O acontecido volve estar hoxe de actualidade tras a iniciativa que ao respecto levou Anxo Quintana ao Parlamento galego. Ademais, mantéñense dúas accións sociais vinculadas, nas cales esta entrevista é só un exemplo máis da nociva política informativa que agora executa a RTVG. Refírome, por unha banda, a un grupo en Facebook (que conta xa con 5.144 subscritos) e un blog desde onde se centra o ciberactivismo pola cuestión: Televisión, manipulación!.
Segundo Sofres, o Foro Aberto desa noite tivo unha audiencia de 88.000 persoas. A maiores, unha cantidade ben relevante de mulleres e homes visualizou o vídeo a través de Dailymotion (14.370 veces no momento en que escribo esta entrada), do portal web da TVG ou do corte que subiron n'A Nosa Terra Diario (non se contabilizan publicamente as reproducións destes dous últimos, aínda que desde A Nosa Terra me indicaban hai quince días, nunha conversa informal, que se trataba de "miles").
Foi moito o que se falou sobre o tema e hoxe, aquí, só quero pór unha compilación de ligazóns a noticias, artigos e entradas de blog sobre a cuestión das que son coñecedor. Se coñecedes algunha que me falte, por favor indicádemo nos comentarios.
- A manipulación da RTVG [Xabier Pérez Igrexas en GzNación 20/10/09]
- Foro Aberto e outras reflexións sobre o 18 [
- Carlos Luís Rodríguez contra Carlos Callón [Martín Pawley en Días Estranhos 21/10/09]
- Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG [Vieiros 21/10/09]
- "Entrevista" a Carlos Callón na TVG [A Mesa Ourense 21/10/09]
- Un exemplo máis da "obxectividade" da TVG [Xabier Pérez Igrexas en Contradiscurso 21/10/09]
- A entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón [Galicia Confidencial 21/10/09]
- Vergoñenta "entrevista" Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón [A. C. O Naranxo de Lalín 21/10/09]
- Vergoña e sectarismo na TVG [Millán Fernández en Jeu de Paume 21/10/09]
- Carlos Luís Rodríguez entrevista a Carlos Luís Rodríguez [Canal de xoanp en Youtube 21/10/09]
- Incrible TVG [Menos mal que nos queda Portugal 21/10/09]
- Carlos Callón "entrevistado" por Carlos Luís Rodríguez [Galiza Sosego 21/10/09]
- Terceiro grao a Carlos Callón [Galicia Profunda 21/10/09]
- Éxito na rede da entrevista de Callón na TVG [A Nosa Terra 22/10/09]
- "Televisión gallega, manipulación. No a una nueva Telemadrid" [Público 22/10/09]
- Manipulación da TVG: O reaccionario periodismo partidista quería ir á caza de Carlos Callón, mais saíulle o tiro pola culata [O mundo que vexo 22/10/09]
- A rede galega, crítica pola entrevista ao presidente da Mesa [Código Cero 22/10/09]
- Estarrecedora entrevista a Carlos Callón [Lucía Triñanes en O Castelo da Lúa, 22/10/09]
- Crean un grupo no Facebook "Polo cesamento de Carlos Luis Rodríguez" [GzNación 22/10/09]
- Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!" [GzNación 22/10/09]
- Televisión, manipulación! [Mundo Galiza 22/10/09]
- Entrevista? Non, grazas [Pontevella. Blog da biblioteca do IES Río Miño - Rábade 22/10/09]
- Estupor na rede pola entrevista a Carlos Callón na TVG [Aguilloando 22/10/09]
- Interrogatorio a Carlos Callón [Cousas de Imeneo 23/10/09]
- Lamentábel espectáculo de manipulación na TVG [AA. VV. A Cutareira de Torás - A Laracha 23/10/09]
- Carlos Luis Rodríguez entrevista a Carlos Callón [Congrasilla - Páxina non oficial do Clube de Tenis Cidade de Lugo 23/10/09]
- Da entrevista a Carlos Callón [Xesús Constela en Tiñádelo que ver 23/10/09]
- ¿Y el periodista dónde estaba? [Julín de Ares 23/10/09]
- Crean a iniciativa "Televisión, manipulación!" [A Nosa Terra 23/10/09]
- Yoko Ono, o galego e a televisión [Xosé Manuel Pereiro en Sihomesi.com, La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo 24/10/09]
- Agermanament de periodistes [Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña 24/10/09]
- 3.000 persoas piden en Facebook a destitución na TVG de Carlos Luis Rodríguez [Malmequer - Pandeireteir@s e Festeir@s da Banda Atlántica da Galiza 25/10/09]
- Carlos Luís Rodríguez e a nova TVG [Xan Guindán en A Revolta Rockeira 26/10/09]
- O grupo no Facebook pedindo o cesamento de Carlos Luis Rodríguez supera os 3.000 apoios [Mundo Galiza 26/10/09]
- Una entrevista vergonzosa: exemplum ex contrario [Davidov3 27/10/09]
- Contra la manipulación en la television gallega. No a una nueva Telemadrid [Blog da Agrupación Socialista de Navia de Suarna 27/10/09]
- "Entrevista" de Carlos Luis a Carlos Callón [A Zona Velha 27/10/09]
- Carlos Luis Rodríguez entrevista a Manuela Busto [Canal de xoanp en Youtube 01/11/09]
- Sen calar [Clara Castilla en Patio de Luces 04/11/09. Esta entrada inaugurou o seu blog, pois foi un artigo que se negaron a publicar nun dos medios cos que habitualmente colabora. Moitas grazas pola súa forza e o seu exemplo de verdadeira liberdade, ética xornalística e independencia de opinión.]
- Iniciativa: "Televisión Manipulación" [A. C. Garipano 05/11/09]
- Entréganse as primeiras 1.500 sinaturas contra a manipulación informativa na RTVG [Mundo Galiza 09/11/09]
- Rodríguez e Callón [Damián Villalaín n'A Nosa Terra 09/11/09]
- Carlos Luis Rodríguez e Carlos Callón ou a cobra e o passarinho [Concha Roussia en Vieiros 09/11/09]
- Televisión, manipulación [Xabier Pérez Igrexas en Contradiscurso e Galicia Hoxe 14/11/09]
- A TVG admite que buscou un 'debate hostil' con Callón [ANT 18/11/09]
- El director de CRTVG anuncia entrevistas "hostiles" en los medios públicos [El País - Edición Galiza 18/11/09]
- Quintana empraza ao director da CRTVG a demostrar o seu compromiso cos debates [Xornal 18/11/09]
- Entrevistas hostiles [Clara Castilla en Patio de Luces 18/11/09]
E aínda: http://galiza-catalunya.blogspot.com/2009/10/agermanament-de-periodistes.html
ResponderExcluirTamén en TV3 pasan cousas... E ultimamente en Catalunya Ràdio, onde estan a desfacer o prestixio que tiña, en tempos do Antoni Bassas, o magazine matinal (El matí de Catalunya Ràdio). Agora preséntao o españolista Manel Fuentes, e tamén lle dá por atacar os entrevistados, cousa que nunca se vira...
Nós, o equipo da biblioteca do IES Río Miño, fixemos, colgamos o vídeo e fixemos unha entrada que, como poderás comprobar se entras, tivo unha fulminante resposta.
ResponderExcluirhttp://rabade-biblioteca.blogspot.com/2009/10/entrevista.html
Saúdos
A MIN NON ME PARECEU MAL A ENTREVISTA. CALLON DEFENDEUSE BEN, ESTIVO MAGNIFICO COMA SEMPRE, PERO O PRESENTADOR TAMEN O FIXO BEN. ¿ACASO QUEREMOS A PRESENTADORES TIPO DESES QUE NON FAN "RE-PREGUNTAS" DO EDUCADISISIMOS QUE SON... E O PREGUNTADO RESPOSTA O QUE QUERE E NON O QUE SE LLE PREGUNTA? NON ÁS PREGUNTAS POLITICAMENTE CORRECTAS. DAME IGUAL O TENDENCIOSAS DELAS-que de seguro si o foron a meirnade parte delas... pero diante ten a un miura de 31 anos, veña home ¡ que CALLON SABESE DEFENDER DE SOBRA!.
ResponderExcluirE EU, APRENDIN E ENTRETIVENME.ISTO É A TELEVISION!! NON É A ROLDA POSTERIOR AO CONSELLO DE MINISTROS NON QUE NON HAI POSIBILIDADE DE PREGUNTAR E OS POLITICOS TOMANNOS O PELO AO PERSONAL E AOS XORNALISTAS. ASI QUE PARABENS AOS DOUS. UN BO ESPECTACULO TELEVISIVO.Porque, ainda que algúns o esquecen... ISTO ERA A TELEVISION!!!Cando se trate dunha conversa no PEN CLUB...de seguro que ambolos falarian noutros termos.Ninguén ten dúbidas da petenencia ideolóxica do presentador...agora ben, é de xustiza recoñecer que fixo unha boa entevista televisiva á altura do convidado.
No noso sitio web da asociación(A Cutareira)tamén temos colgado a noticia:
ResponderExcluirwww.blogoteca.com/acutareiradalaracha/index.php?cod=71474&prev=yes
Aproveito a ocasión para darche os parabéns polo ben que te soubeches "mover" na entrevista.
Recibe unha forte aperta e adiante.
No noso sitio web da asociación(A Cutareira)tamén temos colgado a noticia:
ResponderExcluirwww.blogoteca.com/acutareiradalaracha/index.php?cod=71474&prev=yes
Aproveito a ocasión para darche os parabéns polo ben que te soubeches "mover" na entrevista.
Recibe unha forte aperta e adiante.
Pois aquí tes outras dúas ligazóns sobre o asunto:
ResponderExcluirhttp://lannister.blogaliza.org/2009/10/20/foro-aberto-e-outras-reflexions-sobre-o-18/
http://galizauberallesduas.blogspot.com/2009/10/foro-aberto-e-outra-reflexions-sobre-o.html
Un saúdo.
outra ligazon mais
ResponderExcluirhttp://www.onaranxo.org/?p=2741
Compañeir@s: Grazas polas informacións, que fun agregando. A última, da A. C. O Naranxo, xa estaba incluída.
ResponderExcluirSobre o do comentarista anónimo do 19 de novembro, paréceme unha visión interesante e agradezo humildemente os recoñecementos, aínda que discrepo nalgunhas cuestións.
En calquera caso, ao menos eu estaba aí para defenderme, algo que non está a ser a norma por parte dos actuais responsábeis de informativos da RTVG. O mellor exemplo vímolo no mesmo día en que se gravou e emitiu a entrevista comigo no Foro Aberto. Lembremos como esa mañá cargaban contra Avelino Pousa Antelo, de forma especialmente infame, sen tan sequera o chamaren para que puidese dar a súa versión.
Axiña anunciarase o acto de desagravo, ao que todas e todos estamos chamados.