Supoño que estades, igual ca min, coa inmensa alegría da manifestación que percorreu esta mañá as rúas de Santiago. Foi histórica, sen exaxeración ningunha.
Como quen preside a Xunta se caracteriza pola súa arrogancia e chulería, non debemos estrañarnos se esta semana responde á mobilización con novas medidas máis agresivas. Sexa como for, e aínda que lle pese, o 18 de outubro de 2009 continúa en liña crecente coa senda iniciada polo pasado 17 de maio. Estamos en tempos difíciles, mais tamén con moitas raiolas de esperanza. O pobo galego (que existe!) está a traballar polo reverdecer da súa lingua.
Mañá pola noite, tócame unha entrevista sobre a manifestación no programa Foro Aberto, que presenta Carlos Luis Rodríguez na TVG. Tentarei aproveitar a oportunidade, tras tanto silenciamento e manipulación por parte da televisión pública galega, para trasladar as mensaxes xenuínas desta marcha de amor ao noso idioma.
Está claro que imos gañar esta batalla. De feito no xornal El País, Carlos Callón xa aparece como Carlos Cañón.
ResponderExcluirPor su parte, el responsable de la asociación Mesa Pola Normalización, Carlos Cañón, ha afirmado que la intención de la manifestación era "defender la aplicación de los idiomas y de la ley de normalización lingüística, que fue aprobada por unanimidad en el Parlamento" de Galicia. "Queremos que Feijóo deje esa bandera de odio que levantó contra la lengua gallega y retorne al consenso", ha comentado el dirigente de la citada asociación.
http://www.elpais.com/articulo/espana/Miles/personas/salen/calles/Santiago/defensa/gallego/elpepuespgal/20091018elpepunac_4/Tes
Hahaha, Carlos Cañón!!! Estás cañón, Carlinhos, estás que o tiras!
ResponderExcluirEu tamén comparto a túa alegría, igual que a Estrella Ghalisia. :)
Carlos, sentinme insultado pola entrevista na TVG. Parabéns polas respostas e a actitude.
ResponderExcluirDa inmundicia xornalística de Carlos Luis Rodríguez na entrevista de onte nunca dubidei, daá súas sensatas e intelixentes respostas, tampouco. Parabéns por ter que soportar con dignidade semellante "encerrona" e vergonza para o xornalismo que personaxes como Carlos Luís teñan un espazo nun medio público.
ResponderExcluirSi si, de Carlos Luis xa todos sabiamos... De quen non sabía eu é de Tino Santiago, que ao cabo é o director do programa.
ResponderExcluirTino, quién te ha visto y quien te ve, que diría o outro.
Carlos, parabéns e grazas.
Vaia autoentrevista que se fixo o Rodríguez á túa conta, Callón. Penso que estiveches bastante ben, pero botei de menos que te serenaras para romperlle o ritmo, que tiveses algunha resposta retranqueira e cómica dende a serenidade para evidenciar algún dos seus (moitos) defectos como profesional, e tamén palabras soltas cargadas de positivismo, propias para cando te deixan escasos segundos para empezar (só empezar) as frases.
ResponderExcluirSe hai que poñer notas: o Rodríguez un 3 e o Callón un 5,5. Está ben, un 6. ;-).
Saúde.
Ola Carlos son Fernando Igrexas membro da Mesa da zona de Ortegal concretamente do Concello de Cedeira e aínda que non son un activista digamos moi preparado ou formado para tal causa a non ser mais que de un xeito autodidacta pois o meu mundo foi a pesca de altura (16 anos) e agora pintor no sector eólico eu procuro aportar o que na miña medida podo dar, e hai estou e participei activamente na extensión da Plataforma Queremos Galego! cara a miña zona ademais na campaña do 17 M. Estou moi ledo hoxe por hoxe de pertencer a esta e mais aínda téndote a ti de coordinador nacional por ser tan grande, tan válido e imprescindible. Noraboa polo éxito acadado no 18-O e parabéns por saír tan ben da encerrona que che quixeron facer onte en Foro Aberto.
ResponderExcluirGrazas por ser ti e polo teu traballo.
Unha forte aperta pois aparézote moito
hai que ter unha mente áxil, e por suposto a razón e os argumentos(non coma os bífidos) para levarlle a entrevista como lla levaches.
ResponderExcluirMil parabéns!
Con xente coma Carlos(Callón) na CRTVG de Feijóo acabarán optando pola censura, como xa fixeron quitando o "Hai Debate".
Carlos Luis, se estas a ler este comentario, igual non porque non che pago por lerme en galego, e ti de quen vés sendo? para ter ese programa na TVG, facer desde esa "óptica" as entrevistas ou ser o "Redactor-jefe" de El Correo Gallego?
Carlos, exprésolle a miña admiración absoluta por non perder os nervos ante as provocacións. Tanto as preguntas como a actitude do entrevistador, penso que só buscaban que se enfadase, que perdese os papeis e encaixase así na imaxe de nacionalista obtuso que queren vender. Vendo o programa lembrábame do último Hai Debate, no que Bieito Lobeira atreveuse a dicir o que moitos pensamos sobre o papel de LVG e da Cope na campaña electoral. Comparado con estes supostos "debates"... Que rápido se destrúen as cousas.
ResponderExcluirDiante do argumento que utiliza sistematicamente o señor Carlos Luís de que, nun país democrático o que val son os votos e non as movilizacións, voume permitir facerlle unha recomendación (a D. Carlos Luís)
ResponderExcluirCando teña ocasión de entrevistar ao presidente Obama (cousa que seguro conseguirá axiña, dada a súa fulgurante carreira periodística) que se lembre de preguntarlle se as grandes movilización das décadas dos 60 e 70 polos dereitos civís (xa sabe, Luter King e compañía) tiveron algún efecto e achanzaron o camiño para a súa actual condición de presidente ou foron acontecementos sen ningún valor cívico e testemuñal ou de toma de conciencia da sociedade americana.
Quizais el considere estes feitos insignificantes, dado que USA era xa unha das democracias mais avanzadas do mundo. Pode que, pola contra, os considere úteis xa que non había unha democracia plena, ou que considere prescindible a libertade de expresión na rúa pois democrácia é simplemente votar cada catro ou cinco anos...
Carlos, os meus parabéns por saber responder cun sorriso ás continuas provocacións dos xornalistas abrigados polo poder antigalego. Ese Carlos Rodríguez, vergonza para a profesión, incapaz de distinguir entre xornalista e mitineiro, permitiuse dubidar da túa independencia. Ten sorte, porque da del non hai a máis mínima dúbida. É unha independencia completamente inexistente, transparente como o ceo compostelán deste domingo histórico.
ResponderExcluirSaúdos dun deses cabeza-de-cemento que estivo coa súa muller, irmán e cuñada (italiana do Piamonte) na praza da Quintana. Que alegría ver xente que veu doutros países libre de prexuízos querendo e amando o galego!
Carlos, parabéns por manter o tipo perante as provocacións "xornalista" ese da TVG, non cito o nome porque dáme noxo. Eu tería marchado deixando a cadeira baleira.
ResponderExcluirE logo non entenden e se ofenden polos berros de "manipulación" na Quintana. Mimadriña, que vergoña de galegos!
Uno-me à opiniom de que estiveche de 10 na "entrevista".
ResponderExcluirCarlosluí enlamou-se na sua própria iniquidade.
Parabéns Carlos pola túa actitude no "asalto do nazi" o pasado luns. Chegho ser eu...
ResponderExcluirO luns ofreciches unha lección de dignidade, que é sempre subversiva, valéndote do sorriso, da educación e da argumentación.
ResponderExcluirMentres ti te defendías, a min fervíame o sangue. Así que lle escribín ao "ilustre fregona" este textiño irónico para homenaxearte:
"Prezado Carlos Luis, leo moito El Correo Gallego e, por suposto, as súas monumentais columnas, e vivía convencido que Carlos Callón, el de la Mesa, era un radical perigoso. Pero o luns, vendo Foro Alberto, o programa da RTVG que vostede presenta, descubrín que o radical era Carlos Luis e que se manifestaba con educación precaria ou subliminar...
Pero hombriño, como non deixou falar ao rapaz!"
Avante, Carlos Callón!
Estiveste mui bem na entrevista da TVG. Dão vergonha eles, mas contigo ganhamos.
ResponderExcluirParabéns!
Vin a entrevista e sentín vergoña. Estou con vostede: xa sabe que nun tempo de mentiras, dicir a verdade convértese en algo revolucionario; a vde, ademais, quixeron impedirlle falar.
ResponderExcluirParabéns pola entrevista e pola túa actitude na mesma, puxeches a cada un no seu lugar. A TVG xa ten ao seu Alfredo Urdaci particular...
ResponderExcluirParabens senhor Callón. Um dez.
ResponderExcluirCarlos, coñecinte hai dez anos, nun congreso sobre Castelao en Pontevedra. xa daquela, participando entre os asistentes que se animaban a falar logo das conferencias, prometías todo o que agora estás a demostrar. ánimo, e adiante, que o estás a facer ben. a entrevista con Carlos Ruíz non ten desperdicio. apertas.
ResponderExcluirCallón: frio, educado e firme. Grande!.
ResponderExcluirTamén eu quero deixar aquí os meus parabéns polo magnífico papel na entrevista (mais ben interrogatorio) dese demagogo ao servizo dos poderosos que é CLR. Moi ben, non é doado responder con xeito a semellante ataque verbal. Ánimo!
ResponderExcluirParabéns por esas brillantes respostas na entrevista (que non foi tal) á que te someteron. Dá noxo, dan noxo. Grazas porque os que non damos falado coma ti acadamos folgos adicionais ao oír as túas ideas tan claras e tan ben expresadas. Sempre en galego!
ResponderExcluirSo unha cousa, ¿ o mederador , quen era ? ,porque deu a impresión, que o que estaba nervoso era Carlos L. Rodríguez, agora en serio, ísa noite déronme volta as tripas, pódesmo crer, que noxo de persoa o tal CLR, boeno vou facer unha valoración , pra o " moderador", ou sexa, Carlos Callón, un 9,99...e pra o invitado, (moi nervoso por certo)ou sexa Carlos L Rodríguez,ímoslle dar... un 0'01, por aquílo de , que dirán , je,je, ben agora en serio , quéroche lembrar que o Director do programa ( ¿Tino Santiago ? ), pois ben , vai uns moitos anos, o tal Tino , tivo un programa, que unha noite, invitou a unha persoa da Política Galega, pois diréiche que, fixo a mesma estratexia, o que pasa que o invitado (nacionalista), botóulle unha mirada con "dardo" engadido, que xa non lle voltou a "cortarlle" cando estaba a respostar, e digo eu , ¿ foi premeditado, o que fixeron contigo ?, o invitado que tivo aquela noite Tino Santiago, era Béiras, parabéns e noraboa , e insisto, apoio e pido a demisión do tal Carlos L Rodríguez, por impresemtabel, prepotente, hipócrita e ......boa noite unha aperta e QUEREMOS GALEGO pero os 365 días do ano
ResponderExcluirmarusía
Pois eu sinceramente creo que a "entrevista" que che fixo CLR son das que axudan ao noso idioma. Calquera persoa neutra que vira o grao de nerviosismo físico e tendenciosidade "goebbelsiana" das súas preguntas fronte a túa calma e racionalidade fan que un televidente neutro, aínda que non fale galego ou lle dea igual o tema, senta simpatía por ti e a túa causa. Se te volven convidar a unha encerrona así, por favor, vai. Aínda que pases un mal rato. Creo que será unha inversión caralluda.
ResponderExcluirUnha aperta a todos.
Pensando friamente logo do tempo pasado dende a "entrevista" paréceme que estaba moi preparada para machacarte xa que se xogaban o que para eles (PP) era moi importante: Desprestixiar a Mesa e ao seu presidente. Afortunadamente a tua magnifica actitude en contraposición ao seu nerviosismo, tendenciosidade e mala educación, déronlle a volta á tortilla e fixeron, moi ao seu pesar, un gran favor a Mesa e aos que queremos o galego.
ResponderExcluircon esa facilidade de palabra e cun par de aniños que che afinen o sentido da ironia e a retranca,,,, teras un 10 sobre 10 no teu discurso.
ResponderExcluirVaia seudo "entrevista" baseada en ningunha pregunta e en descalificacións persoais. Como sempre soubeches deixar á xente no seu sitio!! O outro quedou como un auténtico maleducado diante da cidadanía galega.
ResponderExcluirSeguide así con forza!! Agora non podemos ficar durmidos nas verzas!! Agora máis que nunca!!
Forza!
Saúdos!
cabeza de cemento XDDDD!!!! Moi boa resposta!!!
ResponderExcluir