5 de nov. de 2009

29 millóns non son nada?


Os deputados do BNG no Congreso dos Deputados negociaron e conseguiron que se vaian aprobar emendas nos orzamentos xerais do Estado para o beneficio xeral de Galiza por valor de máis de 29 millóns de euros. É unha cantidade superior, por exemplo, á lograda por CiU, IU-ICV e NaBai, que, igual que os nacionalistas galegos, tamén votarán en contra.

Ademais, as xestións do BNG tamén tiveron como froito significativas melloras en políticas económicas para o conxunto do Estado, entre as cales é de salientar a modificación da chamada Lei Beckham, para romper co inxustísimo privilexio fiscal de que gozaban os futbolistas de elite.

Estou certo de que non escribiría isto neste blog se non fose porque me parece tremendo o tratamento que tal noticia recibe na maioría dos medios de comunicación, tamén nos galegos. Non é só desprezo e minusvaloración do nacionalismo galego, senón do que Galiza representa e pode facer.

4 comentários:

  1. Deberías quitar a interrogación e afirmar así "29 millóns non son nada", porque se non parece que estás querendo dicir o contrario, que si o son ;)

    Efectivamente, non son nada, desde o momento en que Cristiano Ronaldo foi traspasado ó Real Madrid por 96 millóns de euros (comprobade en Google) e xa non quero saber o que cobra ó mes... :S

    É certo, é un menosprezo, e logo dirán que por escribir no teu blog persoal algo positivo do BNG, es un sicario do nacionalismo, como diría Carlinhos Luís.


    En fin, país de pandeireta.

    ResponderExcluir
  2. Si, visto o que custou Cristinano Ronaldo parece pouco, pero antes non había eses 29 millóns. A parte, que grazas ao BNG modificarase a lei Beckham, aparte de manter a dedución dos 400 euros para as rendas baixa. Efectivamente, non é nada, pero o BNG ten SÓ 2 deputados

    ResponderExcluir
  3. Jorge, a pregunta do título é xusto para subliñar que 29 millóns son algo ben noticiábel e que non hai razóns "obxectivas" ou "de interese xornalístico" para que pase a ser unha nova secundarizada ou vaporizada.

    Ademais, non me van quitar o sono as terxiversacións e demagoxias dos inimigos do galego. Nesta entrada non só fago unha defensa do nacionalismo (que nada tería de ilexítima!), senón sobre todo do dereito a unha información máis veraz e plural. Algo que, polo ben da convivencia, deberiamos defender todas e todos con maior ímpeto, con independencia da nosa adscrición ideolóxica.

    Sobre o que indica o Imeneo, é verdade. Tamén dá para unha outra reflexión que tendo o BNG "só" dous deputados teña unha moitísimo menor repercusión mediática que, por exemplo, Rosa Díez, que ten "só" unha deputada e unha porcentaxe de voto moi inferior á do BNG na circunscrición pola que foi eleita. E non é por fotoxenia, abofé.

    ResponderExcluir
  4. Carlos, non era a miña intención quitarlle mérito, non sei se me entendiches, o que quero dicir é que non é tanto como o que debería ser, pero non por pouco esforzo do que o pelexa, hehe.

    ResponderExcluir