11 de nov. de 2009
O símbolo perdido
Ten título de best seller, portada de best seller, argumento de best seller e unha promoción de best seller que fixo que aparecese nas listas dos libros máis vendidos mesmo antes de se poder conseguir nas librarías. Mais o que me leva a falar aquí do novo libro de Dan Brown é que chegou ao noso país coa tradución ao galego ao mesmo tempo que en castelán ou catalán e, algo non menos importante, ao mesmo prezo que aquelas.
É un xesto que hai que agradecer á editora El Aleph, que tamén trouxo ao noso mercado editorial as traducións de Anxos e demos e O Código Da Vinci. Pola miña banda, xa comprei o libro a semana pasada, aínda que sei que tardarei en me pór a lelo. Anímovos a que fagades o mesmo, para pórmos cadanseu gran de area para que continúen experiencias como esta e para que mellore a distribución e promoción das versións no noso idioma.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Home!!
ResponderExcluirEu comprareino xa a fin de semana!
(Mar)
Non direi que se trata dunha "iniciativa moi interesante", nin dunha "medida boa", porque debería ser o NORMAL. Pero sen dúbida é un xesto moi importante desta editorial, que contribúe a dar exemplo e que cómpre apoiar.
ResponderExcluirOla
ResponderExcluirSabías algo disto? Busca na columna lateral da dereita, contra abaixo.
http://www.filiuslunae.com/
Se dominas máis inglés ca min, xa sabes, a ver se vai dándolle paso ao galego nos contidos cun pouco de axuda.
saúdos
Si, coñecín ese interesantísimo blog esta mesma semana ;-)
ResponderExcluirBoa nova! Aínda que non son público para estas lerias, é bo e necesario que os best sellers sexan editados en galego ao tempo que en castelán. Ogallá fora así tamén coas dobraxes das estreas cinematográficas!
ResponderExcluirE xa en plan balltoucher, non ficaría máis bonito se puxeran "o libro máis agardado"? :D