5 de mai. de 2009

A mellor comunicadora

Coñecina aló por 1996, cando eu andaba en primeiro de carreira e ela estaba tamén entre as pouquiñas persoas que nos reuniamos na rúa da Algalia en Santiago nun pequeno grupo denominado Plataforma por unha Universidade Normalizada (PUN). Hai tempo xa que non coincido con ela máis que véndoa ou ouvíndoa nos medios.

Vén de recibir agora o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión, e moitas e moitos agradecémoslle de corazón as súas limpas e claras palabras no momento de recoller o galardón:

7 comentários:

  1. Unhas palabras cheas de moitísima dozura.

    ResponderExcluir
  2. Encantaronme... o vin por casualidade facendo zaping e puxenme a aplaudir coma un tolo na casa!!

    ResponderExcluir
  3. Levo tempo vendo o seu programa só para vela a ela.Por iso alegreime moito que alguén mais ca min valorase o seu traballo.
    A verdade é que un enmudece escoitando a Belén. Non sei de "onde" sae esta rapaza pero dignifica o oficio de presentadora nunha TVG demasiada afeita a Gayosos e Tonechos. Si ata o de agora tiñamos que estar fachendosos de ter unhas das mellores equipas de realización de series de ficción con extraordinarios actores... agora con Belén as futuras presentadoras que, coma ela, dominen a nosa língua, que literalmente " se coman a pantalla" e que transmitan valores positivos e modernos cara a nosa língua... TEÑEN ONDE APRENDEREN. Porén, témome que as andanzas na TVG dela tocan axiña ao seu fin... pois imaxino que son xa moitas as ofertas que terá da Tele española. Dende aquí pedila que siga con nós... e que se atreva cun late-night de calidade,"urbanita" que non caia nos estereotipos da Galiza e poda conectar cos espectadores xóvenes da TVG... á que, por forza, levan anos botándonos dela os programadores da canle pública. "MPDM".

    ResponderExcluir
  4. Espectacular, rotunda, eficaz, elegante. Non canso de vela, non canso de escoitala.

    ResponderExcluir
  5. Sábado, na Feira do Libro de Santiago, dous xornalistas da TVG (Loli Gómez e M. Estévez) conversan antes de ela entrar en directo, paso onda eles e a conversa é EN FLUÍDO ESPAÑOL. estes só viven do galego, sei ben que Belén regueira non é desa caste. Parabéns!!!!!!!!!

    ResponderExcluir
  6. Pouquiña pouquiña, a xente da PUN nunca fumos... A las beirarrúas, a las beirarrúas, por el triunfo de la normalización!!!

    ResponderExcluir