19 de ago. de 2009

Son as 11.30 do 19 de agosto de 2009 e a conselleira de Traballo aínda non demitiu nin foi cesada

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, nomeou no seu día e agora respalda como directora xeral no seu departamento unha muller que acaba de ser condenada por despedir de forma improcedente unha traballadora sen contrato e sen estar dada de alta na Seguridade Social.

A CIG informou onte de que hai outras dúas traballadoras que tamén interpuxeron denuncia contra Ana María Díaz López, a directora xeral de Formación e Colocación condenada por sentenza firme e inapelábel. Estraña "formación" e deplorábel "colocación", non vos parece?

Hai medios que están a silenciar esta gravísima situación. Mais os cidadáns e as cidadás, as e os contribuíntes, temos que denunciala con todas as nosas forzas e exixir a demisión ou cesamento non só da directora xeral condenada, senón tamén da conselleira que xustifica e ampara estas ilegalidades que supoñen un pésimo exemplo para todas e todos. Son as 11.30 do 19 de agosto de 2009 e aquí aínda non se fixo nada.

2 comentários:

  1. parece que é tempo de calar, cantas cousas temos que denunciar estes días e parece que todo vai xenial, cómpre reaccionarmos!
    Nasa

    ResponderExcluir
  2. Nin, desgrazadamente, sucederá nada

    ResponderExcluir