15 de ago. de 2009

'A Mesa, se non existise, habería que inventala'

Este é o titular co que Xornal de Galicia anuncia hoxe na súa portada unha "entrevista impertinente" comigo. Na versión dixital, a manchete é outra: "Na intimidade teño falado castelán". Vese que a xornalista non errou á hora de chamar a atención, porque aparece como a noticia máis lida do día neste medio.

En calquera caso, hai un erro importante. Na presentación din que teño "pouco máis de 30 anos", cando a realidade é que teño 30 xustiños. Ao menos, até dentro de 15 días :P

4 comentários:

  1. 30 exactos non, en todo caso 30 anos 11 meses e 15 días, o periodista non errou de todo :)

    ResponderExcluir
  2. En Galiza ninguén ten prohibido Falar hespañol, nin sequera os que somos militantes do BNG, Case todos os Galegos, como persóas educadas que sómos, se alguen non nos entende na nosa lingua falámoslle na súa, o que non quere dicir que por falarlle a algún Hespañol no seu idioma xa deixemos de defender o Galego. O GALEGO ESTÁ EN PERIGO e tódos os Galegos témos que defendelo.
    como reza un artigo en vieiros " sen nabo non hai nabiza e sen Galego non hai Galiza"

    ResponderExcluir
  3. Eu a esa pregunta non contestaría, ou a formula doutro xeito ou non a contesto. Os xornalistas en xeral son uns sinvergonzas http://bit.ly/2UORjf

    ResponderExcluir
  4. Ao anónimo: Acepto barco. Como animal acuático :)

    Á Fiona, ao Imeneo e sobre todo a algún comentario que me deixaron no tuenti e no facebook: Obrigado polo agarimo, mais ese é un estilo de xornalismo humorístico (supoño que terá un nome máis técnico, que descoñezo) que ten as súas regras. Penso que a manipulación nos medios, e ben grave por certo, está noutros sitios e noutros faceres. A engrazada ligazón que pon o Imeneo é un bo exemplo.

    Xosé Manuel, estou de acordo. Temos que coller renovados folgos para defender a nosa lingua con forza e intelixencia neste novo curso escolar.

    ResponderExcluir