6 de jun. de 2009

A pseudoconsulta e a austeridade

A crónica en Galicia Hoxe da presentación da pseudoconsulta da Consellaría de Educación finaliza así:
Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, limitouse a reiterar as afirmacións de Vázquez e a colocar en posición correcta o rabudo micrófono do conselleiro.
Se o departamento de Política Lingüística está para isto e para asinar informes para que o galego non sexa un requisito no acceso a un posto de traballo público, por favor que quiten esta secretaría xeral no próximo anuncio de austeridade.

Falando de austeridade, a Xunta asegura que a impresión, distribución, recollida e tratamento destes 330.000 "cuestionarios" custaranos a todas e todos disque 200.000 euros, aínda que a cantidade é moi probábel que sexa ben superior.

Um comentário:

  1. Manda chover na Habana!!!
    A equisa é todo un modelo para unha facultade de Socioloxía. Primeiro, non existen materias troncais o que demostra o ANALFABETISMO terminolóxico da propia administración. Segundo, os pais saberán cales son esas materias? Segundo, imos ter libros bilingües como a enquisa? Terceiro, en que enquisa se viu que se fale de "maioría". Que é a maioría, 0 51% ou o 99%?
    Por certo, e sigo co ANALFABETISMO desta administración. Na mensaxe enviada aos centros é vergonñenta a redacción "cumprimentaranse nun longo prazo de varios días, ata 0 19 de xuño" Isto asinado por o conselleiro é para dicirlle que volva á escola.
    Creo que debedes pedir ás direccións dos centros a obxección ou a non colaboración con estas mamarrachadas.

    ResponderExcluir