Hoxe saltou aos medios unha sentenza que o Tribunal Supremo ditou a finais do mes pasado. O ditame, que podedes consultar aquí en pdf, bota por terra os postulados lingüísticos para o ensino propostos polo actual presidente da Xunta. Así, nega que o decreto 124/07 discrimine o castelán e rexeita que as familias poidan escoller un modelo educativo onde se ignore a lingua propia de Galiza.
Pedirá perdón Alberto Núñez Feijóo por abandeirar o odio contra o galego na precampaña con eses argumentos que de xeito tan firme tomba o Tribunal Supremo?
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística daremos unha conferencia de imprensa urxente hoxe para valorar esta nova sentenza, que chega nun momento moi importante, pois a Xunta aínda non presentou o seu anunciado contradecreto.
Agardemos que saiban escoitar o mandato dos tribunais, as reclamacións da rúa e as moi maioritarias demandas en prol do galego desde as comunidades educativas.
Hai que darlle a máxima difusión posible á sentenza.
ResponderExcluirBuf Buf
ResponderExcluirA ver se o PP fai caso dunha vez...aínda que sabendo como son..penso eu que se vai pasar todo polo "forro".
Ains!
E non te chama a atención que a petición do pai sexa anterior ao decreto do 50%?
ResponderExcluirSi. Ten moito a ver co que comentaba neste artigo: http://www.carloscallon.com/2009/02/fracasada-marcha-do-odio.html
ResponderExcluirÉ que o mesmo discurso que o PP utilizou para criticar o decreto de 2007 foi o que AGLI, ABC etc utilizaron para criticar o de 1995. O mesmiño.