Moitas grazas a todas e todos polos parabéns, polo apoio, polos afagos e polas observacións críticas. Fico moi obrigado polos centos de mensaxes por correo-e, facebook, tuenti, sms e non sei cantas vías máis, que dan forza para continuar coa mesma enerxía, aínda que os ataques e as difamacións aumenten.
Agardo e agardamos estar á altura do que as vosas mensaxes demandan. Podedes estar certas e certos de que desde A Mesa seguiremos a dar esta batalla cívica con toda a forza e como mellor poidamos facelo, a pesar das innegábeis limitacións.
En situacións como a actual constátase a importancia de contarmos con ferramentas colectivas de defensa do noso idioma como é A Mesa pola Normalización Lingüística. Por iso, non podo deixar de convidarvos ás persoas que aínda non sexades socias a que vos afiliedes e, a quen xa o sexades, que estendades este convite polo voso entorno. Tedes aquí o formulario na rede para o facerdes. Sodes -somos- máis necesarios e máis valiosos que nunca!
Outro pequeno éxito
Teño que falar aquí tamén doutro paso adiante conseguido pola campaña impulsada desde A Mesa. Esta asociación protestou porque a editora Salvat-Bruño deixara de editar en galego os álbumes de Astérix e Obélix. A mobilización cidadá conseguiu o seu resultado e hoxe chega ás tendas tamén no noso idioma. Porque o traballo e a constancia dan os seus froitos, igual que podedes ter a certeza de que os dará a mobilización das 100.000 primaveras do domingo pasado.
Para min foi un éxito a entrevista. Agora mesmo a plataforma TV-manipulación é a segunda noticia máis lida de Público e aposto que vai dar moito máis que falar.
ResponderExcluirPenso que non mereces críticas. O ton moderado e amábel servía de contraste no linchamento.
o acontecido en telegaita é un insulto á intelixencia
ResponderExcluirEquivócanse os que pensan que o inimigo é o pobo galego. Estamos a reclamar o que é noso. Galiza é o seu pobo o idioma de todos. Os nosos antergos falaron o idioma dos seus pais contra todo. Non tiñan nada nin a ninguén que estivese con eles. So o mar ou o agro. Ise era o seu medio de expresión
En plena guerra do golfo co tamén golfo blair apoiando as agresións a iraq a BBC falaba das mentiras e a manipulación política. Non baixaron a cabeza e mentiron como esperaban os políticos. En san marcos a dignidade do pobo galego non se valora
Coma sempre no teu sitio e dando toda unha lección a este presentador impresentabel,noraboa Carlos.
ResponderExcluirPenso que xa vai sendo hora de que os GALEGOS nos demos de conta de todo canto estas a facer po-la defensa do noso idioma,esa identidade que os nosos antepasados nos deixaron con tanto esforzo e sufrimento.Grazas Carlos por esa loita diaria e constante,que sepas que non estas so,e cos apoios que estas tendo eu demandaría a este racista,polo menos pra que o despediran da tvg.Saudos dende Sta Uxía de Ribeira
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderExcluirDin que nunca é tarde cando é para transmitir parabéns. Boeno, pois que así sexa entón; xa que eu quería manifestarte a testemuña da miña admiración polo aplomo e saber estar que tiveches durante a "entrevista" (foi un ametrallamento).
ResponderExcluirMira ti por onde agora van mudando as tornas, e resulta que os agresivos son eles; e nós - ademáis de ter a razón- sabemos (soupeches ti) manter o tipo con dignidade, con argumentos e con seriedade!.
Unha lección maxistral a que ti deches. A do "individuo que seica ten o título de periodista" tamén o foi; pero xusto do que non se debe facer.
Unha aperta dun socio da Mesa e tamén ProLingüeiro
Mudei a forma, que me faltou unha coma en lugar relevante
ola, carlos. Volvín ver a entrevista, aínda non dou creto. iso non é unha entrevista... Estiveches moi ben. Impresionante. Que capacidade para soportar a intolerancia e o ton, fronte ao desexo de argumentar coa forza da razón que está da nosa parte. Grazas por nos saber representar tan ben. Creo que cómpre facer algo contra os medios de comunicación, en serio. Propoño que a próxima mani saxa diante da Radio Televisión Galega Bicos desde Alemaña. Marga Romero
ResponderExcluir