Os compañeiros e compañeiras da revista
Retranca festexan o vindeiro 30 de outubro o seu segundo aniversario. Como moitos crían que a publicación "nacía morta", decidiron festexalo como un cabodano. Pregan, por iso, que a asistencia sexa de rigoroso loito (ademais, é véspera de Santos ou Samaín). Recomendan tamén ir co bandullo baleiro, xa que haberá petiscos.
Moitos parabéns e o desexo de que continúen os seus éxitos!
Nenhum comentário:
Postar um comentário