Os mesmos que queren reducir a presenza do galego no ensino din que con ter cursado a materia deste idioma no ensino obrigatorio e ter o conseguinte "papeliño" xa non será necesario demostrar as competencias reais nesta lingua.
Curioso que tal consideración só se lle aplique ao galego e non a ningún outro coñecemento que, como requisito, haxa que amosar nas oposicións, aínda que se teñan moitos outros "papeliños" que o certifiquen.
Orballo explícao hoxe á perfección en Xornal:
Agora tócanos a nós reclamar o dereito non só a que nos entendan, senón a que nos atendan en galego nas administracións. É un dereito básico recoñecido pola lexislación e cómpre que fagamos sempre esa solicitude, con amabilidade mais con firmeza. Se nós non o facemos, ninguén o vai facer por nós.
As certificacións de galego vainas facer o mesmo conselleiro que certifica obras sen rematar??
ResponderExcluirPREGUNTO: A día de hoxe, pódese esixir que nunha administración pública (poñamos por caso, Facenda) se dirixan a unha en galego, se o galego é o idioma empregado pola persoa que acude á administración? Eu até agora contenteime coas conversas bilingües. Pero esta semana estou ben de rebote, porque me volveron coa manida acusación da miña falta de educación por non cambiar a castelán cando alguén me responde nesta lingua. (Inexplicabelmente este argumento non parece apropiado no caso inverso, cando alguén maleducadamente responde en castelán a unha persoa que iniciou a conversa en galego).
ResponderExcluirA lei do Estatuto do empregado público estabelece (despois dunha emenda introducida polo BNG no Congreso) o dereito a recibir a atención tamén na lingua propia e cooficial diferente do castelán. É unha norma estatal que afecta a todas as administracións e empresas públicas.
ResponderExcluirSe tiveres calquera problema con ese tema, escribe a linhadogalego@amesanl.org ou chama ao teléfono 902 10 64 74.