10 de set. de 2009

Unha causa vital para o pobo galego

O vindeiro 19 de setembro, sábado, o BNG vai realizar unhas xornadas de formación en Pontevedra so o nome "A defensa do idioma, unha causa vital para o pobo galego". Aquí podedes consultar máis información sobre como se desenvolverá o programa.

Unha semana antes (mañá e pasado), na mesma cidade, a Deputación de Pontevedra organiza, con Galicia Bilingüe, unhas outras xornadas. Esas están pagas co diñeiro de todas e todos e o que fan é alentar os prexuízos contra todas as linguas existentes no Estado que non sexan o castelán.

Como eles mesmo recoñecían, é a primeira vez en todo o Estado, e en toda a historia da democracia, que unha administración financia unha actividade como esta. E non é de estrañar. Reparemos no sectarismo de convidar só a unha parte (a máis extremista contra a diversidade lingüística) e de nin tan sequera realizar mesas redondas para contrastar opinións, cando menos de profesionais da pedagoxía.

Esas non son xornadas de formación. É un mitin de extremistas.

2 comentários:

  1. Douche toda a razón: Non son xornadas de formación. Isto non se pode permitir. Eu son galega e falo galego dende que era cativa e non entendo como poden existir galegos que reneguen da súa lingua. Non esquezamos que a nosa lingua é cultura.

    Biquiños (dunha ex alumna do IES de Ames)

    ResponderExcluir
  2. Carla Capeáns é unha magoa que algo tan evidente teñase que dezer.Acabo de ver o teu bloq,moi bo, xa tes un fervente seguidor.
    Respeito os bífidos estou cada vez máis convencido que timos unha grande sorte con iles, a sua experta finesa dalle a razón o bipartito,e ninguen serio os quere apoiar
    http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2009/09/13/repartir-materias-lenguas-son-proximas/367802.html

    E bo para o galego que o debate se plantexe baixo os paradigmas liberais( rigurosos , certeiros e modernos) onde a defensa do galego gaña sen discusión.Areas moito máis movedizas son as ideas progresistas(volubles erraticas e melancólicas), as que gostan ao sr Callón, onde a irracionalidade ten máis cabida.Por certo vin o outro dia o teu debate en populartv, e de verdade estiveste ben, e non era fácil.

    ResponderExcluir