en los que hay más de una lengua oficial."
    "Nadie se puede oponer a lo que se hace en Europa. La sociedad no se descohesiona, los niños en Finlandia son felices, aquí algunos no por el problema de la lengua."

    En Europa hai países coma Bélxica ou Suíza que non impoñen un idioma alleo e o fan común por imposición, como nos fixeron aos galegos co castelán. Á outra beira do noso Miño só é oficial o portugués.

    A conto de que vén o de Finlandia, cal é o paralelismo, a poboación de orixe sueca sería a que fala castelán? tamén son de orixe foránea? ou seríamos os galego falantes os que chegamos da Lúa?
    Que % de galegos non ten ao menos avós co galego coma lingua materna? Non temos estatísticas, enquisas, estudos? Se até se atreven a falar do castelán en Galiza desde hai non sei cantos séculos, quen o falaba? que % representaba do total da poboación? quen é descendente destes?
    Co que si nos lembra á historia e á sociolingüística galega non están dacordo
    "O caso de Finlandia –país con cinco millóns de habitantes–, merece comentario por se tratar do país que sempre aparece coa máxima puntuación no informe PISA, parámetro do rendemento educativo dos estados da OCDE.
    Finlandia estivo dominada polos suecos ata 1807 e polos rusos ata 1920, cando acadou a independencia. Só desde 1920 o finlandés é cooficial co sueco, antes era só a lingua da familia, a lingua minorizada, desprestixiada para usos oficiais, mentres que o sueco era a lingua “importante”."
    http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/

    Mesmo xa atacaron a Anxo Lorenzo por relacionalo con esa campaña.

    Ollade como toman ao persoal por parvo que até poñen o exemplo de Bruxelas para Galiza, Bruxelas é bilingüe en holandés e francés porque é a capital de toda Bélxica, de Flandres e de Valonia.
    Os galego falantes son galegos A e os castelán falantes galegos B? galegos e gallegos? galegos e españoles del noroeste?

    Eu a foto non a interpreto mal, e aconséllote Carlos que vaias a todas e cada unha das entrevistas ou debates, e se dubidas da posíbel manipulación grábao ti, ás agachadas ou á vista, e eles saberán que facer porque ti podes colgar na web d'A Mesa o vídeo ou o son.

    O que seguramente é imposíbel atopar en Europa é unha asociación que se fai chamar "bilingüe" e á vez poida dicir:
    "intercomunicarse sin llegar a lo mejor tan siquiera a hablar gallego"
    "muy poquitos que sean capaces de llevar el bilingüismo sin demasiados problemas"
    "Galicia es bilingüe... pero eso no quiere decir que todos los hablantes de Galicia tengan que ser bilingües"
    "yo no he usado en mi vida el gallego, ya ves"
    José Manuel Pousada y Gloria Lago, vicepresidente e presidenta de Galicia Bilingüe
    http://www.youtube.com/watch?v=rzsdWQRI8jA

    ou dicir iso de que os territorios non teñen linguas, non falan, para estar en contra da denominación de "lingua propia de Galicia" do actual estatuto e á vez poñerlle o nome de "Galicia Bilingüe", porque co "Tan gallego coma el gallego" non ían a nengunha parte e así poden enganar, estafar e intoxicar lingüisticamente(que da etílica xa non pode a Sra Lago). O cerebro é o marido e vicepresidente(que casualidade "democrática" e representativa o matrimonio ao fronte), ela é a face feminina e maternal.

    ResponderExcluir
  20. Non sei se foi erro ou non, pero non o fas mal na entrevista. Hai que ter en conta que xogabas en campo alleo, moi alleo. E como dí un refrán, "só pican os toxos do camiño que andas", se non chegas aceptar a entrevista vai ti a saber o que sairía agora na Coz...

    ResponderExcluir
  21. A cousa é moi sinxela: GB carece de argumentario. Todo o que di en contra da campaña da Universidade de Vigo é frotio da súa ignorancia. Carecen de formación e non manexan fontes secundarias de calidade. Dito isto, o que non ten sentido é que te sentaras a falar coas persoas que están a outro nivel, dándolles xogo mediático. Esa é a estrutura ideolóxica da dereita: rearticular o seu ideario en función do que len e escoitan. Por iso, recoméndoche que non actúes con tanta paixón e penses ben os pasos que das. Non poucas veces, o teu ego faille un fraco favor ao necesaio debate sobor da lingua.

    ResponderExcluir
  22. Non me gustou nada a entrevista, non polo que se dixera nela, senon polo aval dado a un montaxe como é GB.
    Eu coido, dende a miña ignorancia, e meu peor galego, que temos dunha vez que pasar a acción, que o idioma non pode agardar mais polos politícos.
    Penso que temos de facer unha rede popular de ensino en galego, pluralista e laica. Podemos, temos que autodeterminarnos, deixemonos de dicir que si nos imos a getizar, e parvadas.
    Nun mesmo colexio non se pode segregar por razón de lingua, nin por ningunha outra. É preciso escolas en galego, a dereita sabe que o único xeito é de forma privada, e está convencida de que o pobo (o popular, os aldeans, os parviños) no ten a capacidade de facelo, e que os seus "defensores" lles vai mais o laio que a acción, por iso nos refrega que no público van a rebaixar o 50%, de que van a segregar, de que van a minusvalorar o galego para darlle as asignaturas menos importantes, que van a subvencionar o ensino privado, religioso, en español, sen problema (incluso o disfrazarán con bilinguismo, libertad y unos bailes folcloricos).
    Somos quen, e imos facer, ensino en galego. Un berro perigoso, lembraste Carlos, escoitouse na Quintana este berro por varias veces coreado,unha magoa que non fose repetido polo micro, para que fose unánime.
    Por un ensino en galego de calidade,estanse a recoller apoios, imos nos 400 en menos de mes e medio, pero chegaremos e superaremos os 3000 e faremos, ignorando aos feridos e duros, aos imbeciles e escuros, faremos ensino en galego.
    Agardamos que quenes pregonaban valentía cando as eleccións non asuman o rol de escravos e se liberen, participen na tarefa colectiva.
    Vos agardamos a todos e todas, a ti incluido noso bon Carlos.
    Quen permanece sen facer, nunca erra, unha aperta de Francisco de Limiar, promotor de Galiza co galego.

    ResponderExcluir
  23. Xa que todo o mundo dá as súas opinións, eu tamén vou dar as miñas:
    - Nos debates hai que estar.
    - O resultado final dese cara a cara favorece máis á Mesa que a GB (hai unha parte do cara a cara que sae en papel e non na web que está especialmente ben).
    - Sempre haberá quen critique algo, pero A MNL ten máis presenza e máis forza hoxe que hai unha semana e que antonte. A manifa ten moito que ver, non hai dúvida, e é un capital que A MNL ten que xestionar.
    - A túa presidencia d'A MNL está a ser moi frutífera. Xa sei que sempre dis o do colectivo e todo iso, pero as enerxías tamén teñen nomes e apelidos. Somos moit@s @s que miramos con detemento o que ti pensas, que crea opinión e da forza. Así que tes que levar o peso desa responsabilidade. Cando erras, cando acertas e cando tes dúbidas.

    R.S.

    ResponderExcluir
  24. Carlos, eu teño criticado moitas veces o que fas, mais ese debate non foi un erro, en absoluto.

    Fixéchelo moi ben, fuches pedagóxico e eficaz nas tuas respostas. Gañas claramente. Dixeches todo o que podias dicir nesa situación, e non dubido de que pagou a pena que o dixeras.

    E ela queda do que realmente é: de matraca repetitiva e falsa.

    Como proba de que o fixeches ben: Xa verás como non te volven invitar.

    ResponderExcluir
  25. Sentín vergoña lendo estas túas declaracións, Carlos. Non podemos ser máis papistas que o Papa. Gostaríame que non se repetisen

    http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=1177

    ResponderExcluir
  26. AO ANONIMO DE COR LARANXA SO DICIRLLE QUE O CAMIÑO É A PALABRA. AS VERBAS DITAS CO CORAZON E A CABEZA. NON SO COS IMPULSOS POUCO MEDITADOS DALGUNS. ESTES PASOS EQUIVOCADOS DALGUNS COSTAN MOITOS PASOS DE RETROCESO AOS DEMAIS QUE LOITAN DIA A DIA SEN CUBOS DE PINTURA.

    ResponderExcluir