26 de out. de 2009

Entre a censura, a terxiversación e a demonización


O artigo desta semana en Galicia Hoxe aborda a manipulación e o silenciamento informativo da histórica mobilización do pasado 18 de outubro. Aínda que o artigo é ben longo, non me daban os caracteres para estenderme tamén á polémica entrevista (ou debate) do día 19 no programa Foro Aberto, sobre a cal, polo demais, penso que fica ben pouco por dicir.

A ilustración desta entrada é dun dos varios xestos provocadores do cámara da TVG tanto cara aos manifestantes como cara aos outros compañeiros gráficos. Esta imaxe en concreto tomouna o coñecido fotógrafo Xan G. Muras, mais as testemuñas dese día, que se contan por máis que centos, saben que non foi o único desaxeitado pola súa banda.

Aínda que o mínimo que se pode requerir perante tal comportamento son unhas desculpas, como digo no artigo "non fai ningún sentido centrarnos no elo máis feble da cadea. Tanto porque sería inxusto (a inmensa maioría dos xornalistas, cámaras etc da TVG caracterízanse pola súa profesionalidade e bo facer) como pola súa operatividade". Ten que ser cara aos responsábeis políticos da hipergobernamental TVG cara a quen vaian directamente as nosas críticas e as nosas reclamacións.

Velaquí o texto que podedes ler con maior comodidade na edición impresa de hoxe do único diario que todos os días da semana sae á venda no noso idioma:

Manipulación e silenciamento
Por unha RTVG digna, críbel e ao servizo do país


Un redactor da televisión pública galega laiábase de que o pasado domingo 18 de outubro fora un día negro para o xornalismo en Galiza. Referíase ás supostas agresións e coaccións contra o xornalista e o cámara que cubriron a maior manifestación da historia en defensa do galego, así como aos imparábeis berros de “Televisión, manipulación!” que se coaron en directo no telexornal do mediodía.

Aínda que por motivos ben diferentes, comparto a consideración de “día negro”. Estenderíao tamén á xornada seguinte, o 19 de outubro, na cal se deu outro triste paso na perda de dignidade e credibilidade da TVG. Desde a toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo, causa mágoa ver o descaro manipulador, censor e difamador, mesmo negándose a contrastar algunhas noticias ou a darlle voz á parte que discrepe co PP.

O 19 deu vergoña allea ver os informativos da mañá e o mediodía, nos cales se obviou de vez o relevo histórico da manifestación, a dimensión da participación, a diversidade dos seus apoios ou os motivos para a convocatoria. Para a televisión hipergobernamental, o único noticiábel é que foi unha “manifestación a priori pacífica”. Suponse, pois, que ao final foi violenta e por iso rotulan así a nova: “Atacan un equipo da TVG na manifestación a prol da lingua”. Pura mentira e difamación.

Eu non estaba no palco nese momento. Tiven que baixar por razóns familiares, aproveitando que acababa de terminar o primeiro acto de feche e a praza da Quintana se estaba a baleirar de manifestantes para se volver encher con outros milleiros que aínda ficaban fóra dela. Nada podía facer supor que a TVG ía aproveitar ese momento para facer unha conexión en directo na cal se podían ver as escadas traseiras da praza case vacías, cando só até había uns segundos non podía entrar nelas nin unha soa persoa máis.

Portanto, a información que teño provén tanto do que me comentaron como dos testemuños gráficos do acontecido. No vídeo de youtube que emitiu a TVG o día seguinte para falar de ataques ao seu equipo escoitamos os berros da multitude, indignada cando desde a megafonía se pediu que apurasen para encher a praza, porque a televisión decidira conectar en directo agora que a Quintana se baleiraba.

No vídeo, observamos tres homes de diferentes idades increpando ao xornalista, mais sen faceren ningún condenábel e rexeitábel ademán de agresión. No informativo do mediodía acusan a un dos que “intimidaron” (sic) o equipo da TVG: “O intelectual galeguista Avelino Pousa Antelo chegou, incluso, ao insulto”, segundo a voz en off. Por se alguén non o lembra, a quen citan de forma denigrante polo seu nome ten 95 primaveras; no vídeo vese sostido polo seu caxato e regresando despois ao seu sitio apoiándose tamén nunha das varandas do palco.

Aínda que o compañeiro Avelino leva toda a súa vida asistindo aos actos na defensa do galego, nesta manifestación as pernas non lle permitiron facer todo o percurso, polo que agardou na Quintana a chegada da xente. No decorrer do acto tivo ademais que estar sentado nunha cadeira, excepto cando lle tocou facer a súa vibrante intervención, que foi sen dúbidas a máis aplaudida e emotiva.

Con 95 anos e apoiado no seu caxato, alguén se imaxina que Avelino Pousa Antelo poida ser un perigo? A resposta é que si que o é. Non un perigo para ningún tipo de agresión física, claro, senón para os que levan adiante este plan de extinción da lingua galega. Que unha persoa coma el siga en pé con tal claridade de ideas e con tal firmeza é un exemplo. Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao (a quen el coñeceu en persoa) e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística, é un elo de unión das diferentes xeracións que defenderon o noso idioma desde antes da ditadura até hoxe.

Estase a organizar un acto de desagravo a Avelino para responder á inxustiza deste –agora si– insulto por parte dos hoxe responsábeis da TVG. E digo ben: dos responsábeis. Porque é a quen diriximos as nosas críticas, non aos xornalistas detrás dos cales se parapetan, aínda que tamén con eles sexa lexítimo discrepar.

Así, paréceme triste que o compañeiro David Espiño (polo demais, un bo comunicador, sensíbel coa lingua e con moitas causas xustas) falte á verdade na conexión en directo do día 18 e diga que a manifestación xa terminara, cando nese momento só finalizara o primeiro dos actos de feche, con moita máis xente fóra que dentro da praza da Quintana.

Máis condenábeis e inxustificábeis son os acenos chulescos realizados polo cámara da televisión pública cara aos manifestantes, quen chegou ao punto de levantar o dedo corazón da man que tiña libre, mentres enfocaba a reacción da xente perante o seu xesto provocador. Dese momento hai imaxes que a TVG faría moi ben en emitir nos seus informativos.

Mais, como digo, non fai ningún sentido centrarnos no elo máis feble da cadea. Tanto porque sería inxusto (a inmensa maioría dos xornalistas, cámaras etc da TVG caracterízanse pola súa profesionalidade e bo facer) como pola súa operatividade. É como os que insultan a unha telefonista, explotada e mal paga, porque teñen un problema co telemóbel, co seguro ou coa conexión a internet. Pasamos un momento desagradábel e tenso, facémosllo pasar mal a unha persoa que non ten ningunha responsabilidade e, por riba, a chamada non serve para nada.

Un xornalista recomendábame que non désemos máis a batalla polo silenciamento e a manipulación informativa na RTVG, senón que centrásemos a nosa mensaxe na propia manifestación. Agradecín e agradezo o consello, mais tal e como lle retruquei nese momento, malamente poderemos transmitir a nosa mensaxe se se negan a recollela ou a terxiversan.

Onde está a pluralidade informativa da TVG cando se silencian todos os actos realizados pola plataforma Queremos Galego en todo o país? Houbo ducias de eventos en cidades e vilas das que nada se dixo na televisión autonómica, que só falou da existencia da plataforma no telexornal mediodía do 15 de outubro. Reparemos por exemplo na súa presentación nacional o pasado 30 de setembro, que tivo eco en practicamente todos os medios de Galiza excepto na TVG.

Chama a atención tamén que os responsábeis de informativos fagan da necesidade virtude e se xustifiquen argumentando que cubriron a manifestación. É que alguén cre que sería presentábel que a TVG non cubrise a maior mobilización da historia en defensa do galego e unha das tres maiores manifestacións dos últimos 30 anos? Non falamos da censura burda dos tempos de Fraga Iribarne, senón dunha manipulación máis intelixente e sibilina, mellorada tras a metedura de zoca das primeiras medidas informativas coas que se estreou Núñez Feijóo. Cubrírona, vaia se non. Mais reparemos en como.

Por favor, ide á páxina agalega.info, repasade o telexornal do día e procurade se nalgún momento se din os motivos da convocatoria. Só se poñen as críticas contra o goberno da Xunta na boca dos líderes do PSOE galego e do BNG, como se eles quixesen aproveitarse arteiramente da mobilización; no meu caso, como presidente da Mesa e, nese día, portavoz das entidades que conforman Queremos Galego, quitaron as miñas declaracións con máis chicha informativa porque ían como dardos contra o presidente da Xunta. O resto das radios e televisións foi o que recolleron. Ademais, reparade, tras as dúas noticias da manifestación saíron tres coa versión crítica do PP sobre a mesma. Unha vergoña á que hai que sumar a estratexia informativa do día seguinte, coas insinuacións de que non foi unha mobilización pacífica.

Precisamos e merecemos unha RTVG que informe de forma veraz e plural, que estea ao servizo da sociedade galega, da súa cohesión e da súa prosperidade. Que cumpra, pois, coas razóns polas que foi creada.

23 comentários:

  1. Evidentemente, se todo o que Carlos Callón conta aquí é verdade, sobre todo o suposto xesto do cámara da TVG, o caso merece unha investigación política e laboral en toda regla. Con exposición e explicación públicas dos resultados.

    ResponderExcluir
  2. Señor Conde,

    "O suposto xesto do cámara da TVG" pode velo vostede na fotografía que acompaña a entrada do blog. Polo que me temo que ou ben o señor Callón é moi mañoso co photoshop, ou ben o que conta é verdade, incluído o xesto do cámara.

    Saúdos,

    ResponderExcluir
  3. Un aplauso, Carlos, non se podía dicir mellor.

    Para min e para a maioría dos compañeiros xornalistas a auténtica agresión lévana a cabo diariamente os servizos "desinformativos" desta TV en casos como este, nos que o trasfondo político leva a manipular e silenciar certos temas, mais, como ben ti dis, a culpa é dos responsábeis, non dos seus traballadores.

    Por iso sei, e é esta a única pega que poño ó artigo, que a Espiño non lle vai gustar que se lle cite, mais creo tamén que o eloxias, e iso é de agradecer, pero simplemente sei de boa tinta que quere que se esqueza este episodio e se lle deixe de asociar coa manipulación dos seus xefes...

    Unha aperta compañeiro

    P.D.: "Ou Carlos Callón é moi mañoso co Photoshop..." Haha, escaralleime con isto!! Para mañoso co Photoshop xa estou eu... ;)

    ResponderExcluir
  4. se de xestos falamos, sigo sen entender o teu apretón de mans tipo colega ó final da entrevista con Carlos Luis rodríguez

    ResponderExcluir
  5. No teneis ni idea! Tenemos una bandera, roja y amarilla,y si no os gusta os jodeis!
    Pero estamos en España ante todo! Y aunque no lo querais no os queda mas remedio que aceptarlo.
    A donde pensais que vamos cerrandonos con el gallego? Hay mucho mas mundo que Galicia! y el mundo no se acaba en la frontera con castilla y leon! asique salir de vuestro pueblo y conocer el mundo! que eso si que es cultura, no como el gallego este...

    No hay mas patri que la española, ni mas pais, ni nacion que España, Ante todo: Viva España!


    Aquie hablamos espaÑol!

    ResponderExcluir
  6. "Con dos cojones".

    Si fueras tan valiente, "anónimo", pondrías un enlace a tu página, no crees? Para poder discutir la idea de "nación". (Te hablo, o escribo, en castellano, para que veas que no somos tan "cerrados", aunque no debería...)

    En canto ó xesto, eu creo que aguantar o tipo e manter a compostura ás veces é máis rentábel que prantar a alguén, sobre todo cando se trata de gañar o favor dos que non están contigo en principio...

    ResponderExcluir
  7. Lo primero esque no pongo enlace, porque no tengo pagina...
    Lo unico que se, esque con el gallego no vamos a ninguna parte:

    Tanto quereis las escuelas en gallego... para que? para que mas adelante, los jovenes, que son el futuro, no puedan salir de Galicia? Ya que no saben nada mas que el gallego? Creo que seria un auténtica verguenza... Os invito a que salgais de Galicia un poco y a poner las escuelas en castellano! Que creo que ya llega con tanto gallego!
    Yo no estoy en contra del gallego, estoy en contra de la imposicion del gallego, que nos obligan a estudiar un idioma, que no usamos nunca, no lo usaremos, y que no vamos a ninguna parte con el! Ya quee en mi opinion el gallego desaparecera de este mundo no en mucho tiempo!
    Pienso que en vez del gallego, porque no el chino? Para abrirnos al mundo! Para tener cultura! Cultura de verdad!

    Otro punto que queria comentar, que es otra tonteria mas de los nacionalistas galleguistas, que quieren cerrarse del mundo, son las indicaciones! Las indicaciones de carretera! En gallego? Me da verguenza la comunidad donde vivo...
    Para que vengan turistas y no entiendan nada?
    Si salis de Galicia! vereis que otras comunidades autonomas bilingues, las señalicaciones estan en castellano, y en la lengua de la comunidad..
    Normal que estemos en la cola del mundo!


    No hay mas patria que la española, ni mas ncion, ni pais que España.

    Viva España!
    Aqui hablamos espaÑol!

    ResponderExcluir
  8. a ver que ganais imponiendo el gallego?porque no sirve para nada es un idioma inutil que no va a llevar a galicia a ninguna parte,es mas la va a hundir,porque los gallegos que quieran salir de galicia no lo podran hacer porque hablan gallego.Vete a una entrevista de trabajo a Madrid hablando gallego a ver que te dicen...y lo de los libros en gallego en los colegios e institutos.Que demonios se gana con eso?lo unico que se consigue es que los alumnos se enteren de aun menos cosas de lo que ya se enteraban antes,por lo tanto asi aumenta el fracaso escolar,lo que hace que vayamos a la cola de todo y que vayamos cada vez a peor...

    Nohay mas patria que la española,ni mas nacion,ni pais que España

    Viva España!!
    Aqui hablamos espaÑol!!!!!!!!

    ResponderExcluir
  9. ****Anônimo disse...
    Lo unico que se, esque con el gallego no vamos a ninguna parte:
    Haber lumbrera Castellano...,non é que non vaiamos,é que xa viñemos,imos e seguiremos indo pousando o acento na nosa lingua nai,sobrevivimos "a los Catolicos y castradores reyes",Góngoras,seculos escuros e ao Franquismo...¿e debemos agora deixar de facelo porqué uns fascistas descubriron que posuimos Lingua propia?.
    "perdona meu,perdona por nacer e mamar unha lingua e cultura que non me correspondia,prometoche que dende hoxe mismo me poño a aprender o Castellano cómo dios manda,e xa de paso o Spanglish tamén..."
    ¿Animasnos a sair de Galiza para que??acaso crees que por creer na nosa Nación xa non saimos da fronteira,que non viaxamos polo mundo,que xa non sabemos mais idiomas,que somos catetos?
    Tamén dís que o Galego xa non o usamos...perdoame a indiscrección¿pero tí en que recuncho do País vives,en San Jenjo,en la Coru neno,o en el Hierrol...?
    Tamén dis que debemos excluir e eliminar o Galego pra ter mais Cultura(ainda que non o cites expresamente,as tuas verbas denotan fobia e asco cara el)asique supoño que ti teras un alto nivel de Inglés,de Francés e de Aleman para nos aconsellar tal cousa,e nós pola contra,ao estudiar o Galego e falalo non sabemos nin o saberemos xamais¿de verdade ques dicir iso?
    Pois si estaria ben estudar Chino,coma calisqueira lingua do mundo,¿non crees que tamén estaria ben que os chinos ou demais culturas interesadas na nosa tamén podan estudar en Galego?
    Perdoa,pero non entendo iso de"Cultura de verdad"¿as outras son de mintira?
    Xa que es tan Cultivada,saberás por exemplo que paises tales cómo Holanda,Suecia,Serbia...a gran maioria entende e sabe falar duas linguas estranxeiras,a parte das suas evidentemente,¿é a lingua nai un impedimento?non,mais ben é a excusa dunha serie de persoas que "engloban e rellenan"un partido fascista-espanhol,que con afán de acabar coa realidade molesta de que povos coma Catalunha,País Vasco ou Galiza teñan cultura e lingua propia e estaean recoñecidos pola Unesco coma tal.
    As indicacions¿que tal en Inglés?según as tuas ideias de caverna,e dende a tua inflexibilidade e precoces razoamentos,o Inglés é a lingua maioritaria é o Inglés...

    Viva Galiza Ceive¡¡¡

    ResponderExcluir
  10. Ola! Eu estaba entrando a ocupa-lo espazo que deixaban os primeiros manifestantes cando vimos ao equipo da TVG: o reporteiro aturaba estoicamente os berros mais o cámara facía constantes acenos de provocación cara a xente...

    Grazas 'Anónimo' por amosarnos o que pensan algúns políticos 'galegos' e non se atreven a dicir, e grazas por amosarnos o que entende o nacionalismo español por cultura e cosmopolitismo... eu galego, castelán, inglés e a lingua do país que me acolla; ti ejpañol, ejpañol y ejpañol.

    ResponderExcluir
  11. Ola Carlos. Primeiro que nada un saúdo para ti, aínda que non me quero referir ao teu artigo, senón ao comentario posterior de Anónimo.

    Tan só unha pregunta, Anónimo: ti es deses que, cando 'saen' ao estranxeiro, como ti animas a que fagan os galegos, van polo mundo adiante dicindo "a mí háblame en español"? Porque é un vicio moi común, entre a xente que mantén os teus postulados, esixir dos demais e non facer o propio consigo mesmo.

    No meu caso, cando eu residín noutro lugar do mundo, procurei aprender e falar o seu idioma. E asegúroche que era ben máis complicado ca o galego e o castelán. Porque, verdade que eres capaz de entenderme se falo en galego? Realmente os seres humanos desta parte do mundo temos o intelecto tan limitado como para ser incapaces de aprender máis dun idioma?

    Sobre o teu concepto de imposición lingüística, mellor non comentar. Ti mesmo te defines coa última frase da túa sinatura.

    ResponderExcluir
  12. Pois a verdade é que sí que é prepotente a RESPOSTA de FEIJOO, nótase á defensiva.En calquera caso a tristura é que TODO O INTERESE QUE AMOSA O PP PARA DESTRUI-LO GALEGO é semellante a todo o DESINTERESE,repito TOTAL DESINTERESE que dende ducias de anos, politicos de toda pelaxe: PP, BNG, PSOE... amosaron por linguas VITAIS para acadar un posto de traballo hoxe coma o inglés. Dito isto ¡MENUDA VERGOÑA DE POLITICOS TEMOS!¡EN CALQUERA OUTRO PAIS SERIA OBXECTO DE MOFA E TRISTURA VER COMA OS FILLOS DUNHA PATRIA COMA A GALEGA RENEGAN TANTO DO SEU IDIOMA PROPIO-o galego- coma do IDIOMA PRINCIPAL na nosa relación co resto do mundo: O inglés.Tan malo é negar aposibilidade de medrar a un neno galego no noso idioma, como condena-lo a falar igual de malo inglés coma TODOS OS POLITICOS. Basta xa de ser os que peores falamos TODAS AS LINGUAS. Menudo sistema educativo de risa no tocante aos idiomas temos.E os responsables teñen nomes e apelidos: PP, BNG e PSOE.

    ResponderExcluir
  13. Jaja nos llamais fascistas por aceptar la realidad? Sabeis en pais estamos? lo sabeis acaso? estamos en España! y por defender la patria, que es lo normal, o por enseñar y ir por la calle con una bandera Española, nos llamais fascistas? jaja me haceis reir...

    Tan solo soy un chaval, que cuento con apoyo de toda mi clase, mi colegio, y gran mayoria del mi pueblo, y dejaron ya de los cuentos que contais: solo queremos igualdad con el castellano y gallego, seamos sinceros, vosotros qereis todo en gallego, y no puede ser asi!
    Creo que ya estudiamos mucho en gallego, casi todas las asignaturas, y no lo hablamos a pesar de tantas imposiciones en gallego qeu nos ponen, es porque no queremos hablarlo!Ir a hacer otra manisfestacion a ver si cambio de opinion jajaja
    Y si Galicia se convierte en una nacion independiente, que nunca, repito, nunca va a pasar... pues me estais diciendo que no la vais a defender no? porque como defebder a la nacion donde vives es ser fascista!Mirar la relaidad y dejaros de tonterias!
    Que somos muchos! Viva España!

    ResponderExcluir
  14. Es verdad ya que yo le conozco y somos mas jovenes de lo que os pensais y no podeis evitar que hablemos castellano.Porque cuanto mas gallego hableis mas ganas de hablar castellano me dan,si os callarais...

    Viva España y el castellano!!!!

    ResponderExcluir
  15. Pra o derradeiro comentario,o das 22:01:00
    mira unha cousa, non por nada , pero, ¿ porqué non aprendes primeiro a escreber en castelán, ou hespañol ?, como prefiras, e outra cousiña, respecta aos demáis e "Culturalízate" , que os galegos, xá séi que somos "burriños", pero non nos medrou tanto as "ourellas",coma tí, vale campión ?

    marusía

    ResponderExcluir
  16. Por favor non quezades o ambiente contra os cámaras e os redactores de rúa da TVG.Acabaremos fartos de vós. Acabaremos votando ó PP como continuedes cos vosos insultos, críticas, apupos e mal trato.Deixade á xente traballar. Ide a berrar ós despachos se queredes, pero desta volta non tedes razón.

    ResponderExcluir
  17. Jaja aprender a hablar castellano? pero porfavor, aprende tu el gallego!

    Viva España! Galicia es España!

    ResponderExcluir
  18. Para o anónimo iste: Contando que a xente che da bola e che entra ao trapo, con sandeces das que chuspes por isa boquiña. Non penso que sexas tan "chaval" ( xa soa a barriobaixeiro!!) e que estés no "cole", senon que serás un pobre frustrado cuarentón que se xuntará con catro feixistas ignorantes ( a ver se entre todos facedes un!!)e alardeades de mamonadas que os vosos pais, quizais extranxeiros frustrados coma os seus fillos ou pobre pailáns da terra cos miolos comidos de prexuizos,vos inculcaron de pequenos.
    En cada lugar, sempre hai catro paraberzas coma vos, que se xuntan e, ilusos de vós, pensades que estades onde non estades...pero como di o outro, eche o que hai e tenche que haber de todo no mundo!
    Ala fenómeno, abur.

    ResponderExcluir
  19. Tu, el hijo de puta ese xD Por supuesto que soy un chaval, si fuera un cuarenton, no protestaria, porque tampoco me obligarian hablar en gallego, pero en el colegio si que me lo obligan...
    Cuatro feixistas? jajaja me hace gracia jaja Feijoo es el que gobierna, porque tiene la mayoria en Galicia!
    Y fustrados? jaja no somos nosotros quien hacemos manifestaciones, creais foros y paginas de este tipo... y estais desesperados por el gallego, pero creo que no os hacen ni puto caso jaja
    Pensades que estades onde non estades? jajaja por supuesto qeu se donde estamos, en España
    señor! no te gusta? te jodes! seguid protestando aver si os hacen un POCO de caso! porque seguimos en España! Y seguiremos hablando castellano! no te gusta? te jodes otra vez...
    Yo estoy por delante, porque seguimos en ESPAÑA!

    ResponderExcluir
  20. Perdoádeme por non responder antes os comentarios. Acentúo as desculpas á vista dos trolls que agora pasan por aquí.

    Moi poucas veces eliminei comentarios e, de momento, non teño pensado facelo salvo algúns limites como que se insulte a persoas falecidas. Polo demais, penso que os insultos retratan a quen os profire.

    Iso si: recoméndovos que non vos deixedes levar polo veneno provocador.

    ResponderExcluir
  21. Tanta cultura que decis que tenéis, y despues decís que no al inglés en las aulas...
    Ir con el gallego Castilla.

    ResponderExcluir
  22. Carlos, eu diríache que os eliminases sen ningún medo. Os que insultan (a vivos ou mortos), os que só buscan a provocación... Mellor limpar a túa páxina de "ruído".

    ResponderExcluir