28 de out. de 2009

Fai como che eu digo...

...e non como che eu fago.

Por se non o vistes, velaquí como Alberto Núñez Feijóo responde a un reporteiro que lle formula unha pregunta en inglés. Era un xornalista de La Sexta facéndose pasar polo correspondente dunha televisión británica. Mirade do minuto 2:40 ao 2:59 e contemplade como o mesmo que agora fai que boten os teletubbies en inglés na TVG e defende non se sabe que trilingüismo para Galiza responde con arrogancia e chulería por non entender unha pregunta de, como moito, segundo de That's English:

7 comentários:

  1. AVERDADE é que sí que é prepotente a RESPOSTA de FEIJOO, nótase á defensiva.En calquera caso a tristura é que TODO O INTERESE QUE AMOSA O PP PARA DESTRUI-LO GALEGO é semellante a todo o DESINTERESE,repito TOTAL DESINTERESE que dende ducias de anos, politicos de toda pelaxe: PP, BNG, PSOE... amosaron por linguas VITAIS para acadar un posto de traballo hoxe coma o inglés. Dito isto ¡MENUDA VERGOÑA DE POLITICOS TEMOS!¡EN CALQUERA OUTRO PAIS SERIA OBXECTO DE MOFA E TRISTURA VER COMA OS FILLOS DUNHA PATRIA COMA A GALEGA RENEGAN TANTO DO SEU IDIOMA PROPIO-o galego- coma do IDIOMA PRINCIPAL na nosa relación co resto do mundo: O inglés.Tan malo é negar a posibilidade de medrar a un neno galego no noso idioma, como condena-lo a falar igual de malo inglés coma TODOS OS POLITICOS. Basta xa de ser os que peores falamos TODAS AS LINGUAS. Menudo sistema educativo de risa no tocante aos idiomas temos.E os responsables teñen nomes e apelidos: PP, BNG e PSOE.

    ResponderExcluir
  2. Que se pode esperar dun homiño ao que se lle enche a boca falando de trilingüismo, da importancia do inglés, de James Joyce (un lector fiel do Finnegans Wake), bla bla bla e que contesta ao mesmo tempo "no te he entendido, te digo"?
    Cando o que querería poder dicir é: "Háblame en cristiano, en gallego aunque sea". O inglés debe de ser moi útil (eu son mestre de inglés) pero parece que aos nosos políticos non lles fixo moita falta para lograr o posto que teñen e do que gozan cun amplo sorriso nos beizos. Ao inglés dáselle máis bombo do que ten. Merecen a pena as afirmacións neste sentido do profesor da Autónoma madrileña Juan Carlos Moreno Cabrera, quen dúbida da utilidade do inglés en España.

    ResponderExcluir
  3. Estimado David:"Ao inglés dáselle máis bombo do que ten"??
    Será bombo dialéctico, porque BOMBO noutro senso non o entendo. Si é certo, como ben dís, que os nosos políticos nonNECESITARON APRENDER INGLES para "gozarcun amplo sorriso nos beizos".Porén, esta realidade debería entristecernos, pois quere dicir que TAMPOUCO SON QUEN DE LER prensa extranxeira, literatura mais alá de Galiza ou España , Sudamérica e países de influnecia portuguesa, e nin qué decir, que DUBIDO moito que cultiven algunha amizade con algún outro político ou persoa que non domine o español ou galego. Non saber línguas empobrécenos, por iso COA MESMA FORZA COA QUE RECLAMAMOS a recuperación de usos e costumes na nosa lingua galega, debemos non por en dúbida a riqueza que SUPON QUE OS GALEGOS SAIBAMOS EXPRESARNOS en mais de 2 , 3 4 linguas!! Cantas mais mellor. Ainda así, agardo con interese as túas explicacións ou as do profesor Carlos Moreno Cabrera que ti citas. Abofé, non é un consolo saber que, eectivamente, hai Feijoos, quintanas, touriños que chegaron onde chegaron sin que lles fose "UTIL" o inglés para moverse por Galiza e España.Un cordial saúdo.

    ResponderExcluir
  4. I speak quite good english and I have travelled all around the world but my true language is galego and I hope that it will live through my children too

    ResponderExcluir
  5. Para cando unha xornada xeral de movilización a prol das linguas minorizadas de Europa?

    ResponderExcluir
  6. Peperos Lingoreteiros / Galicia "Bilingüe" (Pásao !) http://www.youtube.com/watch?v=rzsdWQRI8jA

    Tamén falei disto no meu último post con respecto ao premio pola súa "sobresaínte contribución profesional coma español nos Estados Unidos" que aínda descoñezo
    http://colazo.blogspot.com/2009/10/unha-medalla-para-feijoo.html

    ResponderExcluir
  7. Más ingles, menos gallego!

    ResponderExcluir