6 de nov. de 2009

Resultados da entrevista co director da CRTVG

Xa que no anterior post falaba do "antes" da entrevista, déixovos nesta ligazón as conclusións da mesma.

Con certeza, eu non sei de ningunha outra televisión do mundo que non emita os teletubbies se non é na lingua propia, porque o seu público destinatario, sobre todo as crianzas de menos de tres anos, non saben aínda ler.

Procurando na rede vídeos desta serie nos diferentes idiomas, atopeime coa lindísima reacción desta entusiasta meniña vendo os programas na nosa lingua:



Pois iso xusto é o que queremos. A pregunta, claro, é a quen lle molesta que os nosos nenos e as nosas nenas poidan ver programas infantís en galego.

3 comentários:

  1. Hola Callón!O teu blog é adictivo, interactivo...ja,ja!! Fai un par de horas adiantabas a túa inminente conversa co Dire da RTVG... e agora xa temos PARTE dos resultados, eh? XENIAL. Nin messenger nin porras, aos teus fans tesnos informados en tempo real.Bueno, o meu mini-comentario segue na túa estela,SE HAI ALGUN PROGRAMA QUE NON SE DEBERIA EMITIR EN INGLES CON SUBTITULOS EN GALEGO éste son, efectivamente, os TELETUBBIES. Eu, que son mais mal pensado ca ti, penso que Feijoo ten feito isto precisamente para BURLARSE de todos os galegofalantes.Que se deixe de aldraxes á lingua, e que empece por SUBTITULAR TELEXORNAIS E PELIS para a comunidade xorda. Ti me coñeces e tendo a crer por natureza que moito do que fan os nosos politicos é froito mais da INCOMPETENCIA que do malo leite... porén, o caso dos TELETUBBIES,cando levamos 20 anos de autonomia sen subtitularen nin unha verba e sen escoitar nin un son en INGLES... que sexa o PRIMEIRO paso cara ese "TRILINGUISMO ARMONICO...como din eles" é unha OFENSA para todos os que loitaron e loitades polo recoñecemento dos dereitos dos galegofalantes. Non sei moito de polìtica,non me gusta de feito, pero, INSISTO: que se comece a introduci-lo inglés utilizando unha serie adicada aos nenos de 0a 3 anos é un aldraxe que alomenos eu, non vou perdoar. PARA MIN é un salto CUALITATIVO na ofensa ao galego. Ao mellor é , quizais, tempo de afiliarme á MESA.

    ResponderExcluir
  2. O meu neno (que ten dous anos e medio e non sabe ler) ve os teletubbies nun dos tres idiomas que teñen os DVD que collo na biblioteca: inglés, castelán e catalán. O neno ve os teletubbies en catalán. Cando me enterei de que os emitía a TVG alegreime, alegría que me durou o mesmo en enterarme que eran subtitulados. Tomémolo co humor no contexto da cotidianeidade duns pais que queren aprenderlle ao seu fillo o galego e os problemas derivados desta afouteza. Deste xeito estimularán aos nenos galegofalantes/lectores a que aprendan antes a ler. Supoño que sería esa a excusa que lle puxeron as luminarias da TVG, non?

    ResponderExcluir
  3. Si ós teletubbies en galego!!!


    E de Alfonso Sánchez Izquierdo, o ex director de ese xornal en quebra dende hai anos e que agora atravesa un perigoso ERE, non me fío nada...

    ResponderExcluir